Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de tramo subterráneo entre os apoios números 8 A e 12 A da liña eléctrica a 132 kV Cornido-Santa Mariña, en Narón (A Coruña), por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.. (Expediente 98/296).

Examinado o expediente instruído por instancias da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificación en Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-Con data do 17 de xullo de 1998 a citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública do tramo subterráneo entre os apoios nº 8 A e nº 12 A da liña eléctrica a 132 kV Cornido - Santa Mariña, en Narón (A Coruña); acompañan o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de acordo co disposto na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Substitúese un tramo de 852 m da liña aérea de dobre circuíto a 132 kV Cornido - Santa Mariña, sobre torres metálicas, por un tramo subterráneo, baixo tubo, en gabia de 1,50 m de profundidade e 1,20 ou 0,70 m de largo, segundo sexan dous ou un circuito respectivamente, recubrimento de formigón e tendido de dous tubos de 90 mm de diámetro, para telecomunicacións. Os conductores serán de tipo RHZI 76/132 kV de 6 (1x400) mm Al e disporase de proteccións contra sobretensións no paso aéreo a subterráneo mediante a instalación de autoválvulas, así como de postas a terra dos apoios, autoválvulas e as pantallas metálicas dos cables empalmes.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións a trámite de información pública, sendo publicado no Diario Oficial de Galicia do 20-10-1998, BOP da Coruña do 10-10-1998, no taboleiro de anuncios do Concello de Narón e no da delegación provincial.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autoriza-la instalación do tramo subterráneo entre os apoios nº 8 A e nº 12 A da liña eléctrica a 132 kV. Cornido - Santa Mariña, en Narón (A Coruña).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria