Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.250

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para a variante da L.M.T. subestación Foz-Espiñeira (concellos de Foz e Barreiros), e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 43/1998).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información

pública a petición de autorización administrativa para o trazo das liñas eléctricas de referencia, as cales contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

a) Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

b) Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

c) Trazado, datos básicos e localización:

-L.M.T. aérea Sub. Foz-Espiñeira (tramo 1) de 944 m de lonxitude a 20 kV sobre torres metálicas tipo «olmo» e tipo «arce» en conductor L.A.R.L.-125.

-L.M.T. aérea Sub. Foz-Espiñeira (tramo 2) de 253 m de lonxitude a 20 kV sobre torres metálicas tipo «olmo» e tipo «arce» en conductor L.A.R.L.-125.

-L.M.T. aérea ó C.T. intemperie de Espiñeira de 11 m de lonxitude a 20 kV sobre torres metálicas tipo «arce» en conductor L.A.R.L.-156.

-L.M.T. subterránea Sub. Foz-Espiñeira a C.T. de caseta da Espiñeira de 350 m de lonxitude baixo tubo de polipropileno expandido en conductor D.H.V.

-C.T. intemperie de Espiñeira de 100 kVA de potencia e relación 20.000/k380-220 V.

-R.B.T. aérea de 50 m de lonxitude sobre apoios de formigón en conductor R.Z. para a conexión do C.T. de intemperie de Espiñeira ás liñas actuais de B.T.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións que, segundo o sinalado no artigo 54, levará implícita en todo caso a necesidade

de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os afectados do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa de sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse os proxectos de instalacións nesta Delegación Provincial (edificio administrativo, Ronda Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 24 de febreiro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

L.M.T. variante subestación Foz-Espiñeira (Foz e Barreiros)

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

(Plano nº 3)

Predio nºConcelloLugarCultivoPropietario (D./Dª)Enderezo Afección (m)

6FozFerragudePradoMª Jesús García LópezR/ Real, 3, 15003 A Coruña327 de voo

18FozEspiñeiraPradoMª Jesús García LópezR/ Real, 3, 15003 A Coruña1.005 de voo e 25 de apoio nº 8

2625