Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 18 de maio de 1999 Páx. 5.919

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (13/1999).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 13/1999, cítase a denunciante Carmen Márquez Leis, da que se descoñece o seu domicilio actual, para que o vindeiro día 2 de xuño as 13.10 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoa de que pode ser asistida de avogado e de que deberá acudir coas probas que teña, e prevíndoa de que, de non o facer, poderá incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar e dereito.

E para que lle sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, vinteseis de abril de mil novecentos noventa e nove.

O/a secretario/a

Rubricado