Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 1 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-863/1998, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no Art. 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente nº 15-863/1998, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-863/1998.

Inculpado: Francisco Ribero Martins.

Domicilio: Rego da Moa, Barrallobre, Fene.

Motivos: venda fraudulenta.

Data da iniciación: 12-2-1999.

A Coruña, 1 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo