Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1999 pola que se convoca concurso con procedemento aberto e tramitación urxente para a contratación da subministración de roupa de uniforme e de traballo con destino ó personal subalterno, conductores e operarios da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 99/2055 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de roupa de uniforme e de traballo con destino ó persoal subalterno, conductores e operarios da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: vestiario de verán e do F.I. Emilio Romay: 31 de maio de 1999. Vestiario de inverno: 30 de setembro de 1999.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 8.207.400 pesetas=49.327,47 euros, desagregado en sete lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite. Ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 30 de marzo de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña