En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de acondicionamento da
marxe dereita do río Miño ó seu paso por Salvaterra de Miño (Pontevedra) e promovido pola Confederación Hidrográfica del Norte.
2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Pontevedra.
* Concello de Salvaterra de Miño.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1999.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental

