Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/3-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. O Burgo.

Situación: A Cañiza.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 639 m de lonxitude, con conductor tipo PAS 50,

sobre apoios de formigón, desde o apoio 11 da L.M.T. existente ó C.T. O Piñeiro ata o C.T. que se proxecta no Burgo, concello da Cañiza. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.905 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 19 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/3. Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. O Burgo.Termo municipal: A Cañiza.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1BurataMonte baixoAsociación Comuñeiros Igrexa e outrosA Igrexa-Sta. María de Oroso, 1

36885 A Cañiza

120,641001000

7TapadasMonte baixoManuel Castro CastroO Burgo-Sta. María de Oroso, s/n

36885 A Cañiza

40,7245480

8/aE.Crta.Monte altoAlfredo Sotelo Rodríguez e outrosAguas Solcis, S.L.

Valdepereira-Granitos, S.L. s/n

32415 Ribadavia

40,7224384

2538