Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión con data do 12 de marzo de 1999, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para a creación dun sector de solo apto para urbanizar en Pedras Brancas-Guísamo, redactado polo arquitecto José Mantiñán Soler.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, de nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se coiden pertinentes. O expediente poderá ser consultado nas oficinas municipais deste concello.

Bergondo, 22 de marzo de 1999.

José Carabel Balsa

Alcalde-presidente