Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de repoboación forestal dos predios A Veliña, Fragacha, Preguntadoiro e outras nos termos municipais das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e Muras (Lugo).

O Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, regula no seu artigo 5 o procedemento para a declaración do impacto ambiental, establecendo no punto 2º do dito artigo a necesidade de someter a información

pública o estudio do impacto ambiental durante un período de 30 días hábiles.

Por todo isto,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de repoboación forestal dos predios A Veliña, Fragacha, Preguntadoiro e outras nos termos municipais das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e Muras (Lugo), durante un prazo de 30 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. Para os oportunos efectos informativos, poñeranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña, edificio Servicios Múltiples, Salvador de Madariaga s/n, 15008 A Coruña.

Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo, Ronda da Muralla, 70, 27002 Lugo.

As alegacións formularanse durante e prazo de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 1999.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural