Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 18 de maio de 1999 Páx. 5.925

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 27/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV sobre apoios de formigón e tubulares metálicos, con conductores LA-56 e forrado PAS-50 de 82 m e 1.703 m de lonxitudes respectivas, con orixe no apoio nº 9 da liña que alimenta o C.T. o Xen (expediente 33537) e final en C.T. Fraga, que se vai

instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV, en Fraga, do que parte rede de baixa tensión, en conductor R.Z. de 35 m de lonxitude.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Fraga. Nos termos municipais do Pino e Arzúa. (Expediente 27/1999).

o que fai público para coñecemento xeral, en espcial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecot nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 9 de abril de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 27/99. Provincia: A Coruña.

L.M.T. ó C.T. Fraga.Termo municipal: O Pino.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2TelleiraPradoErundina Suárez FernándezLugar da Igrexa-Pquia.

Boqueixón, s/n

15881 Boqueixón

121071.091

3PicotoPradoJosé María Castro Tator/ Fontela (Pedrouzo) Pquia.

Arca, 4

15821 O Pino

2228128

4PicotoMonte altoHros. Dorinda Vázquez

Quiñoy

Salceda-Pquia. San Verisimo, s/n

15824 O Pino

82369

5Chousa de SantiMonte altoErundina Suárez FernándezLugar da Igrexa-Pquia.

Boqueixón, s/n

15881 Boqueixón

3-4

5-6

84262.097

6Chousa de FontaPradoDolores Quiñoy BarranSalceda-Pquia. S. Verisimo, 20

15824 O Pino

72128608

7Chousa da PenaMonte altoHros. Luisa Barran CarreiraA Goleta-Pquia. Loxo, 6

15822 Touro

41185

8Chousa da PenaMonte altoErundina Rodríguez Lareur/ Ronda de Outeiro, 109-6º Esqu.

15007 A Coruña

23104

10Chousa da PenaMonte altoLuis Rodríguez QuintelaSalceda Pquia. San Verisimo, s/n

15824 O Pino

9261290

11Chousa da PenaMonte altoAntonio Rodríguez Quintelar/ Ibargüen, 3-2º I

48970 Bilbao

71320

13Tenza das PenasMonte altoHros. Luis Castro PérezRúa do Home Santo de Bonoval, 15-2º

15703 Santiago de Compostela

11247212

14Tenza das PenasMonte altoDosinda Barreiro Pumarr/ Río Castro, 65-2º

15404 Ferrol

32144

15Tenza das PenasMonte altoDolores Balado Canedar/ Cuba, 22-1º

15010 A Coruña

52234

16Sobre da FragaMonte altoCarmen Souto SantisoSalceda Pquia. San Verisimo, s/n

15824 O Pino

12290405

17Sobre de FragaMonte altoSecundina Quintela CastroSalceda Pquia. San Verisimo, s/n

15824 O Pino

13273375

3861