Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/336-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. A Mata II.

Situación: Cabana de Bergantiños.

Descricións técnicas: expediente 336/98. Liñas eléctricas aéreas de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. De 3.285 m de lonxitude, con orixe no C.T. A Mata II e que discorren polos lugares da Mata, Mato Vello e Folgoso. De 1.920 m de lonxitude, con orixe no C.T. Canteira-Martices e que discorren polos lugares de Martices, Ameixenda e Doeña. De 750 m de lonxitude, con orixe no C.T. A Pedra e que discorren polo lugar da Pedra. Cabana de Bergantiños.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 12 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña