Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 22 de abril de 1999 Páx. 4.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da execución das obras do proxecto de acondicionamento da área delimitada polo castelo de San Sebastián e a Casa do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Urbana, Patrimonio e contratación. Nº expediente 11967/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras do proxecto de acondicionamento da área delimitada polo castelo de San Sebastián e a Casa Consistorial de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: sete meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 62.951.624 ptas. (378.346,88 euros).

5. Garantías: provisionais: dispensada.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n. 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C; subgrupo todos, categoría d.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia. Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións. Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio. Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 9 de abril de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde