Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 29 de marzo de 1999 Páx. 3.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 1 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social.

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º

da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola presente cédula notifícaselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores en materia laboral e de seguridade e hixiene no traballo.

Faise saber que as ditas resolucións poñen fin á vía administrativa e os interesados poden formular contra ela recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei do 27 de decembro de 1956, modificada pola do 17 de marzo de 1973,

30 de abril de 1992, e a do 26 de novembro de 1992.

Advírteselles que terán que aboa-la multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que se xuntaba á resolución de instancia, no número de conta e na entidade bancaria que nel se sinala, dentro do prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte ó da notificación da presente resolución, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1999.

José Mª Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Preceptos

Empresa

Domicilio

Localidade

Nº Expte.

Data resolución

Dirección xeral

ou consellería

Infrinxidos

Sancionadores

Sanción

imposta

Promociones y Cnes. Rivas Calvo, S.L.Dodro

A Coruña

429/98 (RO)

225/98 (CO)

319/98 (AI)

30 de outubro de 1998Anexo IV, parte C 3.a) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro; artigo 3.d) en relación co anexo I.9 e anexo III.9 do R.D. 773/1997, do 30 de maio.Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.250.100 ptas.

Cnes. y Reformas Jumar, S.L.A Coruña

A Coruña

448/98 (RO)

119/98 (CO)

572/97 (AI)

6 de novembro de 1998Art. 20.3º en relación co 23 e 151 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. do 9-3-1971), en relación cos artigos 192 e 193 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. do 28-8-1970).Artigo 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.350.000 ptas.

Cantería Maquies, S.C.P.Salceda de Caselas

Pontevedra

471/98 (RO)

31/98 (PO)

1958/97 (AI)

13 de novembro de 1998Art. 143 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. do 9-3-1971) e 190 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. do 28-8-1970).Artigo 47.1.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.250.001 ptas.

Cnes. Survigo, S.L.Vigo

Pontevedra

585/98 (RO)

510/97 (PO)

928/97 (AI)

11 de decembro de 1998Art. 6.1º do R.D.L. 1/1986, do 14 de marzo, de medidas urxentes administrativas, financeiras, fiscais e laborais. Art. 151 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. do 9-3-1971) e Art. 193 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. do 28-8-1970).Artigo 46.4º e 47.16º f) da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.300.002 ptas.

General de Subcontratas, S.A.Viveiro

Lugo

599/98 (RO)

252/97 (CO)

605/97 (AI)

18 de decembro de 1998Art. 19.6º c, 21, 23, 89, 90 e 91 da Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo (O.M. do 9-3-1971) e os artigos 187 e 193 da Ordenanza laboral da construcción (O.M. do 28-8-1970).Artigo 47.16º da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.250.100 ptas.