Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.209

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 104/1999, do 8 de abril, polo que se modifica parcialmente o Decreto 12/1994, do 20 de xaneiro, polo que se determinan os nomes oficiais dos concellos de: A Pobra do Caramiñal, A Pobra de Brollón e A Pobra de Trives e das parroquias pertencentes ós concellos de: Ames, Melón, Montederramo, Ourense, Paderne de Allariz, Parada de Sil e Pereiro de Aguiar.

Mediante o Decreto 12/1994, do 20 de xaneiro (DOG número 23, do 3 de febreiro), determinouse, entre outros, o nome oficial do concello da Pobra de Brollón.

O traballo de campo posterior e a documentación consultada pola Comisión de Toponimia para determina-los nomes oficiais das parroquias e lugares do devandito concello achegaron información que aconsellan revisa-lo nome oficial que no seu día se determinou.

En consecuencia, tendo en conta o dictame da Comisión de Toponimia, emitido na súa sesión do 17 de marzo de 1999, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de abril de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o Decreto 12/1994, do 20 de xaneiro, polo que se determinan os nomes oficiais dos concellos de: A Pobra do Caramiñal, A Pobra de Brollón e A Pobra de Trives e das parroquias pertencentes ós concellos de: Ames, Melón, Montederramo, Ourense, Paderne de Allariz, Parada de Sil e Pereiro de Aguiar, no sentido seguinte:

Provincia de Lugo.

Onde di: «Pobra de Brollón, A», debe dicir: «Pobra do Brollón, A».

Disposición adicional

Do establecido no presente decreto darase conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de abril de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública