Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 14 de maio de 1999 Páx. 5.859

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (711/1998).

Camilo J. García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se seguen os autos arriba mencionados, promovidos por J. Ramón Abeijón Mayán, nos que se acordou citar por edictos o demandado en paradoiro descoñecido Construcciones Bram, S.L. para que o día 31 de maio, ás 10.25 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado ós actos de conciliación e xuízo previstos para esa data. Advírtese de que a súa incomparecencia inxustificada non impedirá a realización dos devanditos actos, de que continuará o procedemento o seu curso e que as seguintes comunicacións que se lle deban facer se realizarán nas salas deste xulgado, agás as que deban revesti-la forma de auto ou sentencia ou se trate de emprazamento. Tamén se lle advirte que pode comparecer ou defenderse persoalmente ou por medio de representante designado mediante poder cumprido, mediante comparecencia perante este xulgado ou o de primeira instancia ou de

paz do seu domicilio; e de que deberá acudir con tódolos medios de proba de que intente valerse. Comunícaselle tamén que as copias da demanda e documentos que con ela se achegan están á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que se publique no Diario Oficial de Galicia e sirva de notificación, citación e requirimento ó demandado en paradorio descoñecido Construcciones Bram, S.L., expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o 12 de abril de 1999.

O secretario

Rubricado