De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28), por non ser posible a súa notificación.
O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.1181 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía de constrinximento.
Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prezo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.
A Coruña, 1 de marzo de 1999.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: CEN 98/026.
Denunciado: Domingo Salgado, Carlos.
DNI: 32.400.484.
Último enderezo coñecido: Laxe, nº 18-1º A. A Coruña.
Feitos denunciados: circular e estacionar fóra dos lugares permitidos.
Tifipicación Regulamento de CEN:
Artigo: 38.13º.
Cualificación: leve.
Sanción proposta: 15.000 ptas.
Expediente: CEN 98/035.
Denunciado: García Reino, Alberto.
DNI:
Último enderezo coñecido: rúa Verna, Blq. R-22, portal A-1º D, As Fontiñas-Santiago de Compostela.
Feitos denunciados: acampar fóra dos lugares permitidos.
Tifipicación Regulamento de CEN:
Artigo: 38.3º.
Cualificación: leve.
Sanción proposta: 15.000 ptas.

