Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VAL DO DUBRA

ANUNCIO de licitación.

De acordo co disposto na LCAP, anúnciase o concurso con procedemento aberto e de tramitación urxente, da obra incluída no Plan Provincial de Obras e Servicios 1998, conforme o prego de cláusulas administrativas xerais aprobado polo Pleno da deputación provincial na sesión que se celebrou o día 27 de maio de 1996 e publicados no BOP nº 123, do 30 de maio, e modificación puntual dos citados pregos, aprobada polo Pleno en sesión do día 28 de novembro de 1996, e publicada no BOP nº 282, do 9 de decembro.

1. Obxecto e tipo de licitación.

Adxudicación das obras incluídas nos proxectos de obra seguintes:

Denominación: pavimentación de rúas en Maxais.

Tipo licitación: 5.955.229.

2. Prazo de execución.

O prazo de execución será de seis meses desde a formalización do contrato.

3. Fianza provisional.

Fíxase no 2% do orzamento de licitación.

4. Fianza definitiva.

Fíxase no 4% do importe da adxudicación.

5. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 13 días naturais, contados desde a última publicación no BOP ou DOG. Se o último día natural cadrase en sábado, o prazo trasladarase o día seguinte hábil.

6. Apertura de proposicións.

Terá lugar ás 12 horas do quinto día hábil a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. Se cadrase en sábado, trasladarase ó seguinte día hábil.

7. Modelo de proposición e documentación.

As proposicións presentaranse en dous sobres, A e B:

-Sobre A: subtitulado «Oferta económica».

Conterá a proposta económica formulada estrictamente conforme o seguinte modelo:

Don/Dona..., con domicilio en...rúa..., nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de...DNI ou CIF nº...e con domicilio en..., rúa ..., nº..., teléfono...), toma parte no procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de..., para o cal fai constar:

1. Que ofrece un prezo de...ptas., que significa unha baixa de...ptas. en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que presenta a documentación esixida no prego de condicións.

En...o...de....de...19....

O/a licitador/a (asinado e rubricado).

-Sobre B: subtitulado «Documentación».

Conterá a documentación especificada nos pregos.

-Sobre C: subtitulado «Referencias técnicas».

Conterá a documentación especificada nos pregos.

Val do Dubra, 15 de marzo de 1999.

Juan Manuel Baleato Iglesias

Alcalde