Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 18 de maio de 1999 Páx. 5.910

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1999 pola que se convocan probas selectivas para ingresar no Gabinete Técnico do Consello Económico e Social de Galicia como experto en materias socioeconómicas con contrato laboral de duración indefinida.

Ó amparo do previsto no artigo 18 da Lei 6/1995, 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, así como no artigo 32 do seu Regulamento de réxime interno, e en cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, o CES-Galicia acorda convocar probas selectivas para o ingreso no seu Gabinete Técnico, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

1. Normas xerais.

1.1. Convocánse probas selectivas para cubrir unha praza polo sistema xeral de acceso libre.

1.2. As presentes probas seránlles aplicables a lei 6/1995, 28 de xuño de creación do CES, e o seu Regulamento de réxime interno, a Lei 10/1996, do 5 de novembro e o disposto nas bases da convocatoria.

1.3. O proceso selectivo constará dunha única fase de oposición coas probas, puntuacións e temario que se especifican nos anexos I e II.

1.4. A adxudicación da praza ó aspirante que supere o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación total obtida por este ó longo de todo o proceso.

1.5. O primeiro exercicio da oposición efectuarase a partir da primeira quincena do mes de febreiro do ano 2000. O segundo exercicio da oposición terá lugar transcorridos dous meses desde a finalización do primeiro. O terceiro exercicio celebrarase no momento que decida o tribunal.

1.6. O aspirante que supere tódolos exercicios obrigatorios da oposición e a quen lle sexa adxudicada a praza será contratado en réxime laboral cunha duración indefinida.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

2.1.1. Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.

2.1.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

2.1.3. Estar en posesión do título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente, ou ter feitos tódolos estudios para a súa obtención.

2.1.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

2.1.5. Non haber sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.

2.2. Tódolos requisitos enumerados na base 2.1 deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentaciónde solicitudes e mantelos ata o momento de incorporarse a ocupa-la praza, logo da sinatura do correspondente contrato.

3. Solicitudes.

3.1. Os que desexen tomar parte nestas probas selectivas deberán face-lo constar en instancia axustada ó modelo que figura no anexo III da presente resolución.

No sobre deberá facerse consta-la referencia : Gabinete Técnico do CES-Galicia.

Así mesmo, no apartado correspondente da instancia, deberá facerse consta-la titulación posuída ou estar en condicións de a obter.

Á instancia xuntarase a documentación indicada no modelo que figura no anexo III.

3.2. A presentación de solicitudes farase nas dependencias do CES-Galicia, Santiago de Compostela, rúa Algalia de Abaixo, número 24, código postal 15704, ou ben na forma establecida no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 30 días naturais, a partir do seguinte á publicación desta convocatoria no DOG e dirixiranse ó presidente do CES-Galicia.

3.3. Os aspirantes con minusvalidez deberán indicalo na solicitude. Así mesmo deberán solicita-las correspondentes adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

3.4. Os errores de feito que puideran advertirse poderán corrixirse en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado.

4. Admisión de aspirantes

4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o presidente do CES-Galicia dictará resolución no prazo dun mes, na que se declare aprobada a lista de admitidos e excluídos. Na dita resolución, que deberá publicarse no DOG, indicaranse os lugares en que se atope exposta ó público a lista certificada completa de aspirantes admitidos e excluídos. A devandita lista deberá estar exposta en todo caso no taboleiro de anuncios do CES-Galicia. Nas listas deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número do DNI, así como a causa da exclusión.

4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder corrixi-lo defecto que motivou a exclusión; transcorrido o mesmo, publicarase lista definitiva nos lugares indicados.

Contra a dita resolución poderá interpoñerse, logo de comunicación ó órgano que a dicte, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, ante o órgano competente da orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal cualificador destas probas é o que figura no anexo IV desta convocatoria.

A autoridade convocante publicará no DOG, resolución pola que se nomean os membros do tribunal titulares ou suplentes que sustitúan os que perderan a súa condición por algunha das causas previstas nas presentes bases.

5.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo ó presidente do tribunal, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, ou se tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente do tribunal poderá solicitar ós membros del declaración expresa de non atoparse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

5.3. Para a válida constitución do tribunal requirirase a presencia do presidente e secretario, e a metade, polo menos, dos seus vocais sexan titulares ou suplentes. Celebrará a súa sesión de constitución no prazo máximo de sesenta días a partir da publiación da súa designación.

Na dita sesión o tribunal acordará tódalas decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.4. A partir da súa constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia do presidente e secretario ou, se é o caso, dos seus suplentes, e a metade polo menos dos seus vocais, titulares ou suplentes.

5.5. Na oposición, o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puideran xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.6. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que considere pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle ó presidente do CES.

5.7. O tribunal adoptará as medidas precisas, nos casos en que sexa necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios ás do resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten na forma prevista na base 3.2, as adaptacións de tempo e medios para a súa realización.

Para tal efecto, o tribunal poderá requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral e sanitaria.

5.8. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Algalia de Abaixo, 24, Aptdo. 15704, Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 16 50.

5.9. O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra determinada polo tribunal por sorteo na primeira sesión que se celebre e farase pública de forma inmediata na sede do CES-Galicia.

6.2. En calquer momento os aspirantes poderán ser requiridos por membros do tribunal coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

6.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluidos da oposición os que non comparezan, salvo nos casos de forza maior debidamente xustificada e apreciada polo tribunal. O anuncio da celebración do primeiro exercicio publicarase na sede do CES-Galicia e no DOG con polo menos dous meses de antelación.

6.4. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal na sede do CES-Galicia, e por calquera outro medio se se xulga conveniente para facilita-la sua máxima divulgación, con oito dias, polo menos, de antelación á sinalada para a iniciación deles.

6.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algúns dos aspirantes non cumpren un ou varios dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo de audiencia do interesado, deberá propoñe-la súa exclusión ó presidente do CES-Galicia, comunicándolle así mesmo as inexactitudes ou falsidades formuladas polo aspirante na solicitude de admisión ás probas selectivas para os efectos procedentes.

Contra a dita resolución de exclusión poderá interpoñerse, logo de comunicación ó órgano que a dicte, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte á súa publicación no DOG.

7. Lista de aprobados.

Finalizada a oposición, o tribunal fará publicas, no lugar da súa sede, sinalado na base 5.8, e naqueles outros que considere oportunos, a lista de aspirantes aprobados, con indicación da puntuación obtida.

O presidente do tribunal enviará ó presidente do CES-Galicia a copia certificada da devandita lista

de aprobados así como a relación dos opositores que superaron o terceiro exercicio con indicación da puntuación final obtida no conxunto das probas. Os nomes dos aprobados publicarase no DOG.

8. Presentación de documentos e contratación.

8.1. No prazo de vinte días naturais, contados desde o día seguinte a aquel no que a lista de aprobados sexa publicada no DOG, o opositor aprobado deberá presentar no CES-Galicia, rúa Algalia de Abaixo, 24, planta primeira, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base 2.1.3 ou certificación académica que certifique ter feito tódolos estudios para a obtención do título.

b) Declaración xurada ou promesa de que non foi separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

8.2. Os que dentro do plazo fixado e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do seu exame se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderán ser contratados e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

8.3. Finalizado o proceso selectivo, o que o superase procederá á sinatura do contrato laboral de duración indefinida, actuando como órgano de contratación do CES-Galicia o seu presidente, de acordo co disposto no artigo 32 do Regulamento de réxime interno.

8.4. O contrato será subscrito no prazo dun mes desde a data de publicación da relación do aspirante aprobado no DOG, sendo inmediata a súa incorporación ó persoal do Gabinete Técnico.

9. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1999.

Luis Suárez-Llanos Gómez

Presidente do Consello Económico e Social

de Galicia

ANEXO I

PROCESO DE SELECCIÓN E VALORACIÓN

1. Proceso de selección.

O proceso de selección constará de tres exercicios, todos eles eliminatorios.

Exercicio 1º:

O primeiro exercicio constará de dúas probas:

Proba I. Consistirá nunha proba sobre o idioma galego e inglés, debendo o opositor demostra-lo coñecemento deles, o que se acreditará pola traducción, nun prazo máximo dunha hora, do inglés para o galego dun texto inglés de literatura socioeconómica seleccionado polo tribunal.

Proba II. Consistirá nunha proba escrita, na que os opositores desenvolverán nun prazo máximo de 3 horas tres temas extraídos ó chou, un por cada un dos apartados do temario deste exercicio.

A) Economía cuantitativa.

B) Dereito administrativo e organización do estado.

C) Dereito do traballo.

Con posterioridade á realización dos ditos exercicios procederase á súa lectura pública.

Exercicio 2º:

Proba única. Consistirá nunha proba oral na que os opositores desenvolverán no prazo máximo de oitenta minutos catro temas, elixidos polo opositor entre dous de cada apartado extraídos ó azar do temario deste exercicio:

A) Economía xeral.

B) Economía financeira, economía internacional e relacións económicas internacionais.

C) Economía española (particular atención á economía galega).

D) Economía do sector público.

Os opositores disporán de 10 minutos de preparación previa, e ó remate da súa exposición, o tribunal poderá dialogar con eles durante un período de 10 minutos como máximo, sobre cuestións relacionadas cos temas desenvolvidos.

Exercicio 3º:

Proba única. Consistirá na elaboración polo opositor dun dictame sobre unha situación socioeconómica coas informacións ou datos que, se é o caso, fosen subministrados polo tribunal.

Este exercicio terá unha duración máxima de 2 horas e será feita sobre soporte informático.

2. Valoración.

Os exercicios cualificaranse polo sistema de puntos. O opositor que en cada un dos exercicios non acade unha cualificación igual á metade da puntuación máxima posible ou fose cualificado en cero puntos nalgún dos temas expostos, quedará eliminado da oposición.

Os distintos exercicios dos que consta a convocatoria cualificaranse da forma seguinte:

Exercicio 1º:

Proba I. Cualificarase de 0 a 10 puntos.

Proba II. Cualificarase de 0 a 30 puntos cada un dos temas desenvolvidos.

Exercicio 2º:

Cuaficarase de 0 a 25 puntos cada un dos temas desenvolvidos.

Exercicio 3º:

Calificarase de 0 a 100 puntos.

ANEXO II

TEMARIO

Exercicio 1º

A) Economía cuantitativa.

Tema 1. Os métodos mínimo cuadrático e de máxima verosimilitude na estimación dos modelos económicos.

Tema 2. O modelo clásico da regresión lineal: estimación, verificación e predicción do modelo uniecuacional con K-variables explicativas.

Tema 3. O modelo de regresión con regresores estocásticos: estimación, verificación e predicción.

Tema 4. Multicolinealidade e heterocedasticidade: consecuencias, orixe, detección e solucións.

Tema 5. Autocorrelación: Consecuencias, orixe, detección e solucións.

Tema 6. Modelos de ecuacións simultáneas: identificación, estimación, verificación e predicción.

Tema 7. Modelos uniecuacionais de regresión non lineal: estimación, verificación e predicción.

Tema 8. Modelos ARIMA: identificación, estimación, verificación e predicción.

Tema 9. O modelo de regresión dinámica uniecuacional: identificación, estimación, verificación e predicción.

Tema 10. Modelos de compoñentes non observables: tendencia, ciclo e estacionalidade. Aplicacións na análise de conxuntura, estimación, verificación e predicción.

B) Dereito administrativo e organización do Estado.

Tema 1. O acto administrativo: concepto, clases e elementos. A súa motivacion e notificación. Eficacia e validez dos actos administrativos. Revisión, anulación e revogación.

Tema 2. Os contratos administrativos: Concepto e clases. Estudio dos seus elementos. O seu cum

primento. A revisión de prezos e outras alteracións contractuais. Incumprimento dos contratos administrativos.

Tema 3. O servicio público: concepto e clases. Forma de xestión dos servicios públicos. Exame especial da xestión directa. A xestión indirecta: modalidades. A concesión. Réxime xurídico.

Tema 4. A Lei de réxime xurídico das administaciónes públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999: ámbito de aplicación e principios informadores. O procedemento administrativo: concepto e natureza. O procedemento administrativo como garantía. Iniciación. Ordenación, instrucción e terminanción do procedemento administrativo. Os procedementos especiais.

Tema 5. A Constitución española de 1978: estructura e contido. Dereitos e deberes fundamentais. A súa garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional e o Defensor do Pobo. Reforma da Constitución.

Tema 6. A Administración central do Estado. O Consello de Ministros. O Presidente do Goberno. Os ministros. Secretarios de Estado. Secretarios xerais e directores xerais. Outros órganos da Administración central. A Administración local.

Tema 7. Organización territorial do Estado. As comunidades autónomas: constitución, competencias, Estatutos de autonomía. Estatuto de autonomía de Galicia. A Administración autonómica de Galicia. O presidente da Xunta. Os conselleiros. Outros órganos da Administración autonómica.

Tema 8. O Consello Económico e Social de Galicia. Lei de creación e Regulamento de réxime interno.

C) Dereito do traballo.

Tema 1. O dereito do traballo. Concepto, fins e contidos. O traballo como obxecto do dereito do traballo. O traballo profesional: concepto. Clases e dereitos. As fontes do dereito do traballo. Esquema xeral das fontes. Lei e regulamento. O costume laboral.

Tema 2. Os convenios colectivos de traballo: procedemento de elaboración. Os convenios colectivos. Contido e efectos. O principio de xerarquía normativa. Conflicto entre normas laborais estatais ou pactadas. A norma máis favorable.

Tema 3. Os conflictos colectivos de traballo. A folga. O peche patronal. Os conflictos colectivos de traballo no dereito español: antecedentes e réxime xurídico. A súa regulación na actualidade: iniciación, competencia, formalización, avinza, arbitraxe e laudo.

Tema 4. O contrato de traballo: concepto e natureza xurídica. Obxecto e causa do contrato. Os suxeitos

do contrato de traballo. O traballador. O traballo directivo. Traballadores autónomos. O traballo dos estranxeiros. O empresario. As potestades do empresario. O Estado e outros entes públicos como empresarios.

Tema 5. Nacemento do contrato de traballo. O consentimento e os seus vicios. Simulación. A forma da contratación. Efectos. Modalidades do contrato de traballo. Traballo en común e traballo en grupo. As súas especialidades e réxime xurídico. Prestación de man de obra.

Tema 6. O salario. Concepto e natureza xurídica. Salarios en diñeiro en especies. Salarios mínimos. Salarios a tempo. Traballo axustado. Tarefas. Primas e incentivos. Fixación e modificiaación de trarifas e primas. Protección do salario. Forma, lugar e tempo do pagamento do salario. Inembargabilidade. Prelación de créditos. Fondo de Garantía Salarial.

Tema 7. A xornada de traballo. Límites legais xerais e especiais do tempo máximo de traballo. Horas extrodinarias. Descanso semanal e festas laborais. Calendario. O réxime de vacacións. Ausencias e permisos do traballador. Execedencias, permutas e desprazamentos. Gratificación de transportes e de distancia.

Tema 8. Duración do contrato de traballo. Clase de contrato de traballo atendendo á súa duración. As supsensión do contrato de traballo: causas. A subrogación empresarial. O dereito disciplinario laboral. Premios e sancións. Extinción do contrato de traballo. Enumeración das súas causas. Prescrición e caducidade das accións derivadas do contrato de traballo.

Tema 9. Despedimento discilplinario. Despedimento por circunstancias obxectivas derivadas da capacidade do traballador ou necesidade de funcionamento da empresa. Despedimento por causas tecnolóxicas ou económicas. Os expedientes de regulación de emprego. Estudio das restantes causas de extinción do contrato de traballo.

Tema 10. Representación colectiva dos traballadores na empresa. Órganos de representación. Delegados de persoal e comités de empresa. O texto articulado da Lei de procedemento laboral, do 27 de abril de 1990. A acción sindical. Sindicatos. Réxime xurídico. As organización empresariais. Réxime xurídico.

Exercicio 2º:

A) Economía xeral.

Tema 1. Obxeto e método da ciencia económica.

Tema 2. Os economistas clásicos.

Tema 3. Pensamento económico de Marx. Desenvolvemento contemporáneos.

Tema 4. Os economistas neoclásicos. Liñas de pensamento.

Tema 5. A evolución do pensamento económico desde Keynes ata a actualidade.

Tema 6. Teoría neoclásica da demanda do consumidor.

Tema 7. Teoría da elección en situacións de risco e incerteza.

Tema 8. Outras teorías da demanda do consumidor. Dualidade e outras extensións.

Tema 9. A función de producción microeconómica.

Tema 10. Teorías dos custos.

Tema 11. Teorías do comportamento da empresa distintas da neoclásica. Especial referencia ós desenvolvementos recentes na teoría da organización industrial.

Tema 12. O modelo de competencia perfecta.

Tema 13. Teoría do monopolio. Regulación e control.

Tema 14. A teoría do oligopolio a curto e longo plazo. Referencia ós mercados impugnables.

Tema 15. A teoría da competencia monopolística.

Tema 16. Os problemas da información imperfecta e teoría da axencia. Azar moral e selección adversa.

Tema 17. Teorías da distribución da renda.

Tema 18. Teorías neoclásicas da oferta e demanda de traballo. Determinación do salario nas distintas situacións de mercado.

Tema 19. Outras teorías microeconómicas explicativas do mercado de traballo. Custos de axuste e información

Tema 20. Teorías do beneficio. Teorías do xuro e do capital.

Tema 21. A teoría do equilibro xeral.

Tema 22. Economía do benestar. Óptimo económico. A teoría do «second best». Os criterios de compensación.

Tema 23. Economía do benestar. A optimalidade da competencia perfecta e as imperfeccións do mercado. Efectos externos e bens públicos.

Tema 24. Economía do benestar. Funcións do benestar social. Teoría da elección colectiva. O teorema da imposibilidade de Arrow e desenvolvementos posteriores.

Tema 25. Economía da regulación: Principios e instrumentos.

Tema 26. Magnitudes macroeconómicas e contabilidade nacional.

Tema 27. Análise das tablas «input-output» e dos fluxos financeiros.

Tema 28. Magnitudes monetarias, creación de diñeiro e técnicas de control.

Tema 29. Modelo macroeconómico neoclásico.

Tema 30. Modelo macroeconómico keynesiano. Contribución de Keynes e o modelo da síntese neoclásica.

Tema 31. A crítica monetarista ó modelo keynesiano. Impliacións de política económica.

Tema 32. A nova macroeconomía clásica. Contribucións e críticas á súa fundamentación.

Tema 33. Modelos neokeynesianos de desequilibrio.

Tema 34. Teorías macroeconómicas do mercado de traballo. Paro clásico e paro keynesiano.

Tema 35. Teorías da demanda de consumo. Implicacións de política económica.

Tema 36. Teorías da demanda de investimento. Implicacións de política económica.

Tema 37. Teorías da demanda de diñeiro. Implicacións de política económica.

Tema 38. A inflación. Fundamentos, clases e efectos económicos

Tema 39. A política fiscal. Condicionamentos e problemas actuais.

Tema 40. Aspectos monetarios do financiamento do déficit público.

Tema 41. A política monetaria. Condicionamentos e problemas actuais.

Tema 42. «Shocks» de oferta: modelos e implicacións de política económica.

Tema 43. Teorías dos ciclos. Desenvolvementos recentes.

Tema 44. Teorías unisectoriais do crecemento económico. Modelo Harrod-Domar, modelo neoclásico e críticas poskeynesianas.

Tema 45. Teorías do crecemento: Progreso técnico, crecemento óptimo e modelos plurisectoriais.

A) Economía financeira, economía internacional e relacións económicas internacionais.

Tema 1. A empresa e a súa organización interna. A información financeira: estados de siutación e circulación económica e financeira da empresa.

Tema 2. A empresa e as decisións de investimento. Diferentes criterios de valoración de proxectos. Rendibilidade, risco e custo do capital.

Tema 3. A empresa e as decisións de financiamento. Financiamento propio versus financiamento alleo. Política de dividendos e estructura de capital.

Tema 4. O crecemento da empresa e variables financeiras. Métodos de valoración da empresa.

Tema 5. Fundamentos do comercio internacional. A teoría da vantaxe comparativa. Modelo Heckscher-Ohlin-Samuelson.

Tema 6. Desenvolvementos recentes da teoría do comercio internacional e implicacións sobre a política comercial. Especial referencia ós modelos de competencia imperfecta.

Tema 7. A controversia entre librecambio e proteccionismo na teoría do comercio internacional. Os custos da protección.

Tema 8. Teoría da protección nominal e efectiva. Instrumentos arancelarios e non arancelarios.

Tema 9. Interrelación entre o crecemento económico e o comercio internacional.

Tema 10. Teoría da integración económica.

Tema 11. Determinantes e efectos dos movementos de capital a longo prazo. Especial referencia ó investimento directo.

Tema 12. Balanza de pagamentos. Concepto, medición e interpretación.

Tema 13. Teorías do axuste de balanza de pagos.

Tema 14. Mercado de divisas. Operacións e instrumentos.

Tema 15. Teorías de determinación da taxa de cambio.

Tema 16. A controversia teórica entre taxas de cambio fixas e flexibles. Intervención e regulación dos mercados de cambio.

Tema 17. Teoría da integración monetaria.

Tema 18. Políticas de estabilización dos países desenvolvidos. Equilibrio interno e externo.

Tema 19. Liberalización do sector exterior. Opcións de política económica.

Tema 20. A coordenación internacional das políticas macroeconómicas.

Tema 21. O Sistema Económico Internacional ata o Acordo de Bretton Woods.

Tema 22. O Acordo Bretton Woods. Evolución do Sistema Monetario Internacional ata a actualidade.

Tema 23. O Fondo Monetario Internacional. Estructura e políticas. Implicacións sobre a política de estabilización dos países en desenvolvemento.

Tema 24. Mercados financeiros internacionais a curto prazo.

Tema 25. Mercados financeiros internacionais a longo prazo.

Tema 26. Mercados de opcións. Futuros financeiros e outros derivados.

Tema 27. Economía dos países en desenvolvemento. Teorías sobre subdesenvolvemento.

Tema 28. O financiamento exterior do desenvolvemento económico. O problema da débeda externa. Axuda ó desenvolvemento.

Tema 29. Institucións multilaterais de financiamento e axuda ó desenvolvemento, con especial referencia ó Banco Mundial.

Tema 30. Procesos de reforma económica nos antigos países de economía centralizada: opcións de política económica.

Tema 31. Evolución e estructura sectorial e xeográfica dos fluxos comerciais e financeiros internacionais. Os bloques comerciais e as novas áreas emerxentes no comercio internacional.

Tema 32. O GATT. Estructura e funcionamento. As rondas de negociación. A OMC.

Tema 33. Procesos de integración non comunitarios. Organismos de cooperación internacional: A OCDE.

Tema 34. A Unión Europea: antecedentes e evolución. Institucións. A orde xurídica comunitaria. A Acta Única Europea.

Tema 35. A política orzamentaria da Unión Europea.

Tema 36. A política agrícola da Unión Europea. Problemas económicos e proceso de reforma.

Tema 37. O principio de libre circulación de mercadorías, servicios, persoas e capitais. A política de competencia.

Tema 38. A política social e rexional da UE. As políticas sectoriais non agrícolas.

Tema 39. A política comercial exterior e de relacións económicas exteriores da Unión Europea.

Tema 40. O Sistema Monetario Europeo. Evolución, funcionamento e situación actual.

Tema 41. O Tratado de Maastricht. Especial referencia á Unión Económica e Monetaria.

Tema 42. Análise da converxencia económica e monetaria na Unión Europea. Perspectivas.

C) Economía de Galicia.

Tema 1. Fontes estatísticas. Características, limitacións e harmonización no ámbito comunitario.

Tema 2. Análise do sector agrícola e gandeiro. Evolución e problemas actuais.

Tema 3. Análise do sector pesqueiro. Evolución e problemas actuais.

Tema 4. Análise da minería en Galicia. O sector enerxético. A política enerxética.

Tema 5. Evolución da industria e da política industrial en España e en Galicia. Valoración. Referencia á política do ambiente e á política tecnolóxica.

Tema 6. Análise dos sectores da industria agroalimentaria. A industria de bens de consumo tradicionais con especial referencia á industria téxtil.

Tema 7. Análise dos sectores de bens de equipamento e de alta tecnoloxía. Especial referencia á industria do automóbil e á industria naval.

Tema 8. Análise dos sectores de bens intermedios. Industria extractiva, industria química e auxiliar. Especial referencia á lousa e ó granito.

Tema 9. Análise do sector servicios. Características, problemas e políticas de liberalización.

Tema 10. O sector da construcción en Galicia. Problemas e política de vivenda e solo.

Tema 11. Estructura e política do sector dos transportes e telecomunicacións en Galicia.

Tema 12. O turismo en Galicia: evolución, problemas do sector e política turística.

Tema 13. Estructura, problemas e política no comercio interior. Os cambios na distribución comercial. A defensa da competencia.

Tema 14. Mercado de traballo en Galicia. A súa estructura e funcionamento. A estructura salarial e problemas de emprego.

Tema 15. Desequilibrios territoriais e política de desenvolvemento rexional en España.

Tema 16. O sistema financeiro español: Evolución e reforma.

Tema 17. O sistema financeiro español: Institucións e mercados. Implicacións do espacio financeiro europeo.

Tema 18. Evolución e estructura da balanza de pagamentos galega.

Tema 19. Os fondos estructurais en Galicia. O papel do investimento estranxeiro en Galicia e o galego no estranxeiro.

Tema 20. O período 1960-1973: O Plan de Estabilización de 1959. Os plans de desenvolvemento.

Tema 21. A política económica española desde a crise enerxética ata a actualidade.

Tema 22. Situación actual da economía galega e perspectivas. A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Tema 23. As relacións de España coas Comunidades Europeas. Antecedentes. O Tratado de Adhesión.

Tema 24. Os efectos da integración de España sobre o sector primario. Consideración especial da política de competencia. Implicacións da realización do Mercado Único.

Tema 25. Os efectos da integración de España sobre o sector industrial. Consideración especial da política de competencia. Implicacións da realización do Mercado Único.

Tema 26. Os efectos da integración de España sobre a política comercial. Implicacións da realización do Mercado Único e da política de relacións económicas exteriores da Unión Europea.

Tema 27. O panorama social en Galicia: demografía, educación, cultura, vivenda, ambiente e consumo.

Tema 28. A protección social en Galicia. Cobertura e financiamento. Prestacións económicas, sanitarias e sociais.

D) Economía do sector público.

Tema 1. O sector público. Operacións e contas principais. Delimitación do sector público. Comparacións internacionais.

Tema 2. Os fallos do mercado como fundamento da intervención do sector público. Bens públicos. Efectos externos. Instrumentos de actuación do sector público.

Tema 3. Os mecanismos de decisión do sector público. Regras de votación. A democracia representativa. A producción pública e a burocracia. A Constitución fiscal.

Tema 4. Conceptos e características do orzamento. Fases do proceso orzamentario. Principios clásicos dos orzamentos e as súas modificacións. As reformas orzamentarias máis destacadas. Especial referencia ó orzamento de base cero.

Tema 5. Impacto redistributivo do orzamento. Principais instrumentos de redistribución. Os programas de benestar e a Seguridade Social.

Tema 6. O orzamento como elemento compensador da actividade económica. Efectos discrecionais e automáticos do orzamento. A medición do efecto macroeconómico do orzamento.

Tema 7. O gasto público. Causas do seu crecemento. O debate sobre o tamaño do sector público.

Tema 8. Análise custo-beneficio e custo-eficacia. A taxa de desconto. Valoración de beneficios e custos. A valoración do risco. Consideracións distributivas.

Tema 9. Clases de ingresos públicos. Elementos definidores da estructura dos tributos. Concepto e clases de impostos.

Tema 10. Fins, principios e estructuras impositivas. Especial consideración dos principios de beneficio e da capacidade de pagamento.

Tema 11. Traslación e incidencia dos impostos en mercados competitivos e monopolistas. Enfoques do equilibrio parcial e xeral.

Tema 12. Efecto renda e efecto substitución dos impostos. Concepto e medición do «exceso de gravame».

Tema 13. Imposición e oferta. Efectos incentivo dos tributos.

Tema 14. A imposición óptima. Tipo impositivo óptimo. Regra de Ramsei. O compromiso entre eficiencia e equidade.

Tema 15. Concepto e clases de débeda pública. O financiamento do déficit público.

Tema 16. O federalismo fiscal. Financiamento das facendas territoriais.

Tema 17. A empresa pública. Políticas aplicables, con especial referencia á fixación de prezos públicos.

Tema 18. A empresa pública. Razóns da súa existencia. A política de privatizacións. Comparacións internacionais.

Tema 19. Os impostos na realidade: Estructuras tributarias alternativas nos sistemas comparados.

Tema 20. A harmonizacion tributaria na Unión Europea. Consideración da fiscalidade do aforro, das sociedades e dos impostos indirectos.

Tema 21. A imposición sobre a renda en España.

Tema 22. A imposición societaria en España.

Tema 23. A imposición patrimonial en España.

Tema 24. A imposición sobre as vendas en España.

Tema 25. O gasto público e o seu control en España.

Tema 26. Os orzamentos xerais do Estado en España.

Tema 27. A Seguridade Social en España. Prestacións e o seu financiamento.

Tema 28. As facendas territoriais en España. Competencias e financiamento. Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Tema 29. O déficit público español e o seu financiamento. Comparacións internacionais.

ANEXO III

SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NAS PROBAS SELECTIVAS PARA O INGRESO NO GABINETE TÉCNICO DO CES-GALICIA COMO EXPERTO EN MATERIAS SOCIOECONÓMICAS CON CONTRATO LABORAL DE DURACIÓN INDEFINIDA

Datos persoais:

Primeiro apelido..., segundo apelido..., nome..., DNI..., enderezo..., localidade..., provincia..., Cód. postal..., teléfono..., data de nacemento..., localidade..., provincia..., nacionalidade..., nº de afiliación a S. Social...

Titulación:...

Praza á que opta: gabinete técnico.

Declaración xurada:

O abaixo asinante declara baixo xuramento non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes ó posto de traballo da praza a que opta, e non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Santiago de Compostela, ... de... de 1999.

Asdo.:...

N.B.: con esta solicitude deberán xuntarse fotocopia do DNI e do título esixido na base 2.1.3. da convocatoria ou, se é o caso, documento que xustifique ter feitos tódolos estudios para a súa obtención.

Presidente do Consello Económico e Social de Galicia

ANEXO IV

TRIBUNAL CUALIFICADOR DAS PROBAS

Tribunal titular:

Presidente: Luis Caramés Viéitez, catedrático de Economía Aplicada.

Vocais:

José Ramón Cancelo de la Torre, catedrático de Economía Aplicada.

José Luis Outes Ruso, catedrático de Fundamentos de Análise Económica.

Xavier Vence Deza, catedrático de Economía Aplicada.

Secretario: Carlos Monclús Díez de Ulzurrun, do corpo de Intervención e Contabilidade da Administración da Seguridade Social e secretario xeral do CES-Galicia.

Tribunal suplente:

Presidente: Juan Fernández Caínzos, catedrático de Economía Aplicada.

Vocais:

María del Carmen Guisán Seijas, catedrática de Econometría.

Alberto Meixide Vecino, catedrático Fundamentos de Análise Económica.

Julio G. Sequeiros Tizón, catedrático de Economía Aplicada.

Secretario: Manuel Castro Cotón, catedrático de Economía Financeira e Contabilidade.