Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Xoves, 04 de marzo de 1999 Páx. 2.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 16 febreiro de 1999 pola que se convoca concurso, con intervención de xurado e participación limitada, de ideas a nivel de anteproxectos para as obras da Cidade da Cultura de Galicia.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu facer público o seguinte concurso:

«Concurso, con intervención de xurado e participación limitada, de ideas no nivel de anteproxectos para as obras da Cidade da Cultura de Galicia.

1. Nome e enderezo da entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Edificio Administrativo San Caetano. 15771 Santiago de Compostela. A Coruña.

2. Descrición do proxecto: propostas arquitectónicas no nivel de anteproxectos, para as obras da Cidade da Cultura de Galicia, que se situará en Santiago de Compostela.

3. Tipo de concurso: de ideas para o anteproxecto, con intervención de xurado e participación restrinxida, de acordo co artigo 216 da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Profesionais destinatarios: arquitectos.

5. a) Número previsto de participantes que serán invitados a presenta-los traballos: mínimo de nove (9) e máximo de trece (13).

b) Data límite de recepción de solicitudes de participación: cinco (5) de abril de mil novecentos noventa e nove.

c) Enderezo ó que deben enviarse: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Secretaría Xeral. Rexistro xeral. Edificio Administrativo San Caetano. 15771 Santiago de Compostela. A Coruña.

d) Solicitude da documentación: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Secretaría Xeral. Edificio Administrativo San Caetano, 15771 Santiago de Compostela. A Coruña.

Teléfono: 981 54 48 71. Telefax: 981 54 48 02.

e) Lingua na que deben redactarse os documentos: galego ou castelán.

f) Criterios que se aplicarán para selecciona-los participantes: os establecidos no prego de bases.

6. Data límite de envío das invitacións ós seleccionados para presenta-las propostas: dezaseis (16) de abril de mil novecentos noventa e nove.

7. Criterios que se aplicarán para valora-los anteproxectos: os establecidos no prego de bases.

8. Premios e pagamentos ós participantes: os establecidos no prego de bases.

9. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: doce (12) de febreiro de 1999.

10. O importe do presente anuncio será aboado polos concursantes de maneira proporcional.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1999.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo