Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 13 de abril de 1999 Páx. 4.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal de Valdoviño, en sesión celebrada o día 12 de marzo de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Valdoviño para a supresión dunha vía transversal á rúa Atios. O que en cumprimento do artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, se somete a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio, para que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Valdoviño, 15 de marzo de 1999.

Elisa Garrido Cantarero

Alcaldesa