A Alcaldía-Presidencia, con data do 9 de abril do presente ano, resolveu:
1. Aprobar inicialmente a modificación da delimitación do polígono E6.01 do documento de revisión e adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña, excluíndo desta 56,12 m e incluíndo 43,65 m.
2. Ordena-la súa publicación durante o prazo de vinte días, con citación persoal ós propietarios afectados.
O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 13 de abril de 1999.
O alcalde
P.D.
Salvador Fernández Moreda

