Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería
DISPÓN:
Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 1999.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: Muros.
Localidade: Serres.
Código do centro: 15027903.
Denominación: Instituto de Educación Secundaria número 1.
Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria As Insuas.

