Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e centro de seccionamiento polígono industrial.
Situación: Ribadumia.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20kV, de 115 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T.C. polígono industrial rematando no centro de seccionamiento que se proxecta no polígono industrial, concello de Ribadumia. Centro de seccionamiento con tres celas de liña CML-SF6.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 17 de marzo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

