Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción por infracción na orde social B-27156256.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a continuación se relaciona, ó non podérselle notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral e seguridade, hixiene e saúde laboral); a súa contía e número cítanse de seguido:

Empresa: Fernández Silva Empresa Constructora, S.L.

NIF: B-27156256.

Nº expediente: 47/98.

Contía: 250.000.

Contra estas resolucións o interesado poderá interpor recurso ordinario, polo conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser realizado este en tempo e forma haberá de aboa-la multa imposta a través da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal conta nº 311-152-106-9, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987.

Lugo, 4 de marzo de 1999.

P.D. (Dto. 227/1998, do 10 de xullo)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial de Lugo