Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.246

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1999 pola que se fai pública a adxudicación de postos de traballo provistos polo sistema de libre designación.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no concurso de méritos convocado por Resolución do 15 de xaneiro de 1999 (DOG do 5 de febreiro) para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de vicexerente vacante no cadro de persoal funcionario de Administración e Servicios.

Este rectorado, en uso das atribucións que lle confire o artigo 65 dos estatutos desta universidade, aprobados por Decreto 253/1992, do 10 de setembro (BOE do 29 de outubro), resolve facer pública a adxudicación do referido posto a Juan Ramón Rego Álvarez de Mon, funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, con número de rexistro persoal 3242895568 A 2060.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso perante a xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución, de acordo co previsto no artigo 58 da Lei reguladora da dita xurisdicción.

A Coruña, 30 de marzo de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña