1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: contratación do servicio dun helicóptero con destino á vixilancia, detección e dirección da extinción de incendios forestais durante o ano 1999.
2.2. Prazo de execución: tres meses.
3. Orzamento base de licitación: 18.000.000 de ptas., IVE excluído.
4. Fianza provisional: 2% do orzamento da contrata (360.000 ptas).
5. Fianza definitiva: 4% do orzamento da contrata (720.000 ptas.).
6. Clasificación: non se esixe.
7. Documentación e información.
7.1. Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Presupostaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños nº 2.
7.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.
8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 5.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.
8.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o último día de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 1999.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

