Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 03 de maio de 1999 Páx. 5.224

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 1999, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se lle autoriza a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado concertado San José de Lugo.

Examinado o expediente incoado polo centro privado concertado San José de Lugo no que solicita a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, que o envía cos informes correspondentes.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), a disposición derradeira primeira do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), pola que se desenvolve o antedito decreto.

Esta dirección xeral

RESOLVE:

Autorizarlle a ampliación dunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo desta resolución, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 1999.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Provincia de Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: r/ Santiago, 2.

Denominación: San José.

Titular: Fundación Educación Católica.

Nivel: educación infantil-2º ciclo.

Unidades de que constaba: 5.

Unidades novas autorizadas: 1.

Total de unidades autorizadas: 6.

Composición resultante:

Centro de educación infantil: 6 unidades.

Centro de educación primaria: 12 unidades.

Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Centro de bacharelato: 8 unidades, coas modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.