Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 19 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/2-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. derivación a Nogueiró.

Situación: Salvaterra de Miño.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 545 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio 211 da L.M.T. A Serradela-O Outeiro ata o C.T. existente de Nogueiró, concello de Salvaterra de Miño.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar

posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 19 de febreiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/2. Provincia: Pontevedra.

L.M.T. derivación a Nogueiró.Termo municipal: Salvaterra de Miño.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2CalbonViñedoMª del Pilar Alonso DomínguezHispanidad, 74-6A

36203 Vigo

990

3CalbonViñedoPrudencio Fernández NúñezCorzáns-Meder, s/n

36457 Salvaterra de Miño

1060

5CalbonViñedoAlejandra Garrido FernándezO Outeiro-Meder, s/n

36457 Salvaterra de Miño

550

25CombroHortaFlorencio Lamas GilNogueiró-Meder, s/n

36457 Salvaterra de Miño

210