A Comisión de Goberno, na súa sesión do 21 de decembro de 1998, aprobou inicialmente a modificación do vixente plan especial de ordenación do Campus Universitario (PE-8), promovido pola Unidade Técnica da Universidade de Santiago de Compostela.
O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.
A aprobación inicial da modificación determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación, sen prexuízo da concesión daquelas que, baseadas no plan especial vixente, non incumpran as determinacións do proxecto de modificación.
Contra o acto de suspensión de licencias, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza ou, de se-lo caso, Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1999.
O alcalde
Rubricado

