Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 21 de abril de 1999 Páx. 4.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1999 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso de proxecto e execución con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras que se citan. (Clave OH.315.444 e dúas máis).

A) Obra.

1. Saneamento integral de Bergondo-primeira fase. (Bergondo-A Coruña).

Clave: OH.315.444.

Orzamento: douscentos vinte millóns de pesetas (220.000.000 de ptas., equivalentes a 1.322.226,630 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d. Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Colectores xerais e E.D.A.R. de San Martiño-Manzaneda. (Manzaneda-Ourense).

Clave: OH.332.350.

Orzamento: cento sesenta e cinco millóns de pesetas (165.000.000 de ptas., equivalentes a 991.669,972 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo K, subgrupo 8, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Saneamento de Alfoz e Ferreira do Valadouro. (O Valadouro e Alfoz-Lugo).

Clave: OH.327.293.

Orzamento: trescentos trinta e seis millóns seiscentas noventa e tres mil seiscentas dezaseis pesetas (336.693.616 ptas., equivalentes a 2.023.569,387 euros).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e. Grupo K, subgrupo 8, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de intesese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no letra A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2º do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (modificado polo artículo 77 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, BOE do 31 de decembro), e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día vinteseis (26) de maio de 1999.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día sete (7) de xuño de 1999.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia