Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 18 de maio de 1999 Páx. 5.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, da autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 221/1998).

Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Igrexa-Vilaboa (Valdoviño).

Liña eléctrica aérea a 20 kV cunha lonxitude de 0,711 km con orixe na L.M.T. a C.T. Igrexa (expediente 7450) e final no centro de transformación proxectado Igrexa-Vilaboa, cunha potencia de 50 kVA 20.000/380-220 V tipo intemperie. Liña de baixa tensión de 0,745 km de lonxitude, con orixe no C.T. proxectado Igrexa-Vilaboa, conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. Liña de baixa tensión de 0,73 km de lonxitude con orixe no C.T. existente Igrexa (expediente 7450), conductor tipo R.Z. e apoios de formigón, no termo municipal de Valdoviño.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados

e publicáronse no DOG do 21 de agosto e no BOP do 28 de xullo, no xornal La Voz de Galicia do día 16 de xullo e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Valdoviño; ó mesmo tempo notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Esta delegación provincial comprobou que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incorre en ningunha das prohibicións recollidas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a utilidade pública delas, que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 8 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña