NO BOP número 89, do 21 de abril de 1998, e no Diario Oficial de Galicia número 119, do 23 de xuño do mesmo ano, publicáronse as bases específicas reguladoras para a provisión, en propiedade, quenda de promoción interna, dunha praza de cabo da policía local.
O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 1998, dispuxo a rectificación das bases referidas no sentido seguinte:
Engádeselles unha nova base que dirá o seguinte:
«Para tomar parte nestas probas selectivas os aspirantes deberán aboar dereitos de exame, que serán de 1.000 ptas».
Ademais, o aspirante que obtivese a maior puntuación terá que supera-lo curso de aptitude na Academia Galega de Seguridade, tal como establece o artigo 25.5º da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, previamente ó seu nomeamento.
Ferrol, 15 de outubro de 1998.
O alcalde
Rubricado

