Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T, C.T.e R.B.T. Trivi.
Situación: Cambados.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 14 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde un apoio s/n da derivación ó C.T. Trivi ata o C.T. que se proxecta Trivi, concello de Cambados. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 158 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 18 de marzo de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

