Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.619

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1999 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da obra de reforma da sala de caldeiras de calefacción, A.C.S. e vapor e a súa adaptación para combustible de gas natural na C.I. Príncipe Felipe.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da referida obra, por importe de 20.399.606 pesetas (122.604,10 euros).

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: grupo I, subgrupo 2; categoría d.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Tfno. 986 80 41 01.

Pontevedra, 8 de abril de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado