Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, da contratación dun servicio de seguridade para varios centros dependentes desta xerencia. (C.P. 1/1999).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita.

Obxecto: apoio ó persoal dos dispositivos de urxencias extrahospitalarias o del PAC mediante o mantemento do rexistro de doentes atendidos e dos partes de incidencia que se produzan en cada centro, como a recepción de chamadas telefónicas e a prestación

dos servicios de seguridade no Dispositivo de Urxencias Extrahospitalarias de Lugo, Dispositivo de Urxencias Extrahospitalarias de Viveiro e P.A.C. de Monforte, de acordo co contido do prego de prescricións técnicas e normas complementarias C.P. 1/1999.

Orzamento: máximo autorizado de vintecinco millóns setecentos oito mil novecentas setenta e cinco ptas. (25.708.975 ptas.) IVE incluído. (154.514,05 euros).

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución do contrato: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos Servicios de Subministracions da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, Praza de Ferrol nº 11-4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono 982 29 62 29 y 29 62 19; fax 982 26 62 28; tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

Fianzas: 2% do orzamento máximo.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: deberá acreditarse polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

a) Prezo da hora: 11.

b) Calidade da prestación: 9.

Na calidade valoraranse entre outros:

-Formación do persoal.

-Metodoloxía na prestación do servicio.

-Medidas de seguridade a adoptar.

Clasificación: grupo III-2 B.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax 982 26 62 28, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar no salón de actos da Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que presentarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 22 de marzo de 1999.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria de Lugo