O Pleno da Corporación, en sesión do día 25-3-1999, aprobou definitivamente o estudio de detalle do SAU-3 Plan Parcial Praia San Pedro de Veigue, redactado polos arquitectos Manuel A. Soto Gómez e Antonio Barro Lago, por instancia de Martínez Pío S.L.
O dito acordo ponlle fin á vía administrativa e contra el poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, sen prexuízo de que se utilice e interpoña calquera outro que se considere conveniente.
Sada, 26 de marzo de 1999.
Ramón Rodríguez Ares
Alcalde

