Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 22 de marzo de 1999 Páx. 3.181

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 61/1999, do 18 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en coidados auxiliares de enfermería.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 546/1995, do 7 de abril, establece o título de técnico en coidados auxiliares de enfermería e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensinanza secundaria e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido pro

fesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (F.C.T.) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia

e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en coidados auxiliares de enfermería, regulado polo Real decreto 546/1995, do 7 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no apartado 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no apartado 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia, son as que se expresan no apartado 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por ter superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: coidados auxiliares de enfermería.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 1.400 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

Proporcionar coidados auxiliares ó paciente/cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermería nos centros sanitarios de atención especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de enfermería e, se é o caso, como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do exercicio liberal, baixo a supervisión correspondente.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

-Interpretar e comprende-la información e a linguaxe asociadas ós distintos procesos de atención sanitaria relacionados co exercicio da súa actividade profesional.

-Realizar tarefas administrativas e de organización dunha consulta, polo xeral do sector privado, avalia-las necesidades de productos e materiais funxibles ou non, administrando as súas existencias na consulta, dentro do seu ámbito de competencia.

-Promover, ó seu nivel, a humanización da asistencia sanitaria ó paciente/cliente utilizando técnicas de apoio psicolóxico e de educación sanitaria.

-Realiza-las tarefas de axuda e instrumentación nos equipos/gabinetes de saúde bucodental.

-Aplicar técnicas hidrotermais básicas, manexando, regulando e secuenciando os equipos e instalacións correspondentes, observando os procedementos establecidos e rexistrando e informando das incidencias e anomalías que se produzan durante a realización da terapia.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

-Actuar en condicións de emerxencia, transmitindo con celeridade e serenidade os sinais de alarma e aplicando os medios de seguridade establecidos.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

-Posuír unha visión de conxunto e coordinada das distintas condicións sanitarias dos pacientes/clientes, dos coidados auxiliares de enfermería para realizar, do instrumental e do material utilizado nas distintas consultas, unidades e/ou servicios.

-Potencia-lo coñecemento, actitudes e hábitos preventivos e hixiénico sanitarios na poboación.

-Valorar, ó seu nivel, a interrelación das persoas coa saúde/enfermidade e os seus aspectos preventivos, asistenciais e rehabilitadores.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio.

-Colaborar cos membros do equipo de traballo no que está integrado, asumindo as responsabilidades conferidas a el, cumprindo os obxectivos asignados e mantendo o fluxo de información adecuado.

-Posuír unha visión global e integrada do sistema sanitario nos seus aspectos organizativos, funcionais, sociais e administrativos.

-Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia das innovacións tecnolóxicas e organizativas introducidas na súa área laboral.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por profesionais de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

-Mantemento, conservación e limpeza do material sanitario requirido para a asistencia nunha consulta, unidade ou servicio.

-Mantemento da orde, limpeza e condicións hixiénico-sanitarias do paciente e do seu contorno.

-Citación dos pacientes e rexistro dos seus datos.

-Aplicación de coidados auxiliares de enfermería.

-Aplicación de técnicas de primeiros auxilios.

-Administración de medicación por vía oral, rectal e tópica.

-Participación na preparación da medicación (dispensación de unidoses, preparación de parenterais...) baixo a supervisión do diplomado de enfermería.

-Manexo, calibración, mantemento de uso e control do equipo e material ó seu cargo.

2.4. Unidades de competencia.

1. Prepara-los materiais e procesa-la información da consulta/unidade, nas áreas da súa competencia.

2. Aplicar coidados auxiliares de enfermería ó paciente/cliente.

3. Coida-las condicións sanitarias do contorno do paciente e do material/instrumental sanitario utilizado nas distintas consultas/unidades/servicios.

4. Colaborar na prestación de coidados psíquicos ó paciente/cliente, realizando, ó seu nivel, a aplicación de técnicas de apoio psicolóxico e de educación sanitaria.

5. Realizar tarefas de instrumentación en equipos de saúde bucodental.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: prepara-los materiais e procesa-la información da consulta-unidade nas áreas da súa competencia.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Citar, recibir e rexistra-los datos ós pacientes/clientes cumprindo as normas establecidas en cada consulta.-A citación realizouse atendendo os criterios de prioridade clínica e demora no tempo.-O paciente foi informado correctamente sobre o lugar, data, horario e preparación previa requirida para a consulta.
-A recepción do paciente realizouse nas condicións idóneas de trato persoal e axustándose ás condicións ambientais e protocolos establecidos polo centro.
-Os datos do paciente foron rexistrados no formato, o modo e o lugar establecido nas normas internas.
-Verificouse que os datos persoais rexistrados corresponden ó paciente/cliente e que se sigan os protocolos, en canto a necesidades de atención e a intervalos de revisión.

1.2.Verifica-la existencia do material necesario para a realización das actividades propias de cada consulta.-O almacenamento do material realizouse cumprindo os criterios de orde, seguridade e conservación establecidos en canto a temperatura, iluminación, ventilación e humidade.-Comprobáronse as existencias de material e, en caso necesario, comunicáronse as necesidades ou solicitouse o material necesario para repoñe-lo stock e cubri-las necesidades diarias, utilizando o formato adecuado e cos códigos establecidos.
-Comprobouse que o material recibido coincide co solicitado tanto cualitativa como cuantitativamente.
-Distribuiuse o material necesario para o funcionamento das distintas unidades segundo as necesidades propias de cada unha delas.

1.3.Recibir e emitir, se é o caso, a información verbal e escrita necesaria para a correcta coordinación con outras unidades segundo as normas establecidas no centro.-Realizouse o rexistro da petición e recepción das probas e servicios solicitados, reclamándoas en caso de demora.-Os informes e probas recibidas foron identificadas e introducidas na historia clínica correspondente.
-A información solicitada por outras unidades foi remitida, identificándoa previamente, na forma e prazos establecidos.

1.4.Realiza-los orzamentos e facturas dunha consulta de asistencia médica ou odontolóxica, segundo normas e tarifas propias de cada consulta e por acto profesional.-O orzamento foi realizado reproducindo o plano de tratamento, segundo as tarifas establecidas e coas adaptacións concretas a cada caso.-Explicáronse e acordáronse as formas e prazos de pagamento.
-Os pagamentos foron controlados e rexistrados na ficha do paciente/cliente.
-As facturas foron emitidas e rexistradas con tódolos datos necesarios.

Dominio profesional.

Medios de producción ou tratamento da información: paquetes informáticos aplicados. Ficheiros. Calculadora. Historia clínica. Impresos. Material e instrumental médico-cirúrxico e dental. Lencería. Fichas de seguimento de peticións.

Materiais e productos intermedios: paciente/cliente citado e rexistrado. Consulta preparada para o seu uso. Orzamentos previos realizados.

Resultados e/ou productos obtidos: orzamentos. Facturas. Historias clínicas ordenadas. Listaxes de traballo. Almacén ordenado.

Procesos, métodos e procedementos: técnicas de arquivo. Técnicas de almacenamento. Proceso de cita previa. Técnicas de rexistro informático. Técnicas de facturación e cargos a terceiros. Técnicas de información e comunicación. Listaxe de códigos informáticos. Catálogo de productos e prezos. Inventarios. Manual de procedementos. Manual de uso da historia clínica. Normativa e métodos de tratamento e eliminación de residuos contaminados.

Información: manual de procedementos.

Persoal e/ou organización destinataria: pacientes/clientes. Unidades administrativas e clínicas. Provedores. Diplomado en Enfermería. Facultativos.

2.5.2. Unidade de competencia 2: aplicar coidados auxiliares de enfermería ó paciente/cliente.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Lavar, asear e realiza-la hixiene dos pacientes en función das súas necesidades e do plano de coidados.-O aseo do paciente realizouse en función das súas necesidades e grao de dependencia, comprobándose que o paciente queda limpo, enxoito e o máis cómodo posible.-O paciente/cliente foi axudado e/ou suplido na utilización do material necesario para a realización do seu aseo e hixiene persoal.
-Axudouse ó paciente/cliente na utilización dos utensilios de recollida de excrecións e a súa posterior eliminación segundo protocolos.

2.2.Prepara-lo paciente para o seu traslado e asegurar que se cumpren as debidas condicións.-Comprobouse que os datos persoais que figuran na solicitude de traslado do paciente a outras dependencias coinciden coa identidade do paciente que se vai trasladar.-O paciente, se é o caso, foi informado previamente ó traslado.
-A preparación realizouse seguindo o protocolo de traslado establecido.
-Se é o caso, adaptouse o protocolo ás características do paciente.
-Os medios e accesorios de transporte foron os idóneos para o traslado.
-A información sobre o traslado comunicouse ás dependencias oportunas en tempo e forma.
-O traslado realizouse de xeito correcto segundo os protocolos establecidos.
-Mantense informado das incidencias ocorridas e, se é o caso, comunícaas e/ou rexístraas de forma correcta.

2.3.Mobiliza-lo paciente dentro do seu medio tendo en conta o seu estado e posición anatómica recomendada.-A colocación do paciente nas axudas técnicas, realizouse seguindo as instruccións en coordinación con outros membros do equipo de enfermería.-A mobilización do paciente realizouse seguindo os protocolos de mobilización de pacientes encamados e de prevención de úlceras por presión, adaptándoos ás características particulares de cada paciente.
-Comprobouse que o paciente se atopa o máis cómodo posible e na posición anatómica máis axeitada ó seu déficit funcional.

2.4.Axudar á deambulación do paciente, asegurando que se cumpren as indicacións específicas do responsable do plano de coidados.-Interpretouse e aplicouse correctamente o protocolo de deambulación do paciente.-O responsable da unidade foi informado sobre as deambulacións realizadas polo paciente e notificáronselle as incidencias ocorridas.

2.5.Executa-las operacións necesarias para facilita-la correcta exploración e observación do paciente/cliente.-As historias clínicas correspondentes ós pacientes citados foron preparadas e dispostas coa antelación suficiente.-O material necesario para a exploración e a observación preparouse en función das características do paciente e da técnica exploratoria prevista.

RealizaciónsCriterios de realización

-Ó realiza-la somatometría seguiuse o protocolo de actuación específico.
-Aplicouse a técnica de toma de constantes vitais utilizando o material adecuado, en función das características do paciente.
-A recollida e medida de excrecións foi realizada, utilizando o material adecuado, en función do sexo e das características físicas do paciente.
-Rexistráronse na gráfica de control os datos obtidos na medida de constantes vitais e excrecións.
-Ó realiza-la observación directa do paciente seguíronse as pautas establecidas sobre detección de signos e síntomas, comunicando ó superior inmediato a presencia de signos susceptibles de alteración do estado xeral.

2.6.Aplicar tratamentos locais de termoterapia, crioterapia e hidroloxía médica, seguindo os protocolos técnicos establecidos e indicacións de actuación.-O paciente/cliente foi informado da técnica que se lle vai aplicar.-O material necesario para a aplicación local de frío e calor seco ou húmido prepárase cumprindo as especificacións técnicas indicadas nos protocolos.
-A aplicación dos tratamentos locais de frío e calor cumpriron as indicacións da prescrición.
-A aplicación de técnicas hidroterápicas (duchas, saunas, chorros a presión, inhalacións, pulverizacións e baños), foron realizadas tendo en conta as condicións de presión e temperatura establecidas para cada unha delas, en función das características do paciente/cliente e seguindo o protocolo establecido.

2.7.Realiza-la preparación e administración de medicamentos por vía oral, rectal e tópica.-Verificouse na folla de tratamento e/ou historia clínica a medicación prescrita ó paciente/cliente.-Preparouse o tratamento cos medios adecuados e seguindo as ordes da prescrición.
-A administración de medicación por vía oral, rectal e tópica, incluíndo aerosoles, realizouse seguindo os protocolos de actuación específica para cada vía e producto.
-Informouse e preparouse adecuadamente o paciente para a administración de clísteres de limpeza, administrándoos segundo o protocolo de actuación específico.
-A información sobre as actividades relativas á administración de medicamentos e as posibles incidencias acaecidas foi completa, correcta e transmitida polos procedementos establecidos e no momento axeitado.
-Efectuouse correctamente o mantemento da cadea de frío para os medicamentos termolábiles.

2.8.Realizar coidados post mortem seguindo os protocolos establecidos.-O tempo transcorrido entre o éxitus e o illamento do cadáver foi o menor posible.-Efectuouse o lavado do cadáver e retirada de tódolos elementos externos a el.
-Os orificios naturais e contranaturais foron taponados cos medios precisos.
-Efectuouse o amortallamento do cadáver segundo os protocolos habituais.
-Comunicouse ó tanatorio a existencia do cadáver para realiza-lo seu traslado no menor tempo posible.

2.9.Distribuí-las comidas e apoia-lo seu consumo en pacientes que así o requiran.-Logo da comprobación na folla de dietas, efectuouse a distribución de comidas.-Axudouse a inxerir ós pacientes que así o requiriron.
-Administráronse alimentos por sonda nasogástrica, en pacientes sondados previamente, utilizando os medios e ritmos adecuados e seguindo o protocolo establecido para cada paciente.

RealizaciónsCriterios de realización

2.10.Colaborar e/ou aplicar técnicas de prevención de accidentes e primeiros auxilios, seguindo os protocolos e pautas de actuación establecidos.-As técnicas básicas de prevención de accidentes, nas distintas unidades/consultas, descritas no protocolo de seguridade, foron aplicadas de forma correcta.-Comunicouse a quen corresponda a existencia dunha urxencia vital e puxéronse en marcha os mecanismos de actuación previstos en cada unidade/consulta.
-En caso de parada cardiorrespiratoria procedeuse á aplicación de técnicas básicas de reanimación cardiopulmonar.
-En hemorraxias externas aplicáronse as técnicas de compresión necesarias para deter ou diminuí-la perda de sangue.
-Na atención de accidentados e politraumatizados procedeuse á inmobilización parcial ou total do accidentado e a posterior recollida e transporte a un centro sanitario realizouse seguindo as normas de actuación establecidas para cada caso.
-Aplicáronse, se foi necesario, coidados de urxencia en queimaduras, conxelacións, descargas eléctricas, intoxicacións, trabadas e picadas.
-Na inxestión de corpos estraños realizáronse as manobras de expulsión descritas nos protocolos.
-En pacientes farmacodependentes, con síndrome de abstinencia e sobredoses en drogodependencias, seguíronse as pautas de actuación descritas nos protocolos.

Dominio profesional.

Medios de producción: material de aseo. Lencería. Camas. Padiolas. Cadeira de rodas. Muletas. Andadores. Equipo de somatometría. Esfigmomanómetro. Fonendoscopio. Termómetro. Reloxo. Frascos medidores. Bolsa de diurese. Cuñas. Botellas. Bolsas de auga e xeo. Carro de comidas. Bandexas isotérmicas. Bolsas de amortallamento. Nebulizadores. Bombas de perfusión de alimentación enteral. Sistemas de alimentación. Cánulas rectais. Batea. Equipo de anemias. Ambú. Respiradores. Sondas. Contedores. Medicamentos. Axudas técnicas. Mesa cirúrxica. Material de transporte (tubos pneumáticos, montacargas). Aparellos de aerosolterapia. Bañeiras. Tribuna de chorros. Duchas. Piscinas.

Materiais e productos intermedios: paciente/cliente con coidados realizados/aplicados.

Resultados e/ou productos obtidos: paciente informado, aseado, vixiado, alimentado, mobilizado, tratado en caso de urxencia vital e amortallado. Rexistros realizados.

Procesos, métodos e procedementos: plano de coidados. Técnicas de aseo e hixiene, de toma de constantes vitais, de mobilización, de prevención de éscaras, de aplicación de calor e frío, de unidades post mortem e de alimentación por sonda nasogástrica. Técnicas de osixenoterapia. Técnicas de primeiros auxilios. Técnicas de inhalación. Técnicas de aplicación de chorros e duchas. Técnicas de preparación e aplicación de baños terapéuticos. Técnicas de eliminación de refugos orgánicos.

Información: folla de tratamento. Folla de dietas. Manual de procedementos. Historia clínica. Protocolos de cada técnica. Dietas e menús. Folla de tratamento. Protocolos de hidroloxía médica. Manuais de instruc

cións dos equipos. Folla de comentarios e evolución de enfermería.

Persoal e/ou organización destinataria: paciente/cliente directo. Equipo de enfermería. Persoal de cociña. Outros profesionais sanitarios.

2.5.3. Unidade de competencia 3: coida-las condicións sanitarias do contorno do paciente e do material/instrumental sanitario utilizado nas distintas consultas/unidades/servicios.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Realiza-la limpeza, desinfección e esterilización do material e instrumental das distintas consultas/unidades.-Realizouse a limpeza, desinfección e esterilización do material e instrumental non rexeitable utilizado na consulta médica ou odontolóxica, utilizando as técnicas específicas para cada tipo de material e instrumental.-Recibiuse e rexistrouse o material e instrumental procedente das distintas unidades.
-Clasificouse o material recibido segundo as súas características (metálico, plástico, vidro, téxtil e de precisión).
-O material está limpo e non presenta restos de materia orgánica na súa inspección visual.
-Etiquetáronse, empaquetáronse e seláronse os correspondentes lotes segundo os protocolos establecidos.
-Realizouse a esterilización polos diferentes métodos e equipos habituais no servicio, dependendo das características do material.
-Verificouse que o proceso de esterilización (tempo e temperatura), secado e aireado, foi o correcto para cada procedemento, mediante os controis físicos, químicos e biolóxicos correspondentes.
-A distribución do material esterilizado ás diferentes unidades axustouse ás peticións recibidas.
-Preparouse o material e instrumental estéril de quirófano, en función das instruccións recibidas e do proceso cirúrxico que hai que realizar comprobando que se atopaba en perfectas condicións de uso.

3.2.Mante-la orde, limpeza e condicións hixiénico-sanitarias da habitación do enfermo, tanto a nivel hospitalario como domiciliario.-Ó face-la cama ocupada realizáronse as manobras necesarias de mobilización do paciente, evitando causar molestias, efectos secundarios ou danos innecesarios.-Verificouse que a habitación estaba limpa e ordenada.
-Comprobouse que as condicións hixiénico-sanitarias da habitación son as correctas en canto a intensidade de luz, nivel de ruído tolerable e ventilación adecuada.
-A cama atopouse perfectamente feita en canto a limpeza de lencería e ausencia de engurras e humidade, e na posición adecuada, en función das condicións do paciente.
-Facilitáronselle ó paciente/cliente as condicións necesarias para minimiza-la súa incomodidade e optimiza-lo seu descanso.
-Ensinouse ó paciente\cliente a autocoidarse para reincorporarse ó seu contorno familiar e social.
-O paciente/cliente e a familia recibiron información respecto dos hábitos hixiénicos saudables tanto a nivel persoal, como do contorno.

3.3.Participar no control de infeccións nosocomiais.-Aplicáronse as técnicas de illamento, nos pacientes que os requiran, seguindo os protocolos establecidos para cada un deles.-A recolleita e transporte de mostras realizouse nas condicións de hixiene e seguridade e cos medios refugables establecidos para cada tipo de mostra.

RealizaciónsCriterios de realización

-A eliminación de residuos derivados da actividade sanitaria, tanto orgánicos como inorgánicos, efectuouse nos contenedores correspondentes, tendo en conta o tipo de residuo, contaminación e os protocolos de eliminación establecidos.

Dominio profesional.

Medios de producción: material de limpeza. Desinfectantes. Autoclave. Cámaras de óxido de etileno. Poupinel. Cámara de aireación. Empaquetadoras. Seladoras. Lencería. Instrumental e material non refugable. Controis de esterilización físicos, químicos e biolóxicos. Roupa de quirófano e lencería. Material de recolleita e transporte de mostras. Contedores de eliminación de residuos.

Materiais e productos intermedios: material e instrumental limpo.

Resultados e/ou productos obtidos: materiais e instrumental asépticos. Habitación en perfectas condicións. Cama feita. Instrumental cirúrxico esterilizado. Paciente illado. Residuos eliminados.

Procesos, métodos e procedementos: técnicas de limpeza, desinfección e esterilización. Técnica de face-la cama desocupada e ocupada. Técnicas de illamento de pacientes. Técnicas de eliminación de residuos.

Información: protocolos de desinfección e esterilización. Manuais de procedementos en illamento de pacientes, transporte de mostras e eliminación de residuos.

Persoal e/ou organización destinataria: paciente/cliente e persoas do seu contorno. Outras unidades. Equipo de Enfermería. Traballadores sociais. Persoal técnico de mantemento. Outros profesionais.

2.5.4. Unidade de competencia 4: colaborar na prestación de coidados psíquicos ó paciente/cliente, realizando, ó seu nivel, a aplicación de técnicas de apoio psicolóxico e de educación sanitaria.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Detecta-las necesidades psicolóxicas básicas e conductas anómalas nos distintos tipos de pacientes, no seu ámbito de competencias.-Rexistráronse e/ou comunicáronse as observacións realizadas ou referidas polo paciente/cliente sobre as súas necesidades afectivas de autorrealización e seguridade.-Ó seu nivel, observouse e avaliouse o estado psíquico do paciente/cliente en base ó comportamento, actitude e hábitos do mesmo, detectándose se existen conductas de ansiedade, irritabilidade, agresividade, apatía e desánimo.
-Colaborouse na prevención de estados depresivos no paciente/cliente, desenvolvendo a súa autoestima e ofrecendo apoio mediante a escoita, comprensión e respecto; axudando a resolve-la crise dunha forma satisfactoria.
-O paciente/cliente foi axudado a comunicarse cando tiña dificultades de comunicación.
-Informouse e colaborouse nas actividades de desenvolvemento individual programadas para os pacientes/clientes.

RealizaciónsCriterios de realización

4.2.Prestar apoio psicolóxico básico ó paciente/cliente para mellora-las súas condicións de vida, no seu ámbito de competencias.-Aplicáronse técnicas concretas de apoio psicolóxico ós enfermos en situacións especiais ou ós seus familiares, para mellora-las súas condicións de vida.-Posibilitouse o mantemento de afeccións, relacións sociais, actividades de tempo libre e apoio de alegados, sempre que sexa posible, para consegui-lo benestar emocional do paciente/cliente durante a súa asistencia intra o extrahospitalaria.

4.3.Promover actitudes e hábitos de autocoidado dos pacientes/clientes e a súa participación en asociacións e grupos de axuda.-Comprobouse se o paciente está capacitado para realiza-lo seu autocoidado informando, se é o caso, ó responsable do plano de coidados.-O método aplicado para fomenta-lo autocoidado foi o correcto en función das necesidades e capacidades observadas.
-Participouse na educación sanitaria de pacientes/clientes que necesiten autocoidados en alimentación, formas de vida e hixiene persoal e do medio.
-Seleccionáronse os folletos e manuais con información sobre actitudes e hábitos de autocoidado adecuados ós distintos grupos de pacientes/clientes.
-Informouse ó paciente sobre o asociacionismo relacionado coa súa patoloxía/situación persoal e sobre a participación en grupos de axuda a pacientes, facilitando os contactos e enderezos de interese.

4.4.Intervir, ó seu nivel, na formación e promoción de hábitos saudables de alimentación, hixiene persoal e do medio e sobre formas de vida en pacientes/clientes, familiares e colectivos.-Participouse na educación sanitaria de enfermos e familiares, que necesiten condicións especiais de alimentación, formas de vida e hixiene persoal e do medio.-Na preparación de charlas de educación sanitaria, individuais e para pequenos colectivos, adaptouse o nivel de información e o material pedagóxico ás características das persoas receptoras.
-Colaborouse na impartición de charlas de educación sanitaria axustándose ó programa de formación específico da unidade e as dúbidas xurdidas durante o proceso resolvéronse ou transmitíronse adecuadamente.
-Colaborouse na realización de folletos e manuais con información sanitaria.
-Seleccionáronse os folletos e manuais sobre risco xeral adecuados ós distintos grupos de persoas.

Dominio profesional.

Medios de producción: medios audiovisuais. Enquisas. Folletos e manuais de información sanitaria.

Resultados e/ou productos obtidos: guións de información e educación sanitaria. Coñecemento do estado de ánimo do paciente.

Procesos, métodos e procedementos: técnicas de comunicación, información e observación.

Información: plano de coidados. Manual de procedementos. Programa de humanización da asistencia. Programas de saúde mental. Programas de educación sanitaria e promoción da saúde.

Persoal e/ou organización destinataria: pacientes/clientes directos e indirectos. Grupos de poboación. Equipo de enfermería. Traballadores sociais.

2.5.5. Unidade de competencia 5: realizar tarefas de instrumentación en equipos de saúde bucodental.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Revelar e arquivar radiografías dentais segundo protocolo técnico e normas de cualidade.-A película radiográfica proporcionada ó odontólogo foi a apropiada para a impresión que se vai realizar.-Obtívose, mediante o revelado, fixado e secado, unha radiografía dental útil para o fin perseguido.
-Durante todo o proceso aplicáronse as medidas de radioprotección persoal e do paciente/cliente.
-As radiografías dentais foron arquivadas e conservadas seguindo as normas técnicas e operativas recibidas.

5.2.Realiza-las operacións de batido, espatulado e mesturado dos materiais requiridos polo facultativo. -As cantidades e doses utilizadas na preparación de siliconas, alxinatos e outras pastas de impresión, así como de cementos, foron as indicadas nos protocolos de traballo.-O material, anteriormente preparado, atopouse nas condicións de textura e fluidez preestablecidas.

5.3.Mante-la butaca dental con tódolos seus elementos e útiles, en perfecto estado de uso.-A butaca, despois de cada intervención, foi limpada e deixada en perfectas condicións para a súa seguinte utilización.-Realizouse a reposición de material, así como a reposición de boquillas e sondas.
-O material e instrumental necesario para a seguinte intervención atopouse en perfectas condicións e foi colocado no lugar adecuado.

5.4.Realiza-la instrumentación operatoria da cadeira dental, utilizando «técnica de catro e/ou seis mans».-As historias clínicas correspondentes ós pacientes citados foron preparadas e dispostas coa antelación suficiente.-O instrumental necesario preparouse nas condicións de asepsia requiridas.
-Na técnica operatoria de «catro mans» realizáronse correctamente as operacións de batido de cementos, revelado de radiografías, instrumentación, lavado de conductos polpares, secado e separación do campo operatorio e iluminación.
-Na técnica operatoria de «seis mans» realizáronse correctamente as anteriores operacións así como a coordinación cos outros membros do equipo.
-A iluminación do campo operatorio (ángulo, distancia e intensidade) foi a adecuada e controla durante todo o proceso que non moleste ó facultativo.

5.5.Illar e aspira-lo campo operatorio, previo e durante a operatoria dental.-Illouse o campo operatorio mediante a utilización de dique de goma, rolos de algodón e separadores.-O aspirador foi colocado e utilizado de forma que non estorbe durante a operatoria e que manteña o campo seco.

5.6.Realiza-lo acondicionamento físico e psicolóxico do paciente que permita o seu tratamento dental, antes, durante e posteriormente á operatoria, segundo as súas necesidades específicas.-O paciente/cliente foi tratado cordialmente favorecendo a súa comodidade e tranquilidade, para obte-lo máximo grao de colaboración.-O paciente/cliente foi informado do proceso que se lle vai realizar, téndose en conta os seus requirimentos de comunicación.
-Instalouse e levantouse o paciente adecuadamente tendo en conta as súas condicións físicas.
-Axudou a enxaugarse e a secarse ó paciente/cliente, tralo proceso operatorio.

Dominio profesional.

Medios de producción: fichas dentais. Materiais dentais: cementos, amálgamas, pastas de impresión (alxinatos, siliconas e hidrocoloides). Película radiográfica, líquidos de revelado de radiografías. Instrumental de man. Instrumental rotatorio. Diques de goma

e grampas. Aspiradora cirúrxica. Butaca dental. Luz. Cuspideira.

Resultados e/ou productos obtidos: paciente acondicionado. Radiografías reveladas e fixadas. Instrumental preparado para a intervención. Campo operatorio illado e iluminado.

Procesos, métodos e procedementos: técnica de procesado, revelado, fixado e secado de radiografías dentais. Técnica de instrumentación en operatoria bucodental. Manexo de materiais dentais. Técnicas de apoio psicolóxico e relaxación.

Información: historia clínica. Ficha dental. Protocolos de operatoria dental. Especificacións de manipulación de materiais. Manuais de funcionamento e mantemento de uso do equipo e instrumental dental.

Persoal e/ou organización destinataria: pacientes/clientes directos e indirectos. Odontólogo e estomatólogo.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Os cambios previsibles na evolución da competencia deste profesional son:

-Maior grao de participación nos procesos de atención e prevención en atención primaria como consecuencia do desenvolvemento das competencias dos EAP na atención de certos tipos de enfermos (anciáns, crónicos e terminais) no seu hábitat natural de vida (domicilio).

-Maior grao de integración en equipos multidisciplinares de saúde que permiten unha humanización da asistencia e unha diminución dos custos sanitarios en relación cos centros hospitalarios.

-Maior flexibilidade entre os diversos postos de traballo descritos no perfil profesional e maior polivalencia de cada un deles de forma que os profesionais poidan ser intercambiables entre os distintos postos dunha área de traballo.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

A consolidación da atención primaria e comunitaria desde o punto de vista asistencial, preventivo e epidemiolóxico implicará:

-Un aumento dos profesionais que realicen a súa actividade laboral dentro deste ámbito e, en particular, en atención domiciliaria, saúde bucodental e saúde escolar. Igualmente é previsible este aumento en balnearios e centros xeriátricos.

-A necesidade de utilizar técnicas de apoio psicolóxico e de educación sanitaria en pacientes/clientes e o seu contorno para detecta-las necesidades básicas dos distintos tipos de pacientes, fomentar actitudes e hábitos de autocoidado e formar e promover hábitos saudables de alimentación, formas de vida e hixiene persoal e do medio.

-A utilización de novas técnicas e aparellaxe que vaian incorporándose á atención especializada.

2.6.3. Cambios na formación.

Para a correcta formación deste profesional e como desenvolvemento do concepto de atención humanizada do paciente/cliente, farase necesario un incremento formativo nos seguintes apartados:

-Coñecementos e destrezas en técnicas psicosociais aplicadas á atención dos pacientes/clientes para humaniza-la asistencia.

-Coñecementos de educación sanitaria para mellora-la atención integral, desde o punto de vista asistencial, preventivo e epidemiolóxico.

-Coñecementos de informática aplicada (paquetes integrados) que permitan a xestión dunha consulta (médica e odontolóxica) e de actualización en procedementos e técnicas que se van utilizar.

2.7. Posición no proceso productivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Este técnico poderá exerce-la súa actividade laboral fundamentalmente no sector sanitario, na área de asistencia ó paciente/cliente, formando parte do equipo de enfermería en atención primaria, comunitaria e/ou especializada.

Os principais subsectores nos que pode desenvolve-la súa actividade son:

-Atención primaria e comunitaria: atención domiciliaria, promoción de saúde, saúde bucodental, consultas e residencias de anciáns.

-Atención especializada: consultas, hospitalización, urxencias, paritorios, pediatría, unidades especiais (UVI, CI, UCP, UC e UQ), quirófanos, esterilización, saúde mental e xeratría.

-Outros: centros sanitarios, departamentos de asuntos sociais de ministerios, CCAA e concellos e centros balneoterápicos.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

O técnico de coidados auxiliares de enfermería sitúase nas funcións/subfuncións de organización/xestión da unidade/consulta, prestación do servicio e educación sanitaria.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abranguen:

-Administración e organización dos recursos na súa área de competencia.

-Técnicas asistenciais e de coidados ó paciente/cliente.

-Hixiene e coidado do medio en que se atopa o paciente/cliente.

-Técnicas instrumentais de limpeza e esterilización do material.

-Ciencias psicosociais aplicadas.

-Técnicas especiais de saúde bucodental.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación laboral, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados, en entidades de carácter público o privado, cando se teña adquirida a competencia profesional definida no perfil do título:

-Auxiliar de enfermería/clínica.

-Auxiliar de balnearios.

-Auxiliar de atención primaria e coidados de enfermería a domicilio.

-Auxiliar bucodental.

-Auxiliar xeriátrico.

-Auxiliar pediátrico.

-Auxiliar de esterilización.

-Auxiliar de unidades especiais.

-Auxiliar de saúde mental.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

-Describilo e comprende-la estructura do sistema público da saúde e distingui-los niveis e tipos de asistencia que ofrece, incidindo no sistema público da CAG tendo en conta as características e paticularidades sociais e xeográficas.

-Proporcionar coidados sanitarios a pacientes/clientes aplicando técnicas básicas de enfermería.

-Instrumentar e auxiliar tecnicamente en intervencións odontoestomatolóxicas.

-Obter rexistros das constantes vitais do organismo e representalas graficamente no soporte documental adecuado.

-Recoñecer e selecciona-lo material, instrumental e equipo necesario para a correcta axuda en consulta ou servicios sanitarios.

-Seleccionar e, se é o caso, aplicar técnicas de protección e prevención de infeccións hospitalarias e de mantemento da hixiene e comodidade dos pacientes.

-Transmitir ó público en xeral mensaxes saudables actuando como axente sanitario no desenvolvemento de programas de saúde.

-Comprender e explica-los diferentes estados anímicos que experimentan os pacientes en situacións especiais e favorecer no posible o obxectivo de humanización da asistencia.

-Aplicar técnicas de primeiros auxilios e coidados sanitarios ante diferentes situacións de urxencia tipo.

-Aplicar técnicas de hixiene no medio hospitalario e domiciliario nos seus aspectos sanitarios.

-Valora-la importancia do impacto ambiental do medio sanitario na CAG, tanto a nivel urbanístico como de xestión de residuos.

-Aplicar adecuadamente as técnicas de limpeza e esterilización dos medios materiais ó seu cargo.

-Asistir na toma de radiografías da cavidade bucal e efectua-lo revelado, adoptando as medidas de protección radiolóxica necesarias.

-Aplicar técnicas de xestión administrativa e de elaboración de documentos mercantís en consultas sanitarias privadas.

-Comprender e, se é o caso, transmitir mensaxes técnicas na linguaxe propia do sector sanitario.

-Valora-la importancia das campañas destinadas á promoción da saúde e participar na súa difusión.

-Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a súa actividade profesional, identificando os dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: operacións administrativas e documentación sanitaria.

Asociado á unidade de competencia 1: prepara-los materiais e procesa-la información da consulta/unidade, nas áreas da súa competencia.

Capacidades terminais elementais.

-Identificar diferentes tipos de servicios ou de institucións sanitarias estatais e da Comunidade Autónoma galega para diferencia-los distintos niveis de asistencia que ofrece.

-Identifica-los diferentes tipos de documentación clínica e relacionalos coas súas aplicacións segundo os protocolos establecidos.

-Cubrir e tramitar documentos clínicos e non clínicos aplicando medios, se é o caso, informáticos específicos dos servicios sanitarios.

-Realiza-la recepción de material en institucións sanitarias e aplicar técnicas de almacenamento respectando as normas de seguridade e hixiene.

-Realiza-la distribución de material ós diferentes servicios hospitalios segundo necesidades e indicacións recibidas.

-Efectua-lo control e mantemento de existencias segundo necesidades e grao de utilización dos diferentes servicios hospitalarios.

-Aplicar programas informáticos sanitarios destinados ó control e xestións de almacéns.

-Elaborar orzamentos e facturas detalladas de intervencións ou actos sanitarios, relacionando o tipo de acto sanitario coa tarifa e tendo en conta as normas de funcionamento definidas.

Contidos (duración 55 horas).

Contidos procedementais.

A atención en enfermería:

-Aplicación de diferentes modelos de atención en enfermería.

Documentación sanitaria:

-Cubrir documentos: clínicos e non clínicos.

-Métodos de circulación da información clínica e non clínica.

Xestión de existencias e de inventarios:

-Métodos de valoración de existencias.

-Elaboración de fichas de almacén e de inventarios.

-Aplicación de normas de seguridade e hixiene en almacéns de centros sanitarios.

Tratamento da información/documentación non clínica:

-Elaboración de propostas de pedido, albarás, facturas e notas de aboamento/cargos.

-Aplicación de diferentes tipos de IVE.

Informática aplicada á xestión en centros sanitarios:

-Uso de aplicacións informáticas de xestión e control de almacén, facturación e xestión económica.

-Utilización de paquetes informáticos para a xestión do ficheiro de pacientes, historias clínicas, etc.

Contidos conceptuais.

Organización sanitaria:

-Estructuras tipo, orgánicas e funcionais, de institucións sanitarias públicas e privadas. Servicio Galego de Saúde e Consellería de Sanidade.

-Niveis de asistencia e tipo de prestacións.

-Saúde publica. Saúde comunitaria. Indicadores de saúde.

A atención en enfermería:

-Evolución histórica da profesión e os profesionais de enfermería.

-Modelos de atención en enfermería: etapas.

-Papel do técnico en coidados auxiliares de enfermería.

Documentación sanitaria:

-Documentación clínica. Tipos de documentos: intrahospitalarios, extrahospitalarios e intercentros. Utilidades e aplicacións. Circulación da información hospitalaria. Criterios de cumprimentación. Relación, comunicación e observación do paciente. Circulación da información non clínica.

-Secreto profesional.

-Documentación non clínica. Tipos de documentos: intrahospitalarios, extrahospitalarios e intercentros. Utilidades e aplicacións.

Xestión de existencias e inventarios:

-Sistemas de almacenaxe: vantaxes e inconvenientes. Criterios de clasificación de medios materiais sanitarios.

-Control de existencias. Inventarios: criterios de clasificación.

-Seguridade e hixiene en almacéns.

Tratamento da información/documentación non clínica:

-Documentación relativa a operacións de compra-venda. Tipos de documentación. Requisitos legais de cobertura.

-Réximes de aplicación do IVE.

Informática aplicada á xestión en centros sanitarios:

-Fundamentos informáticos: código, rexistro e arquivos. Formatos de presentación.

Contidos actitudinais.

A atención en enfermería:

-Actitude responsable do técnico auxiliar de enfermería durante o seu traballo.

Documentación sanitaria:

-Responsabilidade no manexo e custodia de documentos respectando sempre a confidencialidade.

Xestión de existencias e inventarios:

-Rigor na aplicación das normas de funcionamento, seguridade e hixiene.

Tratamento da información/documentación non clínica:

-Rigor no control das operacións de compravenda.

Informática aplicada á xestión en centros sanitarios:

-Responsabilidade no uso dos equipos informáticos e valoración do uso de medidas de prevención destinadas a evita-la perda de información.

3.2.2. Módulo profesional 2: técnicas básicas de enfermería.

Asociado á unidade de competencia 2: aplicar coidados básicos de enfermería ó paciente/cliente.

Capacidades terminais elementais.

-Analiza-los procedementos técnicos necesarios e realiza-la hixiene persoal dun paciente ou cliente en función do seu estado, idade e/ou situación, informándoo da técnica que vai realizar e respectando a súa intimidade.

-Identificar e aplica-los procedementos técnicos adecuados para realiza-la recolleita de excretas en función do estado e necesidades do paciente ou cliente.

-Adapta-los protocolos de mobilización e traslado dun paciente ou cliente en función do seu estado e necesidades.

-Axudar na deambulación dun paciente ou cliente segundo as súas necesidades utilizando os medios de soporte precisos segundo o caso.

-Analizar e prepara-los procedementos técnicos necesarios para facilita-la observación e/ou exploración médica dun paciente ou cliente en función do seu estado e condicións físicas tanto en atención hospitalaria como domiciliaria.

-Realiza-la toma de constantes vitais e efectua-lo seu rexistro gráfico.

-Identifica-las diferentes técnicas de administración de dietas que permitan manter nos pacientes unha nutrición adecuada.

-Administra-la alimentación a un paciente cliente a través dunha sonda.

-Valora-la influencia dos refugallos así como a importancia da súa correcta eliminación para evitar a incidencia negativa no medio ambiente.

-Efectua-la recollida de excretas e elabora-lo balance hídrico do paciente/cliente.

-Analiza-los procedementos necesarios e realiza-la hixiene, alimentación e coidados da nai e do neonato segundo os protocolos establecidos.

-Interpretar ordes de tratamento, precisando a vía de administración e o material para utilizar en función da técnica que vai aplicar.

-Prepara-la medicación aplicando os criterios de equivalencia necesarios para a preparación de medicación.

-Aplicar técnicas de hidroterapia segundo o estado e necesidades do paciente cliente.

-Colaborar na atención preoperatoria e postoperatoria do paciente aplicando os coidados físicos e psicolóxicos adecuados.

-Analiza-las técnicas de asistencia sanitaria de urxencia, determinando e aplicando a máis adecuada en función da situación e estado do paciente.

-Aplicar, utilizar e realiza-las técnicas necesarias dos coidados post mortem.

-Comprender e ter sensibilidade ante o estado emocional do paciente e do seu contorno, durante a aplicación dos coidados básicos de enfermería.

Contidos (duración 320 horas).

Contidos procedementais:

Hixiene e aseo do enfermo:

-Aplicación de técnicas de aseo: completo e parcial (encamado e non encamado).

Mobilización, traslado e deambulación de pacientes:

-Aplicación de técnicas de prevención e tratamento de úlceras por presión.

-Aplicación de técnicas de dinámica corporal, de mobilización, de traslado e de deambulación.

-Coidados afectivos e de comunicación.

Preparación á exploración médica. Constantes vitais:

-Preparación dos materiais para os distintos tipos de exploración médica.

-Aplicación de técnicas de posicionamento do paciente para a exploración médica.

-Toma de constantes vitais. Representación gráfica.

-Aplicación de osixenoterapia. Aplicación de aerosolterapia.

Principios de dietética:

-Administración de comidas a pacientes.

-Aplicación de técnicas de alimentación enteral e parenteral.

-Elaboración do balance hídrico. Representación gráfica.

Coidados da nai e do neonato:

-Coidados da muller antes e despois do parto.

-Aplicación das técnicas de hixiene e alimentación do neonato.

Administración de medicación:

-Preparación de medicación e administración de medicamentos por vía oral, rectal e tópica.

Termoterapia, crioterapia e hidroloxía médica:

-Aplicación de frío e calor segundo indicacións.

-Aplicación de hidroterapia.

Coidados perioperatorios:

-Coidados preoperatorios. Coidados físico. Apoio psicolóxico.

-Coidados posoperatorios. Coidados físicos. Tratamento da dor. Apoio psicolóxico.

Primeiros auxilios:

-Actuación ante diferentes tipos de traumatismos: queimaduras e conxelacións, feridas, hemorraxias, contusións, fracturas, luxacións e escordaduras.

-Aplicación de técnicas de inmobilizacións: vendaxes e férulas.

-Aplicación de técnicas de reanimación cardiopulmonar ante situacións de asfixia e paro cardíaco.

-Mantemento de caixas de urxencia.

Coidados post mortem:

-Preparación do cadáver. Realización de técnicas de amortallamento.

-Limpeza e desinfección terminal da unidade do paciente.

-Cubri-la documentación e requisitos legais.

Contidos conceptuais.

Hixiene e aseo do enfermo:

-Principios anatomofixiolóxicos do sistema nervioso.

-Principios anatomofisiolóxicos de pel e anexos cutáneos. Fundamentos de hixiene corporal.

-Coidados afectivos e de comunicación.

Mobilización, traslado e deambulación de pacientes:

-Principios anatómicofisiolóxicos de sostén e movemento. Posicións anatómicas. Indicacións.

-Úlceras por presión: etioloxía, signos de alarma e medidas de prevención.

Preparación á exploración médica. Constantes vitais:

-Principios anatomofisiolóxicos do aparello cardiovascular, respiratorio e urinario.

-Exploración. Tipos. Materiais e posicións específicas para a exploración médica.

-Constantes vitais. Principios fundamentais. Materiais necesarios para a súa toma.

-Osixenoterapia. Indicacións.

-Aerosolterapia. Indicacións.

Principios de dietética:

-Anatomía e fisioloxía do aparello dixestivo.

-Dietética. Principios fundamentais. Clases de dietas.

-Formas e materiais de administración da alimentación.

-Balance hídrico. Material empregado na súa determinación.

Coidados da nai e do neonato:

-Principios anatomofisiolóxicos do aparello xenital feminino e masculino.

-Xestación parto e puerperio. Probas diagnósticas e funcionais.

-Coidados básicos do neonato.

Administración de medicación:

-Principios de farmacoloxía xeral. Farmacocinética do medicamento: liberación, absorción, distribución e metabolización.

-Vías de administración de medicamentos. Anatomía e fisioloxía das zonas utilizadas.

Termoterapia, crioterapia e hidroloxía médica:

-Frío e calor. Indicacións.

-Hidroterapia. Indicacións. Características das augas medicinais.

Primeiros auxilios:

-Principios anatomofisiolóxicos aplicados ós primeiros auxilios, definidos en función das estructuras anatómicas implicadas.

-Criterios de urxencia e prioridade nos primeiros auxilios.

-Traumatismos. Queimaduras e conxelacións. Feridas e hemorraxias. Contusións. Fracturas, luxacións e escordaduras.

-Alteracións da consciencia. Reaccións adversas a tóxicos, fármacos de uso frecuente e/ou velenos.

-Caixas de urxencia. Compoñentes.

Coidados post mortem:

-Signos de morte.

-Técnicas de amortallamento.

Contidos actitudinais.

Hixiene e aseo do enfermo:

-Respecto á intimidade do paciente.

Mobilización, traslado e deambulación de pacientes:

-Rigor na prevención e tratamento das úlceras por presión.

-Comprensión cara á situación do paciente durante a mobilización e o traslado.

Preparación á exploración médica. Constantes vitais:

-Comprensión da ansiedade do paciente ante unha exploración médica.

Principios de dietética:

-Motivación do paciente cara á alimentación.

Coidados da nai e do neonato:

-Sensibilidade cara á situación da muller durante o embarazo, parto e puerperio e atención ó neonato.

Administración de medicación:

-Valoración das pautas de administración da medicación e rigor no seu cumprimento.

-Motivación do paciente sobre a importancia do consumo responsable dos medicamentos.

Termoterapia, crioterapia e hidroloxía médica:

-Sensibilidade cara á especial situación do paciente nos centros de hidroterapia.

Coidados perioperatorios:

-Colaboración na preparación psicolóxica do paciente no preoperatorio.

-Sensibilidade ante as manifestacións de ansiedade, medo, dor do paciente no pre e no posoperatorio.

Primeiros auxilios:

-Actitude de tranquilidade e eficiencia nunha situación de urxencia.

Coidados post mortem:

-Comprensión ante o sufrimento da familia do falecido.

3.2.3. Módulo profesional 3: hixiene do medio hospitalario e limpeza de material.

Asociado á unidade de competencia 3: coida-las condicións sanitarias do contorno do paciente e do material/instrumental sanitario utilizado nas distintas consultas/unidades/servicios.

Capacidades terminais elementais.

-Contribuír na prevención de infeccións hospitalarias actuando sobre a transmisión de enfermidades aplicando as medidas individuais e colectivas establecidas.

-Aplicar técnicas de limpeza e desinfección ós materiais e instrumentos utilizados na asistencia sanitaria.

-Esteriliza-los materiais e instrumentos sanitarios, realiza-los controis correspondentes e almacenar adecuadamente o material estéril.

-Utiliza-las medidas de illamento necesarias segundo a situación, estado e idade do paciente.

-Diferencia-los compoñentes da unidade do paciente e analiza-las condicións hixiénico-sanitarias que debe cumprir, describindo os métodos e as técnicas para conseguilas.

-Realiza-la preparación de berces e incubadoras segundo os protocolos de hixiene e seguridade establecidos.

-Selecciona-los medios e técnicas en función do tipo de mostra biolóxica a recoller e aplica-la técnica de recolleita adecuada ó estado e idade do paciente ou cliente para realiza-lo estudio solicitado.

-Realizar e elimina-los refugallos clínicos segundo os protocolos de hixiene e seguridade establecidos.

Contidos (duración 160 horas).

Contidos procedementais.

Prevención-control de infeccións hospitalarias:

-Aplicación de técnicas básicas de hixiene. Lavado de mans. Aplicación de técnicas para vestirse asepticamente.

Limpeza de material e utensilios:

-Aplicación de técnicas de limpeza: material cirúrxico, material de plástico, metálico e de vidro, aparellos e carros de curas.

-Verificación do proceso de limpeza e acondicionamento do material limpo. Conservación.

Desinfección do material:

-Aplicación dos métodos físicos de desinfección.

-Utilización de desinfectantes.

Esterilización do material:

-Aplicación de técnicas de esterilización: físicas e químicas.

-Aplicación de técnicas de almacenamento e conservación do material estéril.

Unidade do paciente:

-Aplicación de técnicas de limpeza e hixiene da unidade do paciente.

-Utilización de técnicas para face-la cama hospitalaria: desocupada, ocupada e cirúrxica.

-Limpeza e preparación de berces e incubadoras.

Enfermidades susceptibles de illamento:

-Aplicación de técnicas de illamento: hospitalario e domiciliario.

Residuos clínicos e toma de mostras:

-Recolleita de mostras biolóxicas. Manipulación, transporte conservación e eliminación.

-Recolleita e eliminación de refugallos clínicos.

Contidos conceptuais.

Prevención-control de infeccións hospitalarias:

-Infección e enfermidade transmisible. Cadea epidemiolóxica. Prevención de enfermidades transmisibles.

-Infeccións hospitalarias.

Limpeza de material e utensilios:

-Hixiene do medio hospitalario. Principios básicos.

-Material refugable e non refugable. Limpeza de material sanitario: manual e mecánica.

Desinfección do material:

-Principios básicos e dinámica da desinfección.

-Métodos de desinfección: físicos e químicos. Mecanismos de acción de desinfectantes.

Esterilización do material:

-Principios básicos e dinámica da esterilización.

-Métodos de esterilización: físicos e químicos.

-Métodos de control de esterilización: mecánicos, químicos, biolóxicos. Rexistros gráficos.

Unidade do paciente:

-Estructura xeral e composición da unidade do paciente. Factores ambientais. Medios materiais e instalacións fixas que a compoñen. Instalacións e equipos en función do tipo de servicio.

-Tipos de cama hospitalaria. Accesorios. Roupa de cama.

-Berces e incubadoras.

Enfermidades susceptibles de illamento:

-Enfermidades susceptibles de illamento. Tipos de illamento.

Residuos clínicos e toma de mostras:

-Tipos de mostras biolóxicas. Técnicas de recolleita e de eliminación.

-Tipos de refugallos clínicos.

Contidos actitudinais.

Prevención-control de infeccións hospitalarias:

-Responsabilidade na prevención de enfermidades transmisibles.

-Hábito de utilización das técnicas básicas de hixiene.

Limpeza de material e de utensilios:

-Rigor na aplicación das técnicas de limpeza e acondicionamento do material.

-Responsabilidade no coidado e conservación do material.

Desinfección do material:

-Hábito de uso de equipos de desinfección.

-Rigor na aplicación das técnicas de desinfección.

Esterilización do material:

-Valoración da importancia do proceso de esterilización.

-Rigor na aplicación das técnicas de esterilización.

Unidade do paciente:

-Respecto pola intimidade do paciente e preocupación polo seu benestar.

Enfermidades susceptibles de illamento:

-Consciencia da situación do paciente illado e da dos seus familiares.

Residuos clínicos e toma de mostras:

-Responsabilidade na manipulación de mostras biolóxicas e residuos clínicos.

3.2.4. Módulo profesional 4: promoción da saúde e apoio psicolóxico ó paciente.

Asociado á unidade de competencia 4: colaborar na prestación de coidados psíquicos ó paciente ou cliente, realizando ó seu nivel a aplicación de técnicas de apoio psicolóxico e de educación sanitaria.

Capacidades terminais elementais.

-Explica-lo proceso de saúde e a súa relación co ambiente físico, biolóxico e social para coñece-los factores que poidan incidir negativamente no paciente e as súas formas de corrección.

-Analiza-las conductas e comportamentos específicos da poboación galega e establece-las súas influencias sobre a saúde para poder aplica-las medidas correctoras que sexan precisas.

-Explica-los aspectos xerais das teorías psicolóxicas existentes sobre a formación e desenvolvemento da personalidade para a comprende-las distintas reaccións das persoas.

-Analiza-las características fisiopatolóxicas e os aspectos psicolóxicos dos anciáns procurando as pautas de conducta máis axeitadas que se deben aplicar no medio xeriátrico.

-Especifica-las características fisiopatolóxicas e as peculiaridades psicolóxicas dos diferentes colectivos segundo idade e características especiais do seu estado de saúde e selecciona-los modos adecuados de relacionarse con eles.

-Explicar que é a ansiedade, enumera-las súas causas etiolóxicas e precisa-los factores que a poden xerar durante a estadía do paciente no hospital ou consulta, ademais de indica-las medidas destinadas a evitala ou diminuíla.

-Describi-lo «rol de enfermo» e enuncia-las reaccións anómalas de potenciación coa finalidade de corrixilas e mellora-la comunicación co paciente.

-Enuncia-las fases que se dan na relación paciente-sanitario indicando as características máis salientables e os factores que a poden alterar, así como as medidas destinadas a mellorala ou reforzala.

-Afrontar diversas situacións de relación con pacientes con características fisiopatolóxicas peculiares ou de patoloxía especial aplicando as pautas de conducta indicadas en cada caso.

-Explica-las características fundamentais dos programas de promoción da saúde en estados fisiolóxicos e de prevención de enfermidades específicas para diminuí-la súa incidencia na poboación xeral.

-Prestar apoio psicolóxico adecuado tanto ós pacientes como ós seus familiares e achegados, comprendendo a importancia desta acción para mellora-la relación paciente-sanitario e o benestar psíquico do propio enfermo e o seu contorno afectivo.

-Analiza-la utilización das canles de información de uso común nas actividades de información-formación sanitaria para contribuír á súa difusión e á mellora da oferta asistencial.

-Respecta-las «concepcións de defensa» que sobre o propio estado de saúde se forman as persoas en estado crítico ou terminal.

Contidos (duración 130 horas).

Contidos procedementais.

Saúde e enfermidade:

-Diferenciación dos distintos tipos de comportamentos en función das zonas de procedencia da poboación galega: rural, marítima, urbana e suburbana.

-Identificación das diferentes formas de expresión de síntomas e signos. Observación da conducta do paciente.

Fundamentos de psicoloxía xeral e evolutiva:

-Clasificación dos diferentes tipos de personalidade.

-Establecemento de relacións entre as diferentes etapas evolutivas. Análise das características específicas de cada etapa.

-Análise das características de diferentes tipos de personalidade.

Relación co paciente:

-Aplicación de diferentes técnicas de dinámica de grupos en distintas situacións.

-Identificación de factores de perturbación dunha relación.

-Identificación das distintas funcións do persoal sanitario.

Comunicación/humanización:

-Recolleita de información: entrevista, observación, escalas e cuestionarios.

-Utilización das regras da arte de escoitar: activa e pasiva.

-Identificación das fases dunha relación interpersoal de axuda (sanitario/paciente).

-Utilización de métodos específicos para tratar situacións de illamento en determinadas zonas da C.A.G.

Estados psicolóxicos de pacientes en situacións especiais:

-Utilización de técnicas conductuais que favorezan a relación interpersoal en situacións especiais: enfermos oncolóxicos, enfermos con SIDA, enfermos xeriátricos, enfermos crónicos e enfermos terminais.

-Utilización de técnicas para diminuí-la ansiedade do enfermo, dos seus familiares e do persoal sanitario.

Técnicas educativas:

-Utilización de diferentes técnicas grupais.

-Elaboración de diferentes tipos de programas de educación para a saúde.

-Aplicación de medios audiovisuais en educación para a saúde.

Contidos conceptuais.

Saúde e enfermidade:

-Procesos de saúde. Modelo ecolóxico de saúde. Influencia do ambiente físico, biolóxico e social.

-Comportamentos e hábitos individuais e colectivos: Galicia rural, marítima, urbana e suburbana.

Fundamentos de psicoloxía xeral e evolutiva:

-Teorías sobre o desenvolvemento da personalidade.

-Etapas evolutivas e os seus parámetros de referencia: infancia, adolescencia, xuventude, madurez e vellez.

-Características individuais das persoas en xeral. Tipos de personalidade.

-Mecanismos de defensa e principais trastornos da personalidade.

Relación co paciente:

-A institución sanitaria: o grupo de traballo. Elementos condicionantes da dinámica grupal.

-O papel profesional do persoal sanitario: fases e perturbacións das relacións entre o persoal.

-O papel do paciente. Papeis desviantes. Reaccións anómalas de potenciación.

Comunicación/humanización da asistencia sanitaria:

-Humanización da asistencia sanitaria.

-A comunicación co paciente. Factores que a facilitan.

-Obstáculos á comunicación paciente/sanitario. Influencia do bilingüismo na comunicación cos pacientes tanto a nivel hospitalario como domiciliario. Situacións de illamento en determinadas zonas xeográficas da CAG.

Estados psicolóxicos dos pacientes en situacións especiais:

-Aspectos psicolóxicos do enfermo oncolóxico.

-Aspectos psicolóxicos do enfermo con SIDA.

-Aspectos psicolóxicos do enfermo xeriátrico. Aspectos específicos do enfermo xeriátrico do medio rural galego.

-Aspectos psicolóxicos dos pacientes adultos con patoloxías crónicas.

-Aspectos psicolóxicos do neno e do adolescente con enfermidade crónica.

-Aspectos psicolóxicos do enfermo terminal.

Técnicas educativas:

-Técnicas de grupo aplicadas á educación: conferencia, traballo en grupo, comisións de traballo, seminarios, estudio de casos, etc.

-Recursos didácticos en educación para a saúde. Medios audiovisuais.

Contidos actitudinais.

Saúde e enfermidade:

-Respecto polos comportamentos, hábitos de vida e crenzas do paciente.

-Preocupación por fomentar no paciente hábitos de vida máis saudables.

Fundamentos de psicoloxía xeral e evolutiva:

-Aceptación das características propias de cada etapa evolutiva.

-Actitude de comprensión ante diferentes tipos de personalidade.

Relación co paciente:

-Tolerancia cara a distintas reaccións persoais.

-Aceptación da posible implicación dun mesmo como distorsionante do grupo.

Comunicación/humanización da atención sanitaria:

-Respecto polas diferentes formas de expresión lingüística da CAG.

-Consciencia da importancia dos aspectos comunicativos na atención sanitaria e rigor na recolleita de información.

Estados psicolóxicos dos pacientes en situacións especiais:

-Actitude de comprensión e respecto cara a situacións especiais.

Técnicas educativas:

-Valoración dos distintos recursos didácticos aplicados en educación para a saúde.

-Actitude participativa no desenvolvemento das técnicas grupais.

-Responsabilidade no coidado e manexo dos diferentes recursos audiovisuais.

3.2.5. Módulo profesional 5: técnicas de axuda odontolóxica/estomatolóxica.

Asociado á unidade de competencia 5: realizar tarefas de instrumentación en equipos de saúde bucodental.

Capacidades terminais elementais.

-Identifica-los diferentes tipos de materiais dentais segundo o seu uso específico.

-Analiza-los procedementos técnicos necesarios para a preparación e conservación de materiais dentais que permitan a utilización ou aplicación directa polo facultativo.

-Describir e manexar adecuadamente os compoñentes do equipo dental para colaborar nos procesos de atención bucodental.

-Identifica-lo instrumental dental e realiza-la súa preparación, limpeza, desinfección e esterilización.

-Executa-las técnicas de prestación de apio ó facultativo durante a actuación bucodental segundo as instruccións recibidas.

-Valora-las necesidades de coidados físicos e psicolóxicos e selecciona-la técnica de apoio máis adecuada segundo o tipo de paciente.

-Clasifica-los distintos tipos de anestésicos utilizados en odontoloxía e describi-lo protocolo a seguir en situacións de urxencia.

-Prepara-lo material e coloca-lo paciente para realiza-la técnica radiográfica segundo o tipo de exploración.

-Explica-las normas de protección radiolóxica e utiliza-los elementos de radioprotección.

Contidos (duración 130 horas).

Contidos procedementais.

Materiais dentarios:

-Preparación de escaiolas: baldeirado e fraguado.

-Preparación de materiais de impresión: mesturado e espatulado.

-Preparación de materiais de obturación.

-Utilización doutros tipos de materiais dentais: cementos, vernices protectores, adhesivos dentinarios e outros.

Equipo e instrumentos de uso en consultas dentais:

-Manexo dos elementos do equipo dental. Mantemento. Limpeza e desinfección.

-Preparación, limpeza, desinfección e esterilización do instrumental de man e rotatorio.

Procedementos de instrumentación e axuda en intervencións dentais:

-Acondicionamento da butaca e acomodación do paciente.

-Procedementos de instrumentación e axuda nas diferentes técnicas de intervención.

-Ergonomía na clínica dental.

-Técnicas de traballo en equipo.

-Preparación e dispensación do material necesario para o illamento do campo operatorio. Técnicas de aspiración.

-Manobras de iluminación do campo operatorio: tipos, ángulos, distancias e intensidade.

-Preparación de anestésicos.

-Utilización de técnicas de apoio psicolóxico reductoras de ansiedade.

Radiografías dentais:

-Selección e preparación do material para a realización de técnicas radiográficas: intrabucais, extrabucais e especiais. Colocación do tubo. Posicionamento do paciente/cliente. Utilización dos elementos de radioprotección.

-Revelado, fixado e selado de películas radiográficas. Conservación e arquivo de radiografías.

Contidos conceptuais.

Materiais dentais:

-Tipos de materiais: escaiolas, de impresión, de obturación e outros. Características e principios fundamentais de utilización.

Equipo e instrumentos de uso en consultas dentais:

-Equipo dental: elementos constituíntes e a súa indicación. Principios de funcionamento, conservación e mantemento.

-Instrumental de man rotatorio: clasificación e indicacións. Principios de utilización e mantemento.

Procedementos de instrumentación e axuda en intervencións dentais.

-Principios anatomo-fisiolóxicos do sistema estomatognático. Documentación clínica: ficha dental e historia clínica.

-Terminoloxía básica bucodental e sistemas de nomenclatura.

-Anestesia dental. Misión e calidades dos anestésicos. Anestesia tópica e infiltrativa. Complicacións e fracaso da anestesia. Protocolo de actuación ante unha urxencia.

-Posoperatorio. Signos e síntomas. Posibles complicacións e medidas preventivas.

Radiografías dentais:

-Principios básicos radiográficos. Películas radiográficas: propiedades e tipos.

-Tipos de radiografías dentais: intrabucais, extrabucais e especiais.

-Efectos das radiacións ionizantes sobre o organismo. Normas de protección radiolóxica. Elementos de radioprotección.

Contidos actitudinais.

Materiais dentais:

-Responsabilidade na correcta manipulación dos materiais dentais.

-Valoración do material e hábito de aproveitamento.

Equipo e instrumentos de uso en consultas dentais:

-Rigor na aplicación das técnicas de desinfección e esterilización do instrumental dental.

-Hábito de conservación do equipo e instrumental dental e correcto aproveitamento dos recursos.

Procedementos de instrumentación e axuda en intervencións dentais:

-Actitude positiva e responsable cara ó traballo en equipo.

-Importancia do apoio psicolóxico ante a ansiedade do paciente.

Radiografías dentais:

-Rigor na aplicación das normas de protección radiolóxica.

-Responsabilidade en tódolos aspectos relacionados coa información ó paciente/cliente.

3.3. Módulo profesional transversal.

3.3.1. Módulo profesional 6: relacións no equipo de traballo.

Capacidades terminais elementais.

-Describi-las diferentes vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e transmitir instruccións e información.

-Utilizar de maneira eficaz as técnicas de comunicación orais e escritas.

-Analiza-las relacións humanas en xeral e as relacións humanas no ámbito laboral ou relacións laborais en particular.

-Analiza-los conflictos e resolver, no ámbito das súas competencias, problemas que se orixinan no contorno dun grupo de traballo.

-Integrarse nun equipo de traballo unificando e coordinando as necesidades do grupo nuns obxectivos, políticas e/ou directrices predeterminadas.

-Participar e/ou moderar reunións, colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

-Impulsa-lo proceso de motivación e analiza-la súa influencia no clima laboral.

Contidos (duración 55 horas).

Contidos procedementais.

A comunicación na empresa:

-Elaboración de documentos a partir de datos concretos.

-Utilización das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

-Descrición das fases que compoñen unha entrevista persoal con fins publicitarios.

-Identifica-las alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

Negociación e solución de problemas:

-Identificación dos problemas, factores e causas que xeran un conflicto.

-Discriminar entre datos e opinións.

-Distingui-las diferentes posturas e intereses que poden existir entre os traballadores e a dirección dunha organización.

-Presentación clara e ordenada do proceso seguido e os resultados obtidos na resolución dun problema.

Equipos de traballo:

-Busca de información e análise dela, referida á formación e funcionamento de grupos.

-Identificación das pautas de conducta que deben adopta-los participantes dun grupo de traballo.

-Exposición das ideas propias de maneira clara e concisa.

-Aplicación das técnicas para a dinamización de grupos.

-Descrición da tipoloxía de participantes dunha reunión.

-Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral:

-Analiza-la actitude humana ante o traballo.

-Detecta-lo proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

-Identificación das diferencias entre as principais teorías sobre a motivación.

-Distingui-los factores que contribúen á creación dun clima laboral positivo dos que xerarían un clima laboral negativo.

Contidos conceptuais.

A comunicación na empresa:

-Tipos de comunicación.

-Técnicas de comunicación.

-Comunicación oral e escrita de instruccións.

-A mensaxe publicitaria.

-A comunicación como xeradora de comportamentos.

-Dificultades e barreiras na comunicación.

Negociación e solución de problemas:

-Concepto e elementos dunha negociación.

-Tácticas negociadoras.

-Proceso de resolución de problemas.

-Aplicación dos métodos máis usuais para a resolución de problemas e a toma de decisións en grupo.

As relacións humanas:

-As relacións humanas: a personalidade, as actitudes, os prexuízos, a solidariedade.

-As relacións laborais: teoría de Taylor, Ford, Mayo.

-As relacións humanas na empresa.

Equipos de traballo:

-Características dos grupos formais e informais.

-Tipos de grupos e de metodoloxías do traballo en grupo.

-Roles dos comportamentos.

-Técnicas de dinamización e dirección de grupos.

-A reunión como traballo en grupo. Tipos de reunións.

Motivación no contorno laboral:

-Concepto de motivación.

-Principais teorías da motivación.

-O clima laboral.

-O clima laboral e a súa influencia na productividade da empresa.

Contidos actitudinais.

A comunicación na empresa:

-Logra-la práctica da comunicación efectiva.

-Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

-Capacidade para escoitar.

-Afacerse a falar en público.

-Reacción de forma creativa ante as barreiras comunicativas.

Negociación e solución de problemas:

-Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

-Apreciación do poder de influencia.

-Comportamento de maneira responsable e coherente.

-Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considere como máis idónea.

-Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

Equipos de traballo:

-Recoñece-las vantaxes do traballo en grupo fronte ó individual.

-Adaptarse e integrarse nun equipo de traballo colaborando, dirixindo ou cumprindo as ordes segundo os casos.

-Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

-Fomento do uso de reunións participativas.

Motivación no contorno laboral:

-Recoñecemento da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

-Interese pola problemática que pode suscita-la falta de motivación e interese no traballo.

-Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

-Sensibilización ante a necesidade da utilizar sistemas creativos e humanos no contorno de traballo.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración 440 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1Efectuar operacións de xestión administrativa e control de almacén, nun servicio e/ou consulta médica.-Organización do almacén.-Realización de orzamentos e facturas e xestión de historias clínicas.
-Utilización de programas informáticos.

2Cubrir, manexar e tramita-la documentación clínica.-Recepción do paciente e recollida dos seus datos.-Cumprimentación de historias clínicas e outros datos.
-Utilización do arquivo central.

3Realiza-la hixiene persoal dun paciente/cliente encamado e cambio da roupa de cama.-Realización da hixiene e aseo do paciente.-Realización da cama con e sen paciente.
-Eliminación de refugallos orgánicos.
-Acondicionamento da unidade do paciente.
-Cumprimentación das follas de coidados, destacando as incidencias.

4Realiza-las técnicas de limpeza do material clínico e instrumental sanitario.-Limpeza do material.-Realización da desinfección e esterilización, efectuando o seu control.
-Eliminación de refugallos orgánicos e inorgánicos.
-Cumprimentación de documentos.

5Medir constantes vitais, efectua-lo rexistro dos datos e xera-las gráficas correspondentes.-Medición das constantes vitais: pulso, temperatura, frecuencia respiratoria e tensión arterial.-Realización dos rexistros gráficos.

6Administrar dietas segundo a situación e o estado do paciente/cliente.-Cubrir as táboas de dietas.-Administración da alimentación oral.
-Colaboración nas técnicas de alimentación enteral e outras.
-Recollida e medida das excretas do enfermo.
-Realización do balance hídrico.

7Aplicar técnicas básicas de enfermería a pacientes en diferentes situacións e unidades.-Mobilización, traslado e axuda na deambulación.-Administración de clísteres.
-Administración de medicación por vía oral, rectal e tópica.
-Aplicación de frío e calor.
-Aplicación de técnicas básicas de termoterapia e crioterapia.
-Recollida de mostras biolóxicas.

8Aplicar coidados á nai e ó neonato.-Aplicación de coidados no preparto e posparto.-Realización da hixiene e alimentación do neonato.

9Realiza-los coidados post mortem.-Limpeza do cadáver.-Amortallamento.

10Colaborar nunha consulta dental durante a realización de técnicas de intervención extra e intrabucais.-Preparación de materiais e instrumental.-Recepción e acomodamento do paciente/cliente. Cumprimentación da ficha dental.
-Colaboración nas técnicas de intervención.
-Eliminación de refugallos.
-Cobertura de documentos e facturas.

11Revelar e arquivar exposicións e rexistros radiográficos buco-dentais.-Preparación das películas radiográficas.-Colocación e protección da radiación o paciente/cliente.
-Revelado, secado e arquivo.

12Transmitir a pacientes e familiares os coñecementos necesarios para a mellora de conductas e fomentar hábitos saudables.-Transmisión de información a pacientes e familiares.-Fomento de hábitos saudables.-Aplicación de técnicas reductoras de ansiedade.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais.

-Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

-Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

-Analiza-las actuacións a seguir no caso de accidentes de traballo.

-Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

-Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

-Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

-Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

-Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

-Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

-Describi-lo sistema de protección social.

-Analiza-la evolución socio-económica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas).

Contidos procedementais.

Saúde laboral:

-Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

-Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

-Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

-Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

-Identificación das distintas modalidades de contratación.

-Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

-Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

-Elaboración dunha folla de salario.

-Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción socio-laboral:

-Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

-Identificación e definición de actividades profesionais.

-Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

-Análise dunha empresa do sector.

-Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

-Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais.

Saúde laboral:

-Condicións de traballo e seguridade.

-Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

-Danos profesionais.

-Medidas de prevención e protección.

-Marco legal de prevención laboral.

-Notificación e investigación de accidentes.

-Estatística para a seguridade.

-Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

-Dereito laboral nacional e comunitario.

-Contrato de traballo.

-Modalidades de contratación.

-Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

-Órganos de representación dos traballadores.

-Convenios colectivos.

-Conflictos colectivos.

-Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción socio-laboral:

-Mercado de traballo.

-A autoorientación profesional.

-O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

-Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

-Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

-Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

-Tipoloxía e funcionamento das empresas.

-Evolución socio-económica do sector.

-Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais.

-Respecto pola saúde persoal e colectiva.

-Interese polas condicións de saúde no traballo.

-Valoración do medio ambiente como patrimonio común.

-Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

-Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

-Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

-Toma de conciencia dos valores persoais.

-Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

-Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado.

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de coidados auxiliares de enfermería.

Módulo profesional

Especialidade

do profesorado

Corpo

1Operacións administrativas e documentación sanitariaProcesos sanitariosProfesor de ensino secundario

2Técnicas básicas de enfermeríaProcedementos sanitarios e asistenciaisProfesor técnico de FP

3Hixiene do medio hospitalario e limpeza de materialProcedementos sanitarios e asistenciaisProfesor técnico de FP

4Promoción da saúde e apoio psicolóxico ó pacienteProcesos sanitariosProfesor de ensino secundario

5Técnicas de axuda odontolóxica/estomatolóxicaProcedementos sanitarios e asistenciaisProfesor técnico de FP

6Relacións no equipo de traballoFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

7Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

Materias

Especialidade do

profesorado

Corpo

BioloxíaProcesos sanitariosProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e Administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título

son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes a efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente para

efectos de docencia

Procesos sanitarios-Diplomado en enfermería

Formación e orientación laboral

-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de coidados auxiliares de enfermería require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Taller de enfermería150 m120 m70%

Aula polivalente 60 m 40 m30%

-A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

-O «grao de utilización» expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

-Na marxe permitida polo «grao de utilización», os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

-En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

-Non se debe interpretar que os diversos espacios formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias.

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

-Técnicas básicas de enfermería.

-Técnicas de axuda odontolóxica/estomatolóxica.

-Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material.

-Promoción da saúde e apoio psicolóxico ó paciente.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

-Operacións administrativas e documentación sanitaria.

-Técnicas básicas de enfermería.

-Técnicas de axuda odontolóxica/estomatolóxica.

-Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material.

-Formación e orientación laboral.

-Formación en centros de traballo.

4.4. Distribución horaria.

-Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestres

55Operacións administrativas e documentación sanitaria

320Técnicas básicas de enfermería

160Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material

130Promoción da saúde e apoio psicolóxico ó paciente

130Técnicas de axuda odontolóxica/estomatolóxica

55Relacións no equipo de traballo

55Formación e orientación laboral

4º trimestre

440Formación en centros de traballo

-As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55 que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.