Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.769

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

TRIBUNAL ECONÓMICO ADMINISTRATIVO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

ACORDO do 24 de marzo de 1999 polo que se notifica a providencia de emprazamento na reclamación económico-administrativa 830-C 98/5 interposta por José Barbosa Pérez.

Intentada inutilmente a notificación domiciliaria do emprazamento correspondente á reclamación económico-administrativa interposta por José Barbosa Pérez (enderezo: Avda. do Porto s/n, Sada, A Coruña), Rfa.: 830-C 98/5, procédese á súa publicación de acordo co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dos artigos 83 e 86 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas.

Este tribunal comunícalle que dispón dun prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ó desta publicación, para examina-lo expediente económico-administrativo incoado á súa instancia (tarifa E-2, marzo 1998).

No antedito prazo poderá formular escrito de alegacións, presentar probas e achega-los documentos e dictames a que se refire o artigo 90 do Real decreto 391/1996, do 1 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de procedemento nas reclamacións económico-administrativas (BOE nº 72, do 23 de marzo).

Poderá examina-lo dito expediente nas dependencias desta secretaría situadas na Consellería de Economía e Facenda (1ª planta, Dirección Xeral de Tributos).

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1999.

Susana Benedeti Corzo

Secretaria do tribunal