De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións de modificado trazado da L.M.T. Laracha-Albite (expediente 118/1994) entre os apoios nº 8 e 12, nunha lonxitude de 635 m en conductor LA-110.
Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Albite. Nos termos municipais de Laracha e Arteixo. (Expediente 22/1999).
En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.
Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
A Coruña, 11 de marzo de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 22/99. Provincia: A Coruña.
L.M.T. subestación Laracha-C.T. Albite.Termo municipal: Arteixo.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
Varela 15145 Arteixo47/1 Os Marcos Prado Hrdos. José Brandón
Barreira, 8
16 160
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Expediente: 22/99. Provincia: A Coruña.
L.M.T. subestación Laracha-C.T. Albite.Termo municipal: Laracha.
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
15145 Laracha38 O Petón Prado José Ríos Varela Avda. Fisterra, 125
66 1056
PREDIOS PROPIETARIOS AFECCIÓN
Solo Voo
Nº Lugar Cultivo Nome e apelidos Enderezo nº apoio m ml m
15145 Laracha
15145 Laracha
15145 Laracha39 O Petón Monte alto José Ríos Varela Avda. Fisterra, 125
9 2 66 1056
40 O Petón Prado José Ríos Varela Avda. Fisterra, 125
9/1 2 40 640
41 Os Marcos Labradío Manuel Lago Rabuñal Río Torto-Toras, 8
61 976

