Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.179

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/8-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Senande-Gandarela.

Situación: A Cañiza.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 605 m de lonxitude, con conductor tipo PAS-50, sobre apoios de formigón, desde o apoio 1 da L.M.T.

proxectada ata o C.T. que se proxecta en Senande-Gandarela, concello da Cañiza. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.075 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 19 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/8 Provincia: Pontevedra.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. Senande-Gandarela.Termo municipal: A Cañiza.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2CarrascalMonte altoJosefa López FidalgoPereiras-Petán, s/n,

36888 A Cañiza

1260

3CarrascalMonte altoJuan Fernández PérezAs Laxas-Petán, s/n

36888 A Cañiza

20,8192460

6OuteiralMonte altoManuel Miguel FerreiroDevesa-Petán, s/n

36888 A Cañiza

20100

10CarballeiraMonte altoJosé Alén MoureDeveda-Petán, s/n

36888 A Cañiza

32150

15FontePradoManuel Ribeiro MiguélezPereiras-Petán, s/n

36888 A Cañiza

1680

18RexanPradoJosé Alén MoureDevesa-Petán, s/n

36888 A Cañiza

53260

2546