Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.171

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a publicación do acordo regulador das condicións de traballo para o persoal funcionario ó servicio do Concello do Barco de Valdeorras en Ourense.

Visto o texto do acordo regulador das condicións de traballo para o persoal funcionario ó servicio do Concello do Barco de Valdeorras en Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito polos representantes do concello e polos representantes dos traballadores o día 9 de febreiro de 1999 e, de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 7/1990, do 19-7-1991, sobre negociación colectiva dos funcionarios públicos.

Esta delegación provincial

ACORDA:

A súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 30 de marzo de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acordo regulador das condicións de traballo para o persoal funcionario ó servicio do Concello do Barco de Valdeorras

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artículo 1º.-Ámbito persoal.

As normas contidas neste acordo aplicaránselles ós funcionarios de carreira, eventuais ou interinos do Concello do Barco de Valdeorras e, que, non afectarán por tanto, ó persoal que sexa contratado para facer substitucións nin ó contratado para traballos determinados.

Artículo 2º.-Ámbito temporal.

Este acordo regulador terá unha vixencia desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1999 e prorrogarase automaticamente ata ser substituído por outro novo.

Denuncia: calquera das partes asinantes do acordo poderá realiza-la súa denuncia comunicándollo por escrito á outra parte con dous meses de antelación á finalización da súa vixencia.

Así mesmo, con dous meses de antelación á finalización da duración do acordo, as partes asinantes comprométense a manter unha reunión para constituí-la comisión negociadora e establecer un calendario de reunións para a próxima negociación.

Capítulo II

Garantías

Artigo 3º

As condicións recollidas neste acordo forman un todo orgánico e indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán considerados global e conxuntamente, quedando subordinados a calquera disposición xeral de rango superior que puidera ter efectos máis favorables para os empregados públicos.

As melloras deste acordo poderán ser compensadas e absorbidas en cómputo anual con aqueloutras melloras iguais ou equivalentes que, dentro do seu ámbito temporal, puideran establecerse por disposición legal.

Artigo 4º

Quedan reservadas á negociación colectiva todas aquelas materias que directa ou indirectamente afecten ás condicións de traballo do persoal deste concello, particularmente: as retribucións, oferta de emprego, sistemas de selección, promoción e provisión de postos de traballo, xornada laboral, calendario de vacacións, réxime disciplinario, xestión de servicios e métodos de traballo, seguridade e hixiene e dereitos sindicais e de participación.

Artigo 5º.-Comisión de control.

Despois da súa aprobación, no prazo máximo de 30 días constituirase unha comisión de control para o seguimento do acordo, composta por 4 membros: 2 en representación do concello e outros 2 dos representantes legais dos funcionarios.

Cando se trate de asuntos relativos ó fondo social, a reunión será conxunta para o convenio e o acordo.

A comisión deberá estar presidida por quen designen as partes de mutuo acordo e polo mesmo procedemento será designado o secretario. Cada unha das partes pode estar asistida polos seus asesores. Cada unha das partes poderá presentar perante a comisión de control do acordo os diferentes conflictos e irregularidades que poidan xurdir da interpretación e aplicación do acordo, co fin de que a comisión emita o dictame e, consecuentemente, utilice as medidas legais que procedan. Esta comisión reunirase por petición de calquera das partes dentro das 48 horas seguintes ó da súa comunicación.

As súas funcións consistirán na emisión de dictames sobre os seguintes temas:

a) Interpretación dos artigos ou cláusulas deste documento.

b) Vixilancia do cumprimento do acordo.

c) Actualización das normas do acordo e ordenanzas, estudiando a necesidade da súa incorporación e procedéndose en consecuencia.

d) Cantas outras actividades leven á eficacia práctica do acordo.

e) Cadros de persoal e postos de traballo.

As funcións ou actividades desta comisión non impedirán en ningún caso o libre exercicio da xurisdicción administrativa e contenciosa prevista na lexislación vixente.

A comisión de control elaborará as súas propias normas de funcionamento interno e o seu calendario de reunións. Os acordos tomaranse por unanimidade ou por acordo conxunto de ámbalas partes.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 6º

A organización práctica do traballo será competencia do alcalde, a quen lle corresponde a iniciativa con suxeición á lexislación vixente. Cando diso se deriven

repercusións sobre as condicións de traballo dos empregados públicos, procederá a negociación cos representantes dos traballadores, de conformidade cos artigos 30 e 31 da Lei 9/1987. O alcalde está facultado para delega-las súas competencias.

Artigo 7º.-Clasificación profesional.

A clasificación profesional ten por obxecto a determinación, ordenación e definición das diferentes categorías que poidan ser asignadas ós empregados públicos.

Artigo 8º.-Traballos de superior categoría.

A realización de traballos de superior e inferior categoría responderá a necesidades excepcionais, imprevisibles e perentorias e durará o mínimo tempo imprescindible.

a) A adscrición dun funcionario a un posto de superior categoría faraa a alcaldía, con comunicación ós delegados sindicais dos funcionarios.

A percepción das retribucións complementarias (complemento específico e destino) faranse efectivas desde o primeiro día e proporcionalmente ó número deles traballados.

b) Ningún funcionario poderá realizar traballos de categoría inmediatamente inferior durante un período superior a quince días, tendo en conta, ademais, o establecido no punto 4º, artigo 23 do Estatuto dos traballadores. Transcorrido o período citado, o funcionario non poderá volver ocupa-lo posto de categoría inferior ata transcorrido un ano e en ningún caso poderán diminuí-las retribucións.

c) Os postos cubertos por estes sistemas incluiranse obrigatoriamente na seguinte oferta de emprego.

Artigo 9º.-Segunda actividade.

A corporación e os representantes legais dos funcionarios concretarán, dentro das medidas de reorganización, os postos de traballo que poden ser considerados aptos para a creación dunha escala auxiliar dentro da relación de postos de traballo. Trala aprobación deste acordo formarase tal escala auxiliar, definindo as funcións que deban ser realizadas polo persoal que se adscriba a tales postos. A iso tamén se adscribirá o persoal que teña minguadas as súas facultades e fora considerado así polos servicios médicos competentes e os maiores de 55 anos. O persoal pasará á escala auxiliar no caso seguinte: por incapacidade para o exercicio da súa función habitual.

Todo o persoal que pase á escala auxiliar conservará o total de retribucións que viña percibindo.

Artigo 10º

No caso de que un funcionario presente incapacidade manifesta para o exercicio das súas funcións poderá solicita-la súa xubilación por invalidez ou ben o concello tramitala de oficio, sen prexuízo de situacións de segunda actividade. Neste caso o concello farase cargo da diferencia que exista entre a súa pensión e o que viña cobrando. Esta cantidade será fixa, non terá ningunha revalorización e aboarase ata que o traballador reúna os requisitos para a xubilación forzosa. No caso de que lle sexa denegada a xubilación polos organismos competentes, o funcionario poderá solicita-la xubilación voluntaria, producíndose os mes

mos efectos económicos que os sinalados anteriormente. Para evitar fraudes, o funcionario que se queira acoller a estes dereitos pasará as probas e os exames que o concello considere convenientes, e con cargo ó propio concello.

Artigo 11º

A empregada pública embarazada terá dereito a que, se o posto de traballo que desempeña é prexudicial para o seu estado, se lle encomenden funcións de acordo coas súas circunstancias.

Capítulo IV

Ingreso, promoción e provisión de postos

Artigo 12º.-Ingreso.

1. Logo de negociación cos representantes legais dos traballadores o concello aprobará, no prazo dun mes desde a aprobación dos orzamentos municipais, a súa oferta de emprego público que conterá obrigatoriamente tódalas prazas vacantes e que será convocada durante o primeiro trimestre do ano.

A oferta de emprego público reservará:

a) A porcentaxe mínima que a lei prevé para a incorporación dos diminuídos ó emprego público.

b) Un 20% para a mobilidade de traballadores doutras administracións locais de Galicia que, a título de reciprocidade, teñan recoñecido tal dereito, agás do establecido sobre mobilidade entre policías locais de Galicia (LCPLG).

c) A porcentaxe máxima para a promoción interna.

2. A oferta de emprego público será negociada cos representantes legais dos traballadores, os cales participarán na elaboración e redacción das bases reguladoras de cada convocatoria. Os procedementos de selección, contratación, promoción e provisión realizaranse mediante convocatoria pública e baixo os principios de igualdade, mérito e capacidade.

3. O ingreso no Concello do Barco de Valdeorras realizarase por calquera dos sistemas establecidos na lexislación vixente.

4. A contratación laboral en réxime de duración temporal responderá a necesidades conxunturais e puntuais. Os sistemas de ingreso e selección serán os establecidos con carácter xeral neste acordo, aténdose ó establecido no artigo 12º.2 e 12º.3.

Artigo 13º

Os delegados sindicais dos funcionarios designarán un vocal nos tribunais de selección, que actuará con voz e voto, e que deberá ser de igual ou superior categoría ó da praza convocada.

Artigo 14º.-Promoción interna.

O concello comprométese a reserva-la porcentaxe máxima de prazas que a lei prevé para a promoción interna. O sistema de promoción será o de concurso-oposición, no cal a fase do concurso será valorada co 45% da puntuación total do concurso-oposición.

Nestes casos non se esixirán os coñecementos previamente acreditados en probas anteriores de ingreso ou outras posibles promocións internas.

Os delegados sindicais dos traballadores participarán de igual maneira á sinalada nos artigos 12º e 13º.

Artigo 15º.-Provisión de postos.

O sistema de provisión de postos de traballo será o seguinte:

a) Mediante concurso ou concurso-oposición segundo a lei, que será o sistema normal de provisión. As escalas destes concursos serán aprobadas polo órgano competente, despois da súa elaboración, con participación dos delegados sindicais dos funcionarios, e deberá conte-los seguintes criterios: nivel de complemento de destino, méritos académicos, antigüidade e méritos profesionais.

b) Mediante libre designación: proveranse mediante este sistema os postos de traballo vinculados dunha maneira directa á alcaldía.

Artigo 16º

En todo caso estas escalas e probas serán elaboradas conxuntamente cos delegados sindicais que formarán parte dos comités de avaliación, designando un representante. Estes comités de avaliación terán a seguinte composición:

Presidente: o alcalde ou membro da corporación en quen delegue.

Vocais: concelleiro responsable do réxime interior ou membro da corporación en quen delegue; concelleiro delegado da área ou persoa en que delegue, xefe administrativo da área da praza que é obxecto de concurso ou funcionario en quen delegue e un funcionario elixido polos delegados sindicais dos traballadores.

Secretario: o da corporación ou funcionario en quen delegue.

Capítulo V

Vacacións, permisos, licencias e excedencias

Artigo 17º.-Vacacións.

As vacacións anuais retribuídas terán unha duración dun mes natural e desfrutaranse preferentemente nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, coa única excepción da policía local, que serán os meses de xuño, xullo e agosto.

Se por necesidade do servicio o funcionario non puidese desfruta-las súas vacacións nos meses sinalados, terá dereito a fixar estas á súa elección, agás nos casos de forza maior, e a desfrutar de 37 días naturais.

Non obstante o funcionario poderá solicitar da alcaldía desfruta-las súas vacacións nun mes diferente ós sinalados no parágrafo primeiro. Poderase acceder ó solicitado, sen que iso produza dereito a desfrutar dos días adicionais, sempre e cando as necesidades do servicio o permitan.

O plan de vacacións elaborarase antes do día un de abril de cada ano para a súa negociación cos delegados sindicais.

Artigo 18º.-Permisos.

Concederanse permisos polas seguintes causas xustificadas:

a) Por nacemento ou adopción de fillos: catro días; en caso de adopción soamente un dos cónxuxes poderá desfruta-lo permiso.

b) Por morte ou enfermidade grave dun familiar de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade: catro días, se o suceso se produce na mesma localidade e cinco se se produce en localidade distinta. Se o parentesco é de segundo grao terase dereito a dous días menos que os sinalados anteriormente.

c) Por traslado de domicilio: dous días.

d) O funcionario cun fillo menor de nove meses terá dereito a unha hora de ausencia do traballo. Este período de tempo poderase dividir en dúas fraccións ou substituírse por unha reducción de xornada en media hora.

e) Quen por garda legal teña ó seu cargo algún menor de seis anos ou un diminuído físico, psíquico ou sensorial, terá dereito a unha reducción de xornada nun tercio ou a metade, con deducción proporcional de retribucións. Tamén poderán acollerse a este dereito os funcionarios públicos que teñan ó seu cargo familiares en primeiro grao que por razóns de enfermidade precisen asistencia continuada.

f) Para concorrer a exames ou probas de avaliación en centros oficiais, o día da súa celebración e o necesario para concorrer a este xustificadamente.

g) Durante o tempo que duran os congresos ou reunións de carácter profesional ou sindical, coa debida xustificación e ata un máximo de 8 días ó ano, en función das necesidades do servicio.

h) Por asuntos propios, sen xustificación, 9 días ó ano, nos termos previstos na lexislación vixente.

i) Para o cumprimento dun deber público de carácter ineludible, o tempo mínimo imprescindible.

j) Logo de aviso e posterior xustificación o funcionario terá dereito ó tempo necesario para asistir á consulta médica.

Artigo 19º.-Licencias.

Concederanse as seguintes licencias:

a) Por matrimonio, licencia de 15 días naturais ininterrompidos.

b) En caso de enviuvar, o empregado público que teña fillos menores de 6 anos ou diminuídos que non desempeñen actividade retributiva ningunha terán dereito a 1 mes natural de licencia.

c) Licencia por parto ou adopción, nos casos previstos na lexislación xeral.

d) Por asuntos propios, como se determina no artigo 68.3º da Lei da función pública galega.

Artigo 20º.-Excedencias.

Regularanse de conformidade coa lexislación vixente.

Capítulo VI

Xornada, descanso

Artigo 21º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será a que legalmente se estableza e como máximo de trinta e sete horas e media semanais, e desenvolverase preferentemente en cinco días de luns a venres, a resultas do cadro horario que se negocie cos distintos servicios, de acordo coa natureza das súas funcións. O funcionario municipal que curse estudios terá preferencia para elixir quenda de traballo, se tal é o sistema que se segue no seu servicio. Este dereito está suxeito á acreditación deles e á obtención duns rendementos que avaliará a comisión de control.

Artigo 22º.-Descansos.

O funcionario municipal que teña xornada continuada terá dereito a desfrutar dun descanso de 20 minutos durante a súa xornada diaria que se computará para tódolos efectos como tempo de traballo efectivo.

O descanso entre xornada e xornada será como mínimo de 12 horas, o descanso semanal ininterrompido será como mínimo de día e medio, que se desfrutará preferentemente entre a tarde do sábado e o domingo.

A semana de festas, tanto no Cristo coma en Santa Rita, a xornada acabará unha hora antes.

Capítulo VII

Réxime de retribucións

Artigo 23º

Os funcionarios de carreira só poderán ser remunerados polos conceptos establecidos na lei e nas contías que se determinen na LOXE.

Pagas extraordinarias de productividade: serán dúas ó ano e terán a seguinte configuración: ás retribucións básicas sumaráselle o importe do complemento de destino e do complemento específico.

Serán satisfeitas conxuntamente coas nóminas de xuño e decembro.

Artigo 24º

O persoal funcionario contratado a tempo parcial será retribuído proporcionalmente baseándose nas horas traballadas.

Artigo 25º.-Gratificacións.

Establécese a prohibición, como norma xeral, de realizar traballos extraordinarios fóra da xornada normal agás as excepcións que sexan necesarias e cun tope máximo equivalente a 70 horas extraordinarias anuais; no caso de superar estas horas descansaranse a razón de dúas horas de descanso por cada hora traballada. Só se retribuirán aqueles traballos extraordinarios que foran antes autorizados pola alcaldía ou concelleiro delegado de persoal. Quedan exceptuados da regra anterior os traballos necesarios para previr ou amañar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, tendo que xustificarse neste caso, unha vez realizados, nun prazo non superior a 5 días hábiles. Cando exista a necesidade de realizar traballos extraordinarios repartiranse, se é posible, de maneira equitativa entre o colectivo afectado.

Mensualmente informaranse os representantes dos funcionarios de todo o que afecte ás gratificacións.

O importe de hora extraordinaria será o resultante da fórmula seguinte:

Salario bruto anual

-------------------------x1,75

Xornada anual

Para o cálculo da hora extra terase en conta no salario bruto anual o salario base e os complementos de destino e específico máis antigüidade.

Se tales traballos se realizan en horario nocturno ou festivo, as cantidades sinaladas incrementaranse nun 20%.

Artigo 26º.-Gratificación de nocturnidade.

O funcionario que realice a súa tarefa en horario nocturno percibirá por cada hora de traballo efectivo a seguinte gratificación:

(Retribución anual/xornada anual)x0,25.

Entenderase como hora nocturna a comprendida entre as 22 horas e as 7 horas do día seguinte.

Artigo 27º.-Gratificación de festividade.

Se se traballa en domingo ou festivo, o funcionario municipal será recompensado cunha gratificación equivalente á da nocturnidade.

Artigo 28º.-Traballos para outros concellos.

Se se traballa para outros concellos, recibirase a seguinte gratificación: (soldo máis trienios anual/xornada anual)x0,25.

Artigo 29º.-Revisión salarial.

Sempre que o incremento do IPC ó final do ano supere o incremento experimentado ó principio do ano polas retribucións do persoal, procederase a unha revisión salarial na contía do diferencial así calculado, sempre que a Lei de orzamentos xerais do Estado ou norma análoga non o prohíba expresamente.

Artigo 30º.-Retribucións en caso de baixa.

1. As enfermidades ou os accidentes non laborais que impidan a normal realización da función darán dereito á licencia con plenitude de dereitos económicos. O funcionario terá a obrigación de someterse ós controis médicos que considere convenientes a corporación e a facilita-las visitas médicas.

2. Accidente laboral. O traballador nesta situación cobrará a totalidade dos conceptos que lle corresponderían tal como se realizase a súa xornada normal, ou en caso de non estar provisto, a media das cantidades percibidas durante o ano.

Capítulo VIII

Dereitos sociais

Artigo 31º

Créase un fondo social único tanto para o acordo como para o convenio, dotado cunha cantidade anual de 4.000.000 de ptas., non acumulables para o exercicio seguinte.

Para a solicitude das axudas sociais abrirase un período comprendido entre o 1 e o 31 de decembro de cada ano e faranse efectivas durante o primeiro trimestre do ano seguinte.

A conta da axuda do fondo social será proporcional ó tempo traballado durante o ano; en caso de que as axudas solicitadas superen a contía do fondo, este repartirase proporcionalmente.

Non se cargarán neste fondo social as contías por anticipos, primas de seguros e xubilacións anticipadas.

Artigo 32º

O concello designará pola súa conta a defensa do traballador que, como consecuencia do exercicio das súas funcións, sexa obxecto de actuacións xudiciais, asumindo os custos e gastos que se deriven de actuacións fronte a terceiros, incluídas fianzas, menos nos casos en que se recoñeza na sentencia dolo, culpa, neglixencia grave ou mala fe.

O tempo que o funcionario público empregue nas actuacións xudiciais derivadas da súa función fóra da xornada laboral será considerado para tódolos efectos como tempo de traballo efectivo.

O concello garantirá a adscrición do funcionario público que preste os seus servicios como conductor a un posto de traballo axeitado ós seus coñecementos, en caso de retirada temporal ou definitiva do carné de conducir, cando esta se derive do exercicio das súas funcións e non exista dolo ou culpa do funcionario.

Artigo 33º

Por pedimento do interesado e logo de informe da comisión de control, o concello concederalles ós seus empregados anticipos de ata 4 mensualidades, cun tope máximo de 500.000 ptas., devolvéndose estes mediante deduccións mensuais en nómina, sen xerar xuro ningún. O prazo para a devolución será fixado polo interesado dentro dos seguintes máximos: 14 meses para os anticipos de 1 mensualidade; 24 meses para os anticipos de 2 mensualidades; 36 meses para os de 3 e 48 meses para os anticipos de 4 mensualidades. A cancelación dun anticipo antes da data de remate de devolución implicará para o interesado unha espera de 6 meses antes da concesión doutro novo anticipo.

Todo iso se entende en función das posibilidades orzamentarias e tralo preceptivo informe da Intervención municipal. A partida que o concello asignará para anticipos fíxase en 1.500.000 ptas. anuais.

Estas axudas solicitaranse no mes de decembro e concederanse atendendo sempre a unha determinada orde de prioridade.

Artigo 34º

Establécese unha axuda por natalidade (ou adopción legal), e nupcialidade na contía de 25.000 ptas.

Tamén se establece unha axuda por defunción do traballador en servicio activo, na contía de 150.000 ptas., que aboará á presentación da solicitude.

Estas axudas son independentes das que poidan conceder outros organismos.

Establécese unha axuda para o empregado municipal, cónxuxe e fillos, para gastos de odontoloxía, consistente no 50% do importe da factura oficial, sen que a dita a axuda poida superala contía de 25.000 ptas. por ano por beneficiario.

Establécese unha axuda para o empregado municipal, cónxuxe e fillos, para gastos de oftalmoloxía (lentes ou lentes de contacto graduados) consistente no 50% do importe da factura oficial, sen que a dita axuda poida supera-la contía de 25.000 ptas./ano por beneficiario, e só se aboará cando os gastos se deriven de modificacións das condicións oculares, debidamente acreditadas e non cando se deriven de perdas ou deterioración.

Establécese unha axuda para o empregado municipal, cónxuxe e fillos, para gastos de adquisición e implantación de próteses ortopédicas, auditivas, etc., e que non sexan cubertas pola Seguridade Social ou seguro de accidentes. A dita axuda será do 50% da factura oficial e non poderá supera-la contía de 20.000 ptas./ano por beneficiario.

Artigo 35º

O concello formalizará un seguro de cobertura das posibles responsabilidades civís de todo o persoal que preste os seus servicios nel, polos actos que realicen por razón do seu traballo. Este seguro será concertado cunha casa especializada e na determinación del será oída a comisión de control.

Artigo 36º

Establécese unha axuda para os empregados públicos que cursen estudios en centros de ensino oficial consistente no 80% do importe da matrícula. En caso de materias repetidas non asistirá tal dereito. Esta axuda é incompatible con calquera outra que teña a mesma finalidade. Así mesmo, establécese unha axuda de escolaridade que percibirá o funcionario público en servicio activo e por cada fillo matriculado en centro de ensino oficial e polas contías seguintes: ensino infantil, primario e EXB: 20.000 ptas./ano; BUP, COU, FP e acceso á universidade: 300.000 ptas./ano; universidade ou escola técnica: 60.000 ptas./ano.

Tamén se establece unha axuda para sufraga-los gastos de fillos menores de 4 anos, de 4.000 ptas./mes.

Artigo 37º

O funcionario público con cónxuxe ou fillo en situación de minusvalidez, incapacidade absoluta ou parcial superior ó 33% e que non realice traballos retribuídos, percibirá mensualmente a cantidade de 15.000 pesetas salvo que perciba pensión de minusvalidez ou incapacidade de organismo oficial, superior ó 75% do SMI.

Artigo 38º

O concello subscribirá un seguro coas seguintes coberturas: morte ou invalidez permanente absoluta ou total, sempre e cando neste último suposto o funcionario afectado non poida ser destinado a outro posto dentro dos existentes no concello, por calquera causa, durante as 24 horas do día, cobertura nacional e capital asegurado de 5.000.000 de ptas. Este seguro será concertado cunha casa especializada e na súa determinación será oída a comisión de control. O prazo para a súa concertación será de 3 meses desde a publicación do convenio; mentres tanto prorrogarase o anterior ata que o novo produza efectos.

Artigo 39º

O concello garantirá, en todo caso, o quebrantamento de moeda, sempre que non exista dolo ou culpa grave do funcionario.

Artigo 40º

Todo aquel funcionario público que prestase servicios no Concello do Barco de Valdeorras durante 25 anos, percibirá ó cumprimento destes e por unha soa vez en concepto de premio á constancia a cantidade 600.000 ptas. e 15 días de licencia.

Se calquera funcionario que se xubilara antes dos 25 anos de servicios pero teña máis de 20 traballados no Concello do Barco de Valdeorras percibirá polo mesmo concepto no momento de xubilarse a cantidade de 350.000 pesetas.

Artigo 41º.-Xubilación anticipada.

Os funcionarios municipais terán dereito a percibir unha prima por xubilación voluntaria anticipada de acordo coa seguinte escala: ós 60 anos: 3.000.000 de ptas.; ós 61: 2.000.000; ós 62: 1.500.000; ós 63: 1.000.000; ós 64: 500.000.

Esta prima poderá ser efectiva por pedimento do solicitante nun ou varios prazos.

O concello comprométese a cubrir tódalas vacantes que se produzan no seu cadro de persoal como consecuencia das xubilacións anticipadas.

Capítulo IX

Seguridade e hixiene

Artigo 42º

O concello constituirá un Servicio de Medicina de Empresa e un Comité de Seguridade e Hixiene.

Artigo 43º

O Servicio de Medicina de Empresa, nunha primeira fase, estará constituído por un médico que controle as baixas por enfermidade e todo o relacionado coas condicions médico-sanitarias dos empregados públicos, colaborando directamente co Comité de Seguridade e Hixiene. Este tipo de asistencia poderá ser concertada.

Artigo 44º

Con carácter xeral anualmente efectuarase un recoñecemento médico a tódolos empregados públicos, do que se lles deberá dar coñecemento. Quedará a xuízo do servicio médico o tipo de recoñecemento a que deba someterse o funcionario. Este recoñecemento, que será voluntario, realizarase preferentemente na xornada laboral.

Poderanse facer tamén revisións periódicas e específicas ó persoal que realice unha actividade que a faga coveniente.

Ademais do recoñecemento voluntario, os maiores de 50 anos poderán solicitar, con carácter voluntario, a realización dun exame cardiovascular.

Artigo 45º

O Comité de Seguridade e Hixiene é o instrumento legal ó servicio do concello para o cumprimento das prescricións legais nesta materia.

Artigo 46º

Estará constituído por dous representantes do grupo de goberno e dous dos traballadores (un funcionario e un laboral) e como presidente o concelleiro de réxime interior ou persoa en quen delegue.

Artigo 47º.-As súas funcións serán:

a) Promove-lo coñecemento e a observancia da normativa nesta materia.

b) Coñecer e recibir información dos riscos profesionais.

c) Estudio das situacións de perigosidade, accidentes ocorridos, analiza-las súas causas e realizar propostas motivadas de prevención.

d) Confeccionar un ficheiro de locais do concello e estudia-las súas condicións de seguridade e salubridade, para o que deberá contar cun máximo apoio da corporación.

e) Realización de campañas de mentalización e prevención de accidentes.

f) Poner en coñecemento dos órganos competentes as situacións de perigosidade e risco que se produzan de xeito eventual e con carácter de urxencia.

g) Promove-la paralización profesional de traballos ante a presencia dun risco grave ou inminente.

h) Realiza-los plans de evacuación.

i) Estudio do tipo e número de informes.

Artigo 48º

A competencia do Comité de Seguridade e Hixiene afecta a tódolos centros de traballo propios ou dependentes do concello.

As conclusión deste comité trasladaranse á comisión de control

Artigo 49º

O concello proporcionará uniformes de traballo en concordancia co posto e a función que se realice. O Comité de Seguridade e Gixiene informará antes desta materia. Só terán dereito ó uniforme os postos de traballo que esixan un vestiario especial.

Artigo 50º

Cada centro de traballo contará imperativamente cos medios precisos de primeiros auxilios en perfectas condicións de utilización en todo momento.

Artigo 51º

os membros do Comité de Seguridade e Hixiene disporán do tempo necesario para asistir ás reunións ou para realizaren os cometidos sinalados polo propio comité. O réxime de control será o mesmo que para o comité de empresa ou delegado de persoal.

Capítulo X

Dereitos sindicais

Artigo 52º

A corporación e os representantes legais dos funcionarios comprométense a desenvolve-las condicións que permitan o pleno exercicio da liberdade sindical.

Artigo 53º

A representación do persoal desenvolverase de conformidade coa Lei 9/1987 e a Lei orgánica de liberdade sindical e cantas disposicións desenvolvan esta materia.

Artigo 54º

É competencia dos representantes dos funcionarios a defensa dos intereses xerais e específicos dos fun

cionarios públicos, en particular a negociación das súas condicións salariais, sociais e sindicais. Os representantes dos funcionarios deberán ser informados:

a) Das cuestións que afecten ó persoal e vaian ser tratadas na comisión informativa de persoal. Enviarase orde do día e acta da reunión anterior. Permitirase na devandita comisión a presencia dos representantes legais dos funcionarios, para que expoñan as súas opinións, pero non estarán presentes na deliberación e votación.

b) Daráselle audiencia en materia de sancións e expedientes disciplinarios.

c) Informaráselle dos contratos de conformidade coa lexislación vixente.

d) Da asignación de complementos, gratificacións, honores e distincións.

Artigo 55º

Os representantes dos funcionarios terán a capacidade xurídica que o ordenamento xurídico lles outorga para o exercicio das accións administrativas ou xudiciais que procedan, no ámbito das súas competencias.

Artigo 56º

Os representantes dos funcionarios deberán ser consultados preceptivamente en relación cos cambios de horarios e quendas, agás modificación transitoria, así como na reestructuración do cadro de persoal e reorganización del.

Artigo 57º

Recoñécese o dereito de folga, de conformidade coa Constitución, e a súa normativa de desenvolvemento, aínda que as partes se comprometen a exercelo en último caso.

Artigo 58º

Os representantes legais dos funcionarios non poderán ser discriminados na súa promoción profesional ou económica. Ningún deles pode ser trasladado nin sancionado durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte á expiración do seu mandato, por motivos sindicais.

Cada un dos membros dos órganos de representación, así como o secretario xeral da sección respectiva e os delegados sindicais, disporán de 18 horas mensuais para a realización das súas actividades, coas seguintes especificacións:

a) Quedan fóra de cómputo as empregadas en negociación colectiva ou por proposta da Administración.

b) A comunicación do seu uso realizarase con 24 horas de antelación, 48 horas se se ten traballo a quenda, ante o servicio de réxime interior e no propio servicio. No caso de que non poida facerse así respectaranse as necesidades do servicio, pasando posteriormente notificación a réxime interior.

c) Tamén coa antelación que sexa posible, os membros de comisións negociadoras comunicarán nos seus servicios as devanditas ausencias.

d) Mensualmente poderanse acumula-las horas dos funcionarios presentes nos distintos órganos de representación, así como as do delegado da sección sindical,

nun ou varios dos compoñentes das seccións sindicais, dando coñecemento diso con antelación suficiente á dirección de persoal, con expresión de quén acumula, de quén proceden e sempre por decisión do sindicato ó que pertenzan.

Artigo 59º

As reunións nos centros de traballo autorizaranse fóra da xornada laboral, agás acordo en contrario. Neste caso concederanse autorizaciónss ata un máximo de 36 horas anuais; destas, 15 horas corresponderán ás secións sindicais e o resto á xunta de persoal. En calquera caso, a celebración de reunións non prexudicará a prestación dos servicios públicos e procurarase que coincida coa entrada ou saída dos funcionarios.

Artigo 60º

Os representantes dos funcionarios públicos deste concello obríganse expresamente a:

a) Cumprir e respecta-lo pactado e negociado coa corporación.

b) Desenvolve-los labores de estudio e asistencia ó labor sindical.

c) Nofificarlle á corporación calquera cambio de membros que se produza no seu seo.

Artigo 61º

Calquera conflicto colectivo que xurda no ámbito deste acordo requirirá, para a súa consideración de licitude, o previo coñecemento da comisión de control, a que deberá arbitra-la solución do conflicto. No caso de que non se chegue a unha solución, a comisión poderá determina-las condicións e persoas que someterán a arbitraxe a cuestión controvertida. Tamén se poderá acudir ás vías da Lei 7/1990 e outras vías legais que poidan ser de aplicación.

Capítulo XI

Formación profesional

Artigo 62º

O funcionario público poderá acceder á realizaciónde calquera curso relacionado co seu posto de traballo convocado polo concello ou calquera outro organismo, respectándose o principio de igualdade de oportunidades. A asistncia ós cursos terase en conta para a promoción profesional, sempre e cando se expida certificación que amose o aproveitamento das materias impartidas. Anualmente elaborarase un programa destinado á formación permanente do funcionario público pola comisión de control.

Cláusula adicional.

a) O concello comprométese a realizar unha clasificación de postos de traballo durante o ano 1999.

b) A productividade máxima por funcionario, excepto os postos de Intervención e Secretaría, establécese en 5.000 ptas./mes (55.000 ano) e será repartida polo alcalde atendendo a criterios de igualdade e obxectividade.

c) Subirlles dous puntos no complemento de destino ós funcionarios deste concello, que entrará en vigor

a partir do 1 de xaneiro de 1999 segundo a táboa seguinte:

Nivel de complemento

Denominación do postode destino

Secretaría29

Interventor29

T.A. xeral27

Adx. Intervención 9

Aparellador25

Tesoureiro25

Administrativo21

Delineante21

Sxto. policía local21

Cabo policía local18

Garda policía local17

Auxiliares Admvos.17

Conductor17

Electricista17

Limpadora14

O Barco de Valdeorras, 9 de febreiro de 1999.

Rubricado