Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 20 de abril de 1999 Páx. 4.620

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1999 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa de diversas obras de fondos propios 1999.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante poxa, das seguintes obras:

1. C.P. PO-2107 Parada-Vilariño (Nigrán), por importe de 13.400.000 pesetas, 80.535,62 euros, IVE incluído.

2. C.P. PO-2904 Redondela-A Portela (Redondela), por importe de 8.500.000 pesetas, 51.086,03 euros, IVE incluído.

3. C.P. PO-0208 A Insua-Chaín (Ponte Caldelas), por importe de 10.000.000 de pesetas, 60.101,21 euros, IVE incluído.

4. C.P. PO-0305 Ermidas-Pigarzos (A Lama), por importe de 11.500.000 pesetas, 69.116,39 euros, IVE incluído.

5. C.P. PO-0104 Ramal de Figueirido (Vilaboa), por importe de 5.383.560 pesetas, 32.355,85 euros.

6. C.P. PO-6513 Piñeiro-Lamela (Silleda), por importe de 11.000.000 de pesetas, 66.111,33 euros.

7. C.P. PO-6005 Prado-Dobaño (Lalín), por importe de 11.999.999 pesetas, 72.121,45 euros.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación. Definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 8 de abril de 1999.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado