Obxecto: execución das obras de abastecemento e saneamento en Forcarei.
Orzamento: 15.000.000 de pesetas.
Garantías:
Provisional: 300.000 pesetas.
Definitiva: o equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.
Prazo de execución: 4 meses.
Información: Concello de Forcarei (Secretaría).
Proposicións: poderanse presentar no Concello de Forcarei ata as 14 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.
Anuncio extenso: BOP de Pontevedra.
Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Forcarei, 30 de marzo de 1999.
Manuel Brea Porto
Alcalde

