De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o ingreso ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos (grupo A) levada a efecto pola Orde do 4 de xuño de 1998 (DOG nº 121, do 25 de xuño) e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta
de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose como anexo da presente orde.
Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no DOG, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública os documentos a que se refire a base V.I. da orde de convocatoria.
Terceiro.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da publicación desta
no Diario Oficial de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 1999.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia e Administración
Pública
ANEXO
DNI Apelidos Nome Puntuación
33.296.166 Aguilar Vázquez Nuria 53,41 34.979.681 Alberte Aparicio Eva 53,87 33.320.260 Andión Hermida Esteban 71,67 34.261.625 Arias Burgos Carolina 56,92 32.829.871 Barriuso Noya Francisco J. 53,38 76.575.190 López Vizcaíno María Esther 53,92 33.322.272 Mateo Díaz Manuel 65,10 35.323.257 Miguélez Arrizado Concepción 54,79 33.319.991 Moyano Pérez Sara Isabel 52,91 32.805.391 Río Viqueira Isabel 57,00 33.286.276 Tarrío Tobar Ángel Luis 73,85

