Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 04 de maio de 1999 Páx. 5.279

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Sertosa (San Cibrao).

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Sertosa (San Cibrao) (código 2700701), da provincia de Lugo, asinado o día 25 de febreiro de 1999, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que e aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 22 de marzo de 1999.

(Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial de Lugo

Pola empresa:

José Almagro Berlanga.

Ricardo I. Lorenzo Vilbazo.

Polos traballadores:

Agustín Bellas Vázquez.

Xaime Lorenzo Vale (asesor CIG).

En San Cibrao, o 25 de febreiro de 1999. A comisión negociadora do convenio colectivo de Sertosa, con base nos remolcadores de San Cibrao, acorda:

Primeiro.-Prorroga-lo actual convenio colectivo por tres anos: 1999, 2000 e 2001.

Segundo.-Alcánzase o acordo de efectua-los seguintes incrementos:

1999: mantéñense os salarios correspondentes a 1998, agás o concepto de antigüidade, que desaparece e pasa a ser substituído por un plus ad personam aplicable só a aqueles traballadores fixos do cadro de persoal, no momento da sinatura do convenio. Polo tanto, este plus non será nunca aplicable ó persoal de novo ingreso e a súa percepción será nas 14 pagas anuais. O cálculo deste plus efectuarase tomando o dato económico da antigüidade de cada tripulante incrementado, en cada caso, na pro rata do período de tempo que exceda sobre o último trienio, antigüidade o 31-12-1998.

2000: o IPC que resulte do ano 1999.

2001: o IPC que resulte do ano 2000.

Terceiro.-A partir do 1-1-1999 modifícase o artigo 26, e exponse que consistirán en salario base, horas de presencia, plus 3º remolcador, manutención mes+plus ad personam. Enténdese que este plus ad personam só será percibido polo persoal fixo no momento da sinatura deste convenio.

Cuarto.-Modifícase o artigo 29 do actual convenio no referente á indemnización, que pasan a se-las seguintes cantidades:

Titulados: 2,5 millóns de pesetas.

Subalternos: 2 millóns de pesetas.

Quinto.-Engádeselle un novo punto ó artigo 14 do actual convenio colectivo, licencias retribuídas g): o tempo necesario para o desempeño de cargo público ou institucional, logo de aviso. De acordo co artigo 37 do Estatuto dos traballadores, letra d).

Sexto.-Engádeselle ó artigo 15 do actual convenio colectivo a seguinte aclaración: as horas por prestación de servicios que excedan das 8 horas do segundo día libre pagaránselle ó tripulante ó valor de salario/hora.

Sétimo.-Alcánzase o compromiso, por parte dos mecamares, de cubri-las necesidades operativas da lancha Parrulo cando queden dous tripulantes. A elección do mecamar que deberá cubrir este posto farase por consenso entre estes ou, no seu defecto, por decisión da empresa.

Para que conste e produza os efectos oportunos, asínase en San Cibrao, o vintecinco de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

Pola empresa. Polos traballadores. (Seguen rúbricas).

Convenio colectivo da empresa de ámbito local que regula as condicións de traballo na actividade de tráfico interior do porto de Alúmina-Aluminio de San Cibrao

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

Territorialmente, o presente convenio afecta os remolcadores de Sertosa con base no porto de Alúmina-Aluminio (ALCOA) en San Cibrao (Lugo).

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio regula as relacións laborais entre os traballadores de Sertosa, con excepción do persoal administrativo, de inspección e patróns.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999, e a súa vixencia rematará o 31 de decembro do 2001.

Rematada a súa vixencia, entenderase denunciado polas partes, segundo establece a lei. O delegado

de persoal comprométese a presentarlle á empresa un anteproxecto do novo convenio antes do 31 de decembro do 2001 e as negociacións iniciaranse antes do 15 de xaneiro do 2002.

Os incrementos económicos en cada ano serán: para 1999 os salarios mantéñense igual ca no ano 1998; para o ano 2000 incrementaranse co IPC que resulte do 1999; e para o ano 2001 o IPC que resulte do 2000.

Artigo 4º.-Cláusula de compensación e absorción.

O toal das condicións salariais pactadas neste convenio absorberá e compensará, en cómputo anual, calquera mellora parcial que por disposición legal de carácter xeral ou específica para o sector, pactada ou por calquera orixe que fose, no futuro se puidese establecer.

Malia o disposto no parágrafo anterior, a publicación e entrada en vigor de calquera disposición de carácter xeral ou específica para o sector, que mellorase calquera dos temas pactados non salariais, terá que ser de aplicación no seu contido e regulación sobre o establecido neste convenio.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a autoridade laboral, facendo uso das súas facultades, non dese a súa aprobación dos pactos deste convenio, este quedaría sen efecto, téndose que proceder á reconsideración do seu articulado.

Artigo 6º.-Cláusula de interpretación.

Co obxecto de velar polo cumprimento do convenio nos termos pactados e dirimir cantas cuestións suscite a súa aplicación, créase a comisión composta por un represetnante de cada unha das partes negociadoras.

A parte social estará representada polo delegado de persoal. Esta comisión reunirase nun prazo máximo de 15 días por requirimento de cada unha das partes. Ambas partes poderán acudir co seu asesor.

Os acordos da comisión tomaranse por maioría.

En caso de desacordo, esta comisión poderá recorrer á xurisdicción competente.

Artigo 7º.-Tripulacións e cadro de persoal.

Os remolcadores con base no porto de San Cibrao serán tripulados por tres homes para os servicios de remolques do porto e baía, empuxe, atracada e desatracada de buques, e compoñeranse de: 1 patrón maior de cabotaxe, 1 mecánico naval maior e 1 mecamar.

Os equipos Sertoganch serán manexados polo mecánico naval maior. Aínda que o actual cadro de persoal é de 15 tripulantes (4 PMC, 4 MNM e 7 mecamares), organizándose o traballo segundo as tripulacións fixadas no punto anterior; nun futuro quedarán 12 tripulantes (4 PMC, 4 MNM e 4 meca

mares). Neste sentido, a empresa comprométese a non practicar ningún despedimento que teña por causa a reducción das tripulacións, nin traslado nonpactado co afectado, reservándose, non obstante, a empresa os dereitos para os despedimentos disciplinarios segundo a lei.

Alcánzase o compromiso po parte dos mecamares de cubri-las necesidades operativas da lancha Parrulo cando nesta queden dous tripulantes. A elección para cubrir este posto farase por consenso entre este ou, no seu defecto, por decisión da empresa.

Artigo 8º.-Permutas.

Os tripulantes pertencentes a unha mesma empresa poderán solicitar permuta nos seus respectivos postos, sempre que concorran as seguintes circunstancias:

a) Que desempeñen cargos ou funcións da mesma categoría ou especialidade.

b) Que reúnan ambos a aptitude necesaria para o novo destino, pero non soamente desde o punto de vista da súa competencia profesional, senón tamén en razón doutras circunstancias que a empresa poida apreciar.

c) Que se fundamente nun motivo xustificado.

d) Que ningún dos permutantes fose sancionado coa perda deste dereito.

Será facultade privativa da empresa acceder ou non ás peticións de permutas, e a resolución que se adopte notificaráselles ós interesados dentro dos 30 días seguintes á recepción da petición.

De se consuma-la permuta, o persoal afectado aceptará as modificacións que nas súas remuneracións se poidan producir.

Artigo 9º.-Traballos diferentes ós da súa categoría.

Non se lle ordenará a ningún traballador a realización de traballos diferenes ós da súa categoría profesional, agás nos casos en que a xuízo do empresario, co fin de garanti-la organización do traballo e as tripulacións, a seguridade da navegación e o salvamento de buques, tamén a xuízo do capitán ou patrón polos motivos antes citados.

Artigo 10º.-Traballos de categoría superior.

Todo o persoal destinado a traballos de categoría superior percibirá os aboamentos que correspondan a esta. Este cambio de categoría non poderá ser dunha duración superior a 3 meses ininterrompidos, debendo o interesado, ó cabo deste tempo, reintegrarse ó seu antigo posto.

No suposto de que o traballo de categoría superior que se realice esixa un período de tempo maior que o sinalado, proverase definitivamente do cargo superior de acordo co disposto na OTETIP.

O disposto no parágrafo anterior non é aplicable nos casos de substitución por servicio militar, enfermidade ou accidente de traballo ou outros análogos, nos que a substitución poderá comprender todo o tempo que duren as circunstancias que motivaron o cambio.

Artigo 11º.-Traballos especiais.

Teñen a consideración de traballos especiais todos aqueles que non sexan de conducción e mantemento. Teñen tal consideración os seguintes:

-Secado e pintado de cadeas (completo).

-Secado e pintado de tanques de lastre.

-Encalichado de tanques.

-Picado e pintado de sentinas de máquinas.

-Limpeza do cárter do motor principal.

Pola realización destes traballos, establécese unha compensación económica segundo o anexo III.

Artigo 12º.-Seguridade e hixiene a bordo.

Co fin de coincidir coa normativa, en canto a seguridade e hixiene no traballo se refire, elaborada pola OIT e ratificada polo Estado español, será observada pola empresa, formándose un comité de seguridade e hixiene, composto por dous representantes da empresa (un dos cales será un patrón) e polos traballadores (un mecánico e un mecamar).

Este comité elaborará o seu propio regulamento e velará polo seu cumprimento.

Cando exista risco grave de accidente de traballo, este comité poderá propoñerlle ó capitán, patrón ou persoa responseble, a adopción de medidas para evitalo, debendo figura-la proposta no diario de navegación do buque. A empresa comprométese a realiza-las xestións necesarias para a construcción dun porto de atracada, así como informar da marcha destas ó delegado de persoal e ós representantes do comité de seguridade e hixiene. A empresa comprométese a mellora-las condicións de traballo e seguridade nas manobras de popa con grandes barcos.

Artigo 13º.-Local de vestiarios.

Non será necesario un local de vestiarios xa que os remolcadores están debidamente acondicionados para iso.

Artigo 14º.-Licencias retribuídas.

Tódolos traballadores afectados por este convenio terán dereito a licencia retribuída nos seguintes casos.

a) Por contraer matrimonio: 16 días naturais.

b) Parto da esposa, enfermidade grave ou morte do cónxuxe, enfermidade grave de fillos ou pais: 3 días naturais.

En caso de desprazamento: 5 días naturais.

c) Por morte de fillos, pais, pais políticos, netos, avós ou irmáns: 3 días naturais.

d) Por matrimonio de fillos ou irmáns: 1 día natural.

e) Polo tempo necesario por ser citado a xuízo, como testemuña, como parte demandante ou demandada.

f) Por morte de tíos, sobriños, cuñados e avós políticos: 1 día natural.

g) O tempo necesario para o desempeño de cargo público ou institucional, logo de aviso. De acordo co artigo 37.3º d) do Estatuto dos traballadores.

Os traballadores comprométense a supli-las ausencias que por dereito lle poidan pertencer ó traballador, adquirindo dereito a retribución extraordinaria o traballador que faga a substitución por requirimento da empresa; nos demais casos, non se dará dereito a cantidade ningunha.

Enténdese como traballos extras en tempo libre aqueles traballos feitos a solicitude da empresa cando o traballador estea libre, así como os de retén, despois das 12 horas, sempre que non sexan para manobra ou forza maior.

-Para suplir un compañeiro: salario hora (táboas salariais).

-Para facer traballos: horas extras (segundo táboas salariais).

Artigo 15º.-Xornada laboral.

Debido a ter que distinguir entre traballo efectivo e as horas de presencia por permanencia a bordo, expectativas, servicios de garda, avarías, etc., ámbalas partes de mutuo acordo, conveñen que, debido ás especiais circunstancias do traballo a bordo dos remolcadores da base de San Cibrao, a xornada de traballo nos tres remolcadores será a que a seguir se describe e queda resumida no cadro de traballo adxunto (anexo I), que se confeccionou a pedimento do persoal para lle evitar maiores gastos en desprazamento:

a) Garda-retén-libre-libre, no período non vacacional.

b) Garda-retén-libre, no período vacacional, sen devengo de máis retribucións.

Garda: efectuarase no primeiro remolcador desde as 8 horas dun día ata as 8 horas do día seguinte.

Retén: efectuarase desde as 8 horas ata as 8 horas do seguinte. Desde as 8 horas ata as 12 horas efectuarase o mantemento, de luns a venres, no remolcador que dispoña a empresa. Este traballo de mantemento non se efectuará os sábados, domingos, días festivos e en época vacacional. Das 12 horas en diante o persoal estará perfectamente localizable.

Durante o 1º día libre en época non vacacional e o día libre en vacacional, o persoal atenderá os servicios que xurdan para o terceiro remolcador, polo que percibirán os seguintes emolumentos:

-150.776 ptas./mes, para os 4 mecánicos: 37.694 ptas./mes por cada mecánico.

-133.756 ptas./mes, para os 7 mecamares: 19.108 ptas./mes por mecamar.

Estas cantidades globais están calculadas con base en 7±1 manobras/mes en cómputo anual e dunha duración aproximada de 3±1 horas.

As horas por prestación de servicios que excedan das 8 horas do segundo día libre pagaránselle ó tripulante ó valor de salario/hora.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais ó ano. O período de desfrute será entre os meses de xuño e setembro (ambos incluídos). Os traballadores están obrigados á realización dos traballos derivados da substitución por vacacións do resto dos traballadores sen percepción de máis retribucións.

Artigo 17º.-Axudas por fillos minusválidos, físicos ou psíquicos.

Os traballadores con fillos minusválidos percibirán a cantidade de 6.215 pesetas/mes por cada fillo minusválido.

Artigo 18º.-Exercicio do cargo sindical.

A designación para un cargo sindical faculta ó seu titular para exercer libremento mentres dure o seu mandato.

Artigo 19º.-Lugar de reunión.

O lugar de reunión será o centro de traballo, ou sexa, calquera dos tres remolcadores que compoñen a flota.

Artigo 20º.-Reserva de horas para asuntos sindicais.

O representante sindical dispoñerá dunha reserva de horas, segundo a lei, das que poderá facer uso nos seguintes casos:

a) Asistencia a congresos, asembleas, consellos e, en xeral, a calquera clase de xunta que fose convocada pola súa central sindical.

b) Participación en seminarios, cursos de actividades de carácter formativo pola central sindical á que pertenza.

c) Actos de xestión que teña que facer por encargo da súa central sindical ou por razón das súas obrigas específicas.

Se na empresa houbese máis dun delegado, non se poderán acumular horas de reserva doutros delegados.

Non se incluirá no cómputo de horas o tempo empregado en actuacións ou reunións levadas a cabo por iniciativa do empresario, a participación en órganos de colaboración, convenios ou outros semellantes.

Artigo 21º.-Dereitos e funcións dos delegados de persoal.

a) Cando o delegado de persoal actúe en representación dos traballadores, considerando que está en comisión de servicio, percibirá as axudas de custo establecidas no salario como se estivese traballando, por ter que negociar convenios ou calquera outro motivo que afecte ós traballadores e á empresa conxuntamente.

b) Ningún delegado de persoal poderá ser trasladado do seu centro de traballo, agás ós remolcadores que teñan a súa base no porto de Alúmina-Aluminio, San Cibrao.

c) Asegura-lo compromiso de normas laborais, seguridade e hixiene.

d) Exercerá o control, sobre as horas extraordinarias solicitadas pola empresa, así como a distribución equitativa destas.

e) Vixiará que se cumpran os períodos de embarque e vacacións previstos.

f) Respecto á utilización dos servicios da empresa, tales como máquinas de escribir, teléfono, etc., será por conta da empresa sempre que a súa utilización afecte ás dúas partes. Cando sexan exclusivamente de carácter sindical, será por conta dos traballadores.

g) Ser informado de cantas medidas afecten directamente ós traballadores, especialmente as que se puidesen adoptar sobre:

-Reestructuración de novos sistemas de traballo ou incentivos.

-Novas construccións ou vendas das actuais.

h) Se as medidas disciplinarias que lle impuxera a empresa ou os seus representantes a calquera traballador se estimasen moi graves, terán que ser postas en coñecemento do delegado de persoal que, por escrito, terá que emitir a súa opinión dentro das 48 horas seguintes á comunicación da empresa ó propio delegado.

i) A empresa facilitará información sobre a situación e marcha da empresa.

l) Propoñerlle á empresa cantas medidas considere atinadas en materia de organización da producción ou melloras técnicas.

Artigo 22º.-Dereito de asemblea.

Os tripulantes poderán exerce-lo seu dereito de xuntanza despois de aviso previo á empresa con dous días de antelación, acordando con esta as medidas oportunas para que a devandita reunión non interrompa o traballo.

Artigo 23º.-Saídas ó mar.

Considérase saídas ó mar as navegacións fóra dos límites do tráfico interior dos portos. As remuneracións polos ditos conceptos serán as seguintes:

Para salvamentos, auxilios e remolques do mar ó porto, redactouse un documento específico que regula os compromisos e retribucións concretas para estes servicios especiais, así como a distribución do premio entre a tripulación. Este documento ten vixencia indefinida e non entra neste convenio.

No caso de remolques contratados de porto a porto o persoal intervinte (7 tripulantes) percibirá os seguintes emolumentos:

a) O 5% do valor total que cobre a empresa, que se repartirá de acordo coa puntuación establecida nos salvamentos.

b) Tamén se percibirá, en concepto de saídas ó mar, o aboamento de pesetas, segundo o anexo II por día navegado, sendo reducido á metade cando a navegación sexa menor de 12 horas.

O persoal que quede no porto e efectúe os servicios que xurdan adquirirá dereito a unha retribución equivalente a 8 horas de presencia, no seu día libre, por cubri-las ausencias por estas saídas ó mar.

Enténdese, polo tanto, que cando se sae ó mar só quedan no porto dous gardas na situación de garda-libre.

Artigo 24º.-Viaxes e axudas de custo.

Os gastos das viaxes será por conta da empresa, de aordo co disposto na OTETIP.

Artigo 25º.-Manutención.

As cantidades por tal concepto serán as que figuran na táboa salarial, segundo anexo II, por mes.

Ningún tripulante está obrigado a efectuar labores de cociñeiro estando os remolcadores en porto.

Artigo 26º.-Pagas extras.

A partir do 1-1-1999, as pagas extras serán dúas ó ano, consistindo cada unha en salario base, horas de presencia, plus 3º remolcador, manutención mes-plus ad personam. Enténdese que este plus ad personam, só será pecibido polo persoal fixo no momento da sinatura deste convenio. Estas pagas faranse efectivas nos meses de xullo e decembro.

Artigo 27º.-Perda de equipaxe.

No caso de perda de equipaxe por naufraxio, incendio ou calquera outra causa non imputable ó prexudicado, e que supla perda total, a empresa, aboará como compensación a cantidade de 66.711 pesetas no porto, e se é na saída ó mar 166.778 ptas. (tamén se reflicten no anexo III).

Artigo 28º.-Seguro de vida e accidente.

Establécese un seguro colectivo de vida por falecemento e invalidez profesional, por calquera causa, por importe de tres millóns de pesetas. (Tamén se reflicte no anexo III).

Artigo 29º.-Plan de rexuvenecemento do cadro de persoal.

A xubilación é forzosa cando o tripulante, mediante a aplicación do correspondente coeficiente reductor alcance o dereito ó 100% da pensión de xubilación.

A indemnización que se recibirá, sempre que se teñan máis de 15 anos de antigüidade na empresa, é de:

-Titulados: 2,5 millóns de pesetas.

-Subalternos: 2 millóns de pesetas.

Artigo 30º.-Baixa médica por enfermidade ou accidente.

No caso de baixa por enfermidade, calquera que sexa a causa da que se derive e durante o tempo que persista, a empresa aboaralles ós seus traballadores enfermos unha compensación complementaria ata o 100% do salario real, que será aboado a partir do quinto día.

Se é por accidente de traballo, percibirá unha compensación complementaria ata o 100% do salario real e aboarase desde o primeiro día.

Os traballadores comprométense a cubri-las baixas médicas que non superen os dous meses de duración, agás, para os mecánicos, no caso de que coincidan dosu deles na mesma situación de baixa médica ou un en período vacacional. Os traballadores, cando substitúan o enfermo, percibirán por cada día de substitución a cantidade resultante de dividir entre 30 a suma do salario base máis o concepto percibido por horas de presencia. Estas substitucións efectuaranse cando sexa necesario e a xuízo da empresa, como ata o de agora se vén a facer. O aquí establecido para os mecánicos será aplicable ós mecamares cando queden catro no cadro de persoal da base.

Artigo 31º.-Antigüidade.

O concepto de antigüidade desaparece e pasa a ser substituído por un plus ad personam aplicable só a aqueles traballadores fixos do cadro de persoal, tralo asinamento do convenio. Polo tanto, este plus nunca será aplicable ó persoal de novo ingreso e a súa percepción será nas catorce pagas anuais. O cálculo deste plus efectuarase tomando o dato económico da antigüidade de cada tripulante incrementado, en cada caso, na pro rata do período de tempo que exceda sobre o último trienio, antigüidade o 31-12-1998.

Artigo 32º.-Plus de vacacións.

Establécese unha axuda de 33.356 pesetas, que se aboará dunha soa vez coincidindo co comezo das

vacacións do traballador. (Tamén se reflicte no anexo II).

Artigo 33º.-Aspectos legais.

En tódolos aspectos non regulados expresamente por este convenio, aplicarase o previsto nas normas

establecidas pola OTETIP, nas demais disposicións legais vixentes de aplicación e nos respectivos contratos.

San Cibrao, 25 de febreiro de 1999.

Pola empresaPolos traballadores

RubricadoRubricado

Observacións:

-Durante os meses non vacacionais o mantemento nos remolcadores 2º e/ou 3º segundo conveña e designe a empresa, efectuarao o retén desde as 8 horas ás 10 horas, de luns a venres. Non se efectuará este mantemento os sábados, domingos e festivos, nin durante as vacacións.

-Os servicios que xurdan para o 2º remolcador serán cubertos polo retén.

-Os servicios que xurdan para o 3º remolcador serán cubertos pola garda que estea no seu primeiro día libre no mes non vacacional, e no seu día libre no mes vacacional.

-O mantemento que se efectuará no 1º remolcador realizarase desde as 8 horas ás 13 horas e desde as 16 horas ás 18 horas, de luns a venres. Os sábados o mantemento normal non se efectuará. As horas comprendidas entre as 13 horas e as 15 horas, así como entre as 21 e 22 horas serán necesarias para efectuar os dous xantares principais, estando estas horas supeditadas ás necesidades dos servicios do porto.

-No caso de que no período comprendido entre as 13 horas e as 15 horas efectuasen manobras; o horario do xantar prorrogarase nesas dúas horas unha vez efectuadas as manobras.

-Os traballadores afectos a este cadro de traballo prestarán os seus servicios en gardas de 24 horas de duración cada unha delas, establecéndose as 8 horas da mañá como hora de relevo de cada garda.

ANEXO II

Táboa salarial da empresa Sertosa para o seu centro de traballo Alúmina-Aluminio, San Cibrao, para 1999

ConceptosMecánicoMecamar

Salario base/mes213.171154.025
H.P./mes33.30426.732
Plus 3º Remolc.37.69419.108
Mant./mes50.86550.865
Plus vacacións33.35633.356

Plus de garantía ad personam calculado o 1-1-1999

TripulantesPlus ad personam

Ramón Alonso González21.139

José M. Ramón Mon40.327

Benigno Rapa García40.860

Constantino Val Pérez40.327

Agustín Bellas Vázquez29.009

José Domínguez Piqueras28.495

Jesús García Insua24.644

Julio Iglesias Insua24.644

Ricardo López Basanta29.523

Benigno Pernas García9.370

Antonio Quelle Seijas29.523

Retribución por saídas ó mar (viaxes de máis de 12 horas)

Categorías012345678910

Máquinas

Mec. Naval maior

10.27110.54610.81210.09011.35211.63111.90612.17412.45012.71712.991

Subalternos

Mecamar

9.212 9.452 9.704 9.95210.19410.44310.68410.93511.18511.42611.675

Observación: en viaxes de menos de 12 horas, cobraríase a metade do reflectido.

O actual modelo de recibo de nóminas é o que aceptan os traballadores.

ANEXO III

Traballos especiais

Secado e pintado de cadeas completo: 13.429.

Secado e pintado de tanques de lastre: 13.429.

Encalichado de tanques: 13.429.

Limpeza do cárter do motor principal: 13.429.

S. horaH. extraTrienios

Mecánico1.7723.1036.395
Mecamar1.2972.2704.621
Por fillo minusválido6.778

Perda da equipaxeNo mar

No porto

166.778

66.711

SegurosMorte de accidente

Invalidez permanente

Morte ou invalidez (C. común)

3.000.000

3.000.000

3.000.000