Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/161-2, 5065 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa).

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Santa María de Vilapene (Cospeito).

Situación: Cospeito.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea o C.T. de Vilapene de 2.008 metros a 20 kV sobre apoios de formigón e torres metálicas en conductor LA-56 L.M.T. aérea o C.T. de Cruz de 100 metros a 20 kV sobre torres metálicas en conductor LA-56. L.M.T. aérea o C.T. de Val de 452 metros a 20 kV sobre apoios de formigón e torres metálicas en conductor LA-56. 3 C.T.I. en Vilapene, Cruz e Val de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea de Vilapene de 3.220 metros sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. aérea de Cruz de

1.540 metros sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. aérea de Santa Isabel de 1.190 metros sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 19 de febreiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo