Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 30 de abril de 1999 Páx. 5.180

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 26 de abril de 1999, da División de Recursos Humanos, polo que se fai público o proceso de selección temporal para a cobertura de 21 prazas de farmacéutico de atención primaria para os servicios dependentes das xerencias de atención primaria de Santiago de Compostela, A Coruña-Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra-Vigo.

A resolución da convocatoria feita pola División de Recursos Humanos do Sergas e o baremo de aplicación atópase publicado nos taboleiros de anuncios de:

Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde.

Direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

Xerencias de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.

O prazo de solicitudes iníciase o día 3 de maio de 1999. Para participaren no citado proceso de selección temporal os interesados deberán presenta-la súa solicitude perante a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, preferentemente no rexistro xeral sito no edificio administrativo San Caetano,

s/n, en Santiago de Compostela, no prazo dos 15 días naturais seguintes ó inicio do prazo de solicitudes.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos