Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 12 de abril de 1999 Páx. 4.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de subministración.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: subministración do amoblamento do Club Náutico de Mourelle (Taboada).

3. Orzamento: 10.000.000 de pesetas.

4. Prazo de entrega e instalación: 1 mes.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería da Deputación Provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: 14 días naturais a partir do seguinte ó da publicación do presente extracto do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, de 10 a 14 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 68, de data 25 de marzo de 1999.

Lugo, 29 de marzo de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo