Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.626

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 99/1999, do 8 de abril, polo que se desafectan do dominio público diversos inmobles das antigas cámaras agrarias locais de Monfero, Oroso, Ponteceso, Santiago de Compostela, Santiso, Abadín, Antas de Ulla, Ourol, Trabada, Baltar, O Irixo, Porqueira, Cangas e Poio.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu punto tres establece que: «o Consello da Xunta, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garan

tida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario. A dita cesión requirirá informe favorable da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes».

Tendo en conta as solicitudes de cesión de uso presentadas, así como os informes favorables da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 21 de xuño de 1996 e do 26 de outubro de 1998, foi tramitado pola Consellería de Economía e Facenda, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 3/1985, expediente de desafectación do dominio público de varios inmobles.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de abril de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctanse do dominio público os bens descritos a continuación:

1. Edificio de planta baixa e alta, con 234 m construídos, que se asenta sobre un soar no lugar de Rebordelo, nº 9, parroquia de San Fiz, municipio de Monfero (A Coruña), de 619 m en total. Linda: norte, Manuel Bouza Deive; sur, Herminia Rejo Sanjuan e Hilda-Azucena Cachaza Rejo; leste, estrada de Vilar a Curtis, nunha liña de 13,40m; e oeste, camiño público.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontedeume no tomo 648, libro 41, folio 112, predio nº 5.433, inscrición 3ª.

2. Local nº 3 do edificio Mirasol, portais VII-VIII-IX, edificado na parcela quinta fase, sito no lugar de Sigüeiro, municipio de Oroso (A Coruña): local comercial nº 3 na planta baixa. Superficie útil, 51,88 m. Linda: norte, portal IX e local comercial nº 2; sur, parcela fase sexta; leste, portal IX e a rúa do Deporte; e oeste, xardín e patio interior.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 619, libro 86, folio 87, predio nº 9.596, inscrición 3ª.

3. Local nº 4, do edificio Mirasol, portais X e XI, edificado na parcela sexta fase, sito no lugar de Sigüeiro, municipio de Oroso (A Coruña): local comercial nº 1 na planta baixa. Superficie útil, 136,77 m. Lindeiros: con inclusión do núcleo de portal X e escaleiras: norte, Edificio Mirasol portais VII-VIII-IX; sur, local comercial nº 2 (nº 5); leste, a rúa do Deporte; e oeste, patio axardinado.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 628, libro 89, folio 1, predio nº 9.688, inscrición 3ª.

4. Edificio de planta baixa e alta que ocupa a superficie total do seu soar de 150 m, situado no lugar de Trabe, parroquia de Tella, municipio de Ponteceso (A Coruña). Linda: norte, rúa de acceso ás vivendas do Grupo Escolar; e sur, leste e oeste, predio matriz, concello.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Carballo no tomo 865, libro 116, folio 199, predio nº 10.006, inscrición 3ª.

5. Predio nº 381 do plan xeral de concentración parcelaria da zona de Santa María de Villestro, no sitio de Sandomil, municipio de Santiago de Compostela (A Coruña), de 3.708 m de extensión. Linda: norte, masa común (382); sur, Francisco Villaverde e outros, hoxe Domingo Freire Caamaño; leste, Pedro Castiñeiras Tarrío e outros (379); e oeste, camiño da concentración parcelaria.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela, no tomo 962, libro 10, folio 66, predio nº 804, inscrición 3ª.

6. Predio nº 382 do plan xeral de concentración parcelaria da zona de Santa María de Villestro, no sitio de Sandomil, municipio de Santiago de Compostela (A Coruña), de 6.685 m de extensión. Linda: norte, Carmen Baliñas García, rego no medio; sur, José Freire López; leste, Pedro Castiñeiras Tarrío e outros; e oeste, camiño da concentración parcelaria.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela, no tomo 1203, libro 245, folio 14, predio nº 23.040, inscrición 1ª.

7. Predio nº 457 do plan xeral de concentración parcelaria da zona de San Cristovo de Enfesta, no sitio de Carabas de Afora, municipio de Santiago de Compostela (A Coruña), de 10.319 m de extensión. Linda: norte, Pilar Suárez Piñeiro; sur, Jesusa Picón Liste e camiño de concentración; leste, Andrés Cruz Seijo; e oeste, Jesusa Picón Liste e Aurelio Vidal Ríos.

8. Edificio de planta baixa situado na parroquia de Arcediago, municipio de Santiso (A Coruña), que ten unha superficie construída de 86 m aproximadamente, sobre un soar de 108 m, resultante da agrupación de dous predios de 36 m e 72 m. Linda o novo predio agrupado: fronte; estrada da deputación provincial; esquerda entrando, antiga Casa do Concello; dereita entrando, Ramón Eladio Guerreiro Pereiro; e fondo, Ovidio Joaquín Mouriño Cao.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 562, libro 30, folio 91, predio nº 5.028, inscrición 1ª.

9. Edificio de planta baixa e alta que ten unha superficie total contruída de 235 m, que ocupa 118 m do soar sobre o que se asenta que ten un total de 180 m, situado na Avda. do Xeneralísimo, nº 19, hoxe nº 39, termo municipal de Abadín (Lugo). Linda: dereita entrando e fondo, Dictino Ares Ares;

esquerda, Fidel Vidal Requeijo; e fronte, coa Avda. do Xeneralísimo.

10. Edificio de dúas plantas, baixo e primeiro cunha superficie total construída de 183 m, asentado sobre un predio denominado Nabal de Seoane ou de Porta, situado na parroquia e municipio de Antas de Ulla (Lugo), de forma rectangular, que ten 9,2 m de fondo por 10 m de fronte, é dicir unha superficie de 92 m. Linda: norte, estrada; sur, leste e oeste, predio matriz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Chantada no tomo 582, libro 57, folio 214, predio nº 10.610, inscrición 3ª.

11. Edificio de planta baixa e soto, que ocupa 91 m dun soar de 770 m, nas inmediacións do lugar do Mesón do Castelo, marxe dereita da estrada que de Ourol conduce á Feira do Carme, na parroquia e concello de Ourol (Lugo), hoxe Ourol nº 20. Linda: norte, Cándido García Pardo; sur, herdeiros de Francisco Chao de Arriba, hoxe Amelia Chao Chao; leste, dos de Ramón Rodríguez Gómez, hoxe herdeiros de María Rodríguez; e oeste, a antedita estrada de Ourol á Feira do Carme ou a Xerdiz.

12. Edificio que ocupa os 120 m de superficie do seu soar, destinado a almacén e oficinas que consta de planta baixa e un piso, e que ten unha superficie total construída de 245 m. Está situado na rúa das Escolas, nº 10, do municipio e vila de Trabada (Lugo). Linda: norte e oeste, con máis do doante ou resto do predio matriz, hoxe José Rocha Gasalla; sur, escolas e terreos do concello; e leste, rúa das Escolas ou estrada de Trabada a Vilapena.

13. Predio de 200 m sobre o que se atopa construído un edificio de planta baixa, no lugar de Campo da Penela, municipio de Baltar (Ourense). Linda: norte, estrada; sur, camiño de Baltar a Canella da Moa; leste e oeste, predio matriz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia no tomo 514, libro 59, folio 128, predio nº 7.213.

14. Edificio de planta baixa situado no lugar da Ponte, s/n, municipio do Irixo (Ourense), que ocupa 171 m do soar sobre o que se asenta que ten unha superficie total de 300 m. Estrema: norte, José López Marnotes e José Benito Adán González; sur, praza pública; leste, Andrés Novoa Des; e oeste, Casa do Concello do Irixo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade do Carballiño no tomo 444, libro 37, folio 46, predio nº 4.934.

15. Predio de 354 m, chamada Merestal, sobre o que se atopa construído un edificio de planta baixa, no municipio de Porqueira (Ourense). Linda: norte, Manuel Blanco e Juan Peaguda; sur, estrada; leste, Fermín Fernández e Antonio Quintas; e oeste, Francisco Rodríguez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia no tomo 506, libro 41, folio 168, predio nº 6.312.

16. Primeira planta alta, do edificio sinalado co nº 4 na rúa de Cuba (antes Paseo de Castelao), na vila e municipio de Cangas (Pontevedra). Ocupa unha superficie útil de 195,25 m. Ten o seu acceso a través das escaleiras que se forman na planta baixa. Linda, tomando como referencia a rúa Cuba: fronte ou norte, a devandita rúa; costas ou sur, rúa sen nome e despois serradoiro de madeira dos herdeiros de José Solla Graña; esquerda, é dicir, leste, espacio público urbanizado denominado rúa Areal; dereita ou oeste, outra rúa e en fronte casa do concello e terreo anexo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra no tomo 1.384, libro 188, folio 188, predio nº 16.563, inscrición 1ª.

17. Edificio de planta baixa e alta que ocupa 158 m do predio de labradío sobre o que se asenta que ten unha extensión total de 187 m, no lugar do Casal, hoxe rúa do Casal nº 10, parroquia de San Xoán, municipio de Poio (Pontevedra). Estrema: norte, casa principal do Casal; sur, estrada de Campelo; leste, Manuel Torres Casas, valo no medio; e oeste, resto do predio matriz.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra no tomo 1.385, libro 106, folio 161, predio nº 9.249, inscrición 1ª.

Artigo 2º

Os inmobles anteriormente descritos adquiren natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, oito de abril de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda