Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas, faise público que por resolución do presidente do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia do 13 de decembro de 1998, o contrato que ten por obxecto a subministración de GPS para o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia adxudicóuselle á empresa Sutop (Sutega de Topografía) por un importe de sete millóns novecentas setenta e cinco mil pesetas (7.975.000 ptas.) IVE incluído.
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1999.
Antonio Crespo Iglesias
Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

